Xuñ 29 2005

Reconto

Categoria: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 8:45 am

Xa teño a colección case completa de presencias en feitos históricos. Vin a chegada do home á Lúa (pola tele, claro, pero é que era un rapaciño). Asistín ó naufraxio do Cason, do Mar Exeo, do Prestige¸ e ó penalti de Djukic. Vivín o título de Liga. E antonte asistín ó reconto dos votos dos emigrantes na Audiencia da Coruña. En canto deixe de ter que meter o tempo libre en encher as columnas estas, penso escribir as miñas memorias (sexan previsores e vaian reservando o seu exemplar).

Alguén pode pensar que a verdadeira experiencia vital sería asistir ó reconto de Pontevedra, que foi o que determinou a primeira victoria electoral da esquerda, ou máis exactamente, o primeiro Goberno galego progresista xurdido dunhas eleccións. Pois non, porque a tal victoria produciuse hai dous domingos, e os recontos de antonte non cambiaron nada, nin o de Pontevedra nin o da Coruña. Ben, algo cambiaron. Eu antes estaba en contra do voto emigrante, e agora non o sei.

     Non &#233; que estivera exactamente en contra. Estaba e estou en contra do sistema de votaci&#243;n, que &#233; unha absoluta chapuza, como sabe todo o mundo. Estaba e estou en contra de que xente que nin siquera naceu aqu&#237; poda decidir o goberno de sitios con problemas de urbanismo salvaxe que os seus pais deixaron cando nin hab&#237;a luz el&#233;ctrica. E se <del>como deber&#237;a ser e como prometeron todos os que foron por a&#237; a facer campa&#241;a</del> se lle d&#225; a cidadan&#237;a &#243;s netos dos emigrantes, pod&#233;monos atopar conque o famoso CERA sube do medio mill&#243;n de xentes, e chegar &#243; absurdo de que en Galicia haber&#225; m&#225;s electores que habitantes (como xa pasa en moitos concellos). En Italia votan ata os bisnetos &#8211;pero nunha circunscrici&#243;n &#250;nica, que elixe un par de deputados ou senadores-, en Gran Breta&#241;a calquera cidad&#225;n perde o dereito a votar se reside f&#243;ra 15 anos, e en Irlanda, onde hai dez veces m&#225;is emigrantes que cidad&#225;ns, directamente non votan. Est&#225; moi ben outorgar o dereito a votar, pero seguro que agradecer&#237;an m&#225;is outros como a sanidade universal.

     Pero, como dec&#237;a, despois da experiencia, estou a favor. Polo menos a favor do escrutinio. Nunca vin tal ambiente de camarader&#237;a entre funcionarios, apoderados, inform&#225;ticos, xornalistas e maxistrados, todos abrindo sobres en uni&#243;n. Est&#225; a emoci&#243;n de ver como hai xente que considera que se lle poden confiar os seus problemas a un sobre oficial, pero tam&#233;n como outros non se recatan en comunicar a quen corresponda que &#8220;&#8217;o boi &#233; de onde pace e non de onde nace&#8217; y yo no invierto en Galicia, ni dinero ni emociones, porque no aguanto la mentalidad de la gente cuando vuelvo&#8221;. E logo o reconto en si, con todos tomando notas nun ambiente electrizado que recorda o dos apostadores de cabalos das pel&#237;culas. Tan electrizado que estiven a punto de ser detido a instancias dunha se&#241;ora de moito mando, non sei se apoderada ou interesada, que considerou que gravar alg&#250;ns deses env&#237;os era unha intromisi&#243;n na intimidade dos remitentes. Por un momento, pensei que pola mi&#241;a culpa hab&#237;a que repetir as elecci&#243;ns, e acordeime de Djukic.

Un comentario a “Reconto”

  1. vella raposa dixo:

    franco le dijo a hitler en hendaya : yes but = no beligerancia

Deixa un comentario