Xull 03 2005
Vayapordiós
Resulta que me escolleron, designaron ou como sexa o método, para formar parte da Comisión Técnica de Xornalismo Cultural do Consello da Cultura Galega. Mandáranme unha carta que non recibín ou perdín, mandáronma de novo, moi atentos, e dixéronme que tiña que aceptar por escrito. Aceptei, e ó día seguinte convocáronme para unha xuntanza. Ocupado nas negociaciós para formar goberno, non puiden asistir. Agoro atópome coa xusta e menos mal que anónima crítica de Jaure, que si asistiu. Sorry. De todas formas, eu de periodismo cultural… se xa coñezo apenas a metade dos que saen en Babelia e casi ningún dos do EP3…
Procurarei cumprir a próxima vez (se é que me convocan outra vez)


o 4 de Xullo, 2005 ás 6:12 am
Asegúroche que “case ningún” é o número máximo de protagonistas do EP3 que cómpre coñecer.
o 4 de Xullo, 2005 ás 4:15 pm
Pois anda que no Babelia María.
o 4 de Xullo, 2005 ás 10:03 pm
De todas formas, así en familia, polo que lle entendín a Jaure, non sei se fixen ben ou mal…