Xuñ 11 2005

Pregarias atendidas

Categoria: Xeralsihomesi @ 2:51 pm

Quéixase Jaureguizar de que “ningún medio de Madrid ou Barcelona publica nada sobre un autor galego e ningunha institución chama a un autor galego para un acto de quitados os dous de sempre”. Un día despois, BABELIA publica un dispendio dedicado ó tema no que inclúe ademais de a Jaure como esencial a entrevista menos traballosa e máis satisfactoria da miña vida profesional recente, ou unha delas. Para que logo algúns digan que as eleccións non valen para nada

3 comentarios a “Pregarias atendidas”

  1. Subcomediante H dixo:

    Parabens pola interview. O que me estranhou um pouco foi essa pergunta onde citas o Jaureguizar dizendo que ele agoirava um futuro gris (pérola ou marengo?) para a língua porque os novos escrevem em reintegrata. Acho que Jaureguizar se limitava a constatar essa realidade, mas nom a pintava nem de gris nem de rosa. Suponho que ele mesmo o poderá aclarar. Como diria Nuria Bermúdez:

    Jaaaaureeee, llaaaamaaaa!

  2. Pereiro dixo:

    O meu recordo do que dixo/escribiu era ese. Puidenme ter equivocado (e van…) pero paréceme raro que Jaure se limite a constatar un feito, podendo poñelo a parir.

  3. J. Manuel Outeiro dixo:

    O próprio Jaureguizar esclareceu o sentido da sua frase. Fica claro que nom agoirou nengum futuro gris para a literatura glaega, senom um futuro reintegracionista, gris, em branco e preto ou a cores?

    ttp://facendoamigos.blogspot.com/2005/06/ns-non-lemos-arcadi-espada.html#comments

Deixa un comentario