Las edades del hombre
De todos os discursos electorais que levo escoitado (anacos grandes e pequenos de case todos) os máis paveros son os de Fraga. Non polos argumentos electorais (é decir, o argumento: como voten ós outros, vai vir Carod Rovira) senón polas morcillas que lle mete. Todas as improvisacións obedecen á memoria remota que predomina sobre a recente na xente de idade. Por exemplo, no mitin de Viveiro deleitou á concurrencia con amenidades eruditas como os dous apelidos galegos de Cervantes (Cervantes e Saavedra), ou que Isabel a Católica, “que puxo orde en Galicia” andou por aquelas terras (ou por estas, non me quedou claro). Os camiños estaban tan estragados e cheos de silvas que quedou sen fondo de armario ningún, e tivo que enviar un recado a unha criada ou dona da súa corte (perdón, Corte) que non lle podía mandar o vestido anual que lle regalaba porque quedara sen ningún (o que proba o moito que se adiantou en infraestructuras no noso país gracias ós gobernos do PP). A mención máis recente foi a Nicomedes Pastor Díaz, que foi ministro de Fomento (pero non tivo culpa ninguna do Plan Galicia, que se saiba)



Güelcome, ghefe. Os anuncios que che pon o google son de “Catamarán Ribeira Sacra” (www.riosil.com) e Emigración Galega (www.fillosdegalicia.com). Que axiña che pillaron o target!
María
6 Xuñ 05 at 8:54 a.m.
Un pracer poder lerlle tamén aquí. Boa singladura e coide da súa bitacora. Unha aperta.
Manolo Barreiro
6 Xuñ 05 at 10:12 a.m.
Vaia, vaia, que ben que dea o salto…
Parabéns, parabéns
Cesare
6 Xuñ 05 at 10:14 a.m.
Moitas gracias pola benvida. A verdade, se non me metin antes foi pola síndrome Jaureguizar (comezar e non dar actualizado).
Pereiro
6 Xuñ 05 at 3:05 p.m.
Fraga, sen dúbida, é o compañeiro ideal para xogar ó Trivial Pursuit – Stone Age Edition. Grazas pola incursión no territorio bitácora.
mourullo
6 Xuñ 05 at 3:12 p.m.
Benvido e cara o infinito e máis alá.
Folerpa
6 Xuñ 05 at 3:46 p.m.
A verdade é que prefiro o teu blog, ao de Quin.
Pero ti non vas para presidente…
Estou a mirar ao Fraga… Di, que non quere dramatizar… O pior é que ao pior gaña, na terra, mar e aire…no sul e no westt
victoria díaz cabanela
6 Xuñ 05 at 6:08 p.m.
Semellan historias de sogros chouchos, pero teño a sensación de que é o que hai
un pracer podelo sindicar
opaco
6 Xuñ 05 at 11:29 p.m.
Un pracer ler o seu blog. Sabe a pouco.
Nona
7 Xuñ 05 at 9:47 a.m.
(Porra!, por que todo cristo me trata de Vd?)
Pereiro
7 Xuñ 05 at 11:47 a.m.
está moi ben que a un o traten de Vd, ho !! eso é porque os rapaces pensan que eres un tipo serio. O que non saben é que serio non é o contrario de divertido. O contrario de divertido é aburrido.
Noraboa, porque vexo que a “gestoría” medra.
sanjurjez
7 Xuñ 05 at 11:57 a.m.
Non, non, eu trátoo de vostede non porque sexa un rapariga (fixo que teño idade para ser nai súa), senón por educación, porque non o coñezo.
De calquer maneira, escreba máis, por favor.
Nona
9 Xuñ 05 at 12:13 p.m.