Xuñ 07 2005

O inventor da electricidade

Categoria: Destavai'05sihomesi @ 5:43 am

De rapaz, nunha excursión ó mosteiro de Samos, escoitelle a un frade reivindicar a obra e figura de Franco porque antes del non había nin trens nin electricidade. Aínda sendo rapaz e excursionista, o argumento soárame a falso. Agora, anos despois, sei que o era. Foi Fraga quen trouxo todos os adiantos: no canto da Galicia chea de corredoiras, menciñeiros, caldiño pola mañá e leite con castañas pola noite, agora hai maquinaria agrícola, granxas modernas, escolas e sistema sanitario, segundo dixo onte en Sarria. O peor é que, como asegundou despois en Monforte, os adiantos son perecedeiros e iranse como viñeron se Fraga non gana. O resultado é que teño unha dúbida existencial propia dun beatnik, porque estou a favor da electricidade, dos trens, da maquinaria agrícola e do sistema sanitario, pero tampouco me importaría que lles rozaran as silvas ás corredoiras, e devezo por todo o que leve castañas (no que respecta á escola, non o teño claro: a ignorancia produce estupidez, pero a educación produce universitarios, como asegura O’Rourke). Así que non me estraña as inxentes bolsas de indecisos que os demoscópicos descubren cando sondan a sociedade galega.

3 comentarios a “O inventor da electricidade”

  1. María dixo:

    “sondan” a sociedade galega? será pra que non mexen por nós… :P

  2. mourullo dixo:

    Na Opinión do domingo, lembrábase aquel 1989 cando aínda non chegara á Xunta o noso Santa Claus versión Pulp Fiction chamado Fraga, e o tripartito á galega resistía o verán máis quente das nosas vidas.

  3. Fragagá dixo:

    Visitade fragaga.org

    e non teño nada máis que dicir!

Deixa un comentario