O ataque dos clowns
30 Xoves Xun 2005
Publicado en Destavai'05
30 Xoves Xun 2005
Publicado en Destavai'05
30 Xoves Xun 2005
Publicado en Destavai'05, Si home si
Xa tiña despedido o tema, porque estou tan farto de sachar nel como o estarán vostedes de lelo. O das eleccións. Apetecíame escribir deses atentados legais pero ilexítimos que se están a cometer contra os grandes valores humanos, do burato fiscal que outras leis están abrindo para as grandes fortunas, e outros asuntos así de enormes. Pero non dou. Estou absolutamente encasquillado.
29 Mércores Xun 2005
Publicado en Destavai'05, Non sei eu..., Resaca Local 07, Si home si
Xa teño a colección case completa de presencias en feitos históricos. Vin a chegada do home á Lúa (pola tele, claro, pero é que era un rapaciño). Asistín ó naufraxio do Cason, do Mar Exeo, do Prestige¸ e ó penalti de Djukic. Vivín o título de Liga. E antonte asistín ó reconto dos votos dos emigrantes na Audiencia da Coruña. En canto deixe de ter que meter o tempo libre en encher as columnas estas, penso escribir as miñas memorias (sexan previsores e vaian reservando o seu exemplar).
27 Luns Xun 2005
Publicado en Destavai'05, Matrix Press
Unha mostra da importancia que tén -que lle dan a- Galicia os grandes medios de comunicación: ningún ofrece información do caida do Imperio Fraguiano a partir da medianoite.
Unha mostra da importancia que teñen os medios de comunicación radicados en Galicia, ou que ten Galicia para os medios galegos: ídem
27 Luns Xun 2005
Publicado en Destavai'05
27 Luns Xun 2005
Publicado en Destavai'05, Matrix Press, Si home si
O que sempre me gustou do Himno Galego é que, fóra do habitual nesas composicións que adoitan exaltar o ardor guerreiro propio e ofrecer unhas labazadas ós alleos que se poñan por diante, se dedique a facer unha chea de preguntas sobre as cuestións que preocupan ós pinos e outros seres vexetais. Pero ultimamente vénme máis á cabeza esa fragmento da terceira estrofa, cando o poeta ou o pobo ou quen sexa se pon faltón e sentencia que “mais sóo os iñorantes/e féridos e duros,/imbéciles e escuros/non nos entenden, non”. Porque mira que hai imbéciles ós que non nos entender nada non lles impide depositar sentencias.
25 Sábado Xun 2005
Publicado en Destavai'05
Está en fase de montaxe final a que podería ser a curta número 25 de Hai que botalos. Unha arrepiante reportaxe dos métodos “electorais” empregados en Ultramar. Permanezan atentos ás pequenas pantallas e ós monitores.
23 Xoves Xun 2005
Publicado en Destavai'05
Pois esto é o que hai
E se é día de praia, que se foda a praia
(D.M.F.I, Obras de campaña completas, 2005)
23 Xoves Xun 2005
Publicado en Destavai'05, Si home si
Hoxe (para vostedes onte) producíronse dúas noticias absolutamente reveladoras do que é a Galicia que tanto estivo nas bocas e nos letreiros na pasada campaña. Por un lado, a constatación de este vello país é o que mais poboación perde nas Españas todas. Por outra, a noticia de que o PP desprazará á xunta electoral de Pontevedra un equipo A de xuristas para velar polo reconto de votos, encabezado polo ex presidente do Congreso e ex Ministro de Defensa Federico Trillo Figueroa. A conxunción deses dous fenómenos é a demostración palpable de que á Galicia oficial actual está máis pendente dos votos que os nenos, impórtalle máis o electorado que a xente.
22 Mércores Xun 2005
Publicado en Destavai'05, Si home si
Non hai peito bastante, pero se o houbera, os titulares dos medios madrileños, os comentarios do equipo tertuliano habitual serán unha variante desta reflexión: “Pero, ¿qué es exactamente lo que han votado los gallegos?” Moitos xornalistas indíxenas soportamos dos nosos colegas paracaidistas esa pregunta, explícita ou implícita; ou esa mirada, interrogante ou de reproche: “¿me puedes explicar que ha pasado de una forma que se entienda?”