Ago 03 2005

Un curita cañón

Categoria: Matrix Presssihomesi @ 5:26 pm

Ponte

O meu tocaio e veciño de páxina D. José Manuel Ponte, honra y prez do columnismo patrio, xornalista veterano recuperado por LA OPINIÓN, pai dunha modelo que a maiores de guapa non parece tonta, estrea ou eso penso sección no xornal que non dou linkeado pero pódena ver na contraportada do tal xornal. El caballo del fotógrafo, ademais da referencia culta ó mítico cabalo de Foto Paco, é unha recuperación daqueles fotorretratos que facía Juan Marsé en Por favor pero mellor, porque son máis rabudos (textos lights, os xustos)

6 comentarios a “Un curita cañón”

  1. mourullo dixo:
  2. mourullo dixo:

    E home, non me faga quedar mal nunha comparación a Juan Marsé… aínda que non lin os artigos de Por Favor, idolatro boa parte da súa literatura.

    Estes ben rabudos retratos de Ponte (carallo que o son) empezaron o luns cunha presentación e o martes cunha foto da familia Bush: o vello, a muller e o novo.

  3. mourullo dixo:
  4. mourullo dixo:
  5. María dixo:

    Clica sobre a páxina co botón dereito do rato e vai a “propiedades”. Alí está a URL directa pa linkar.

  6. sihomesi dixo:

    Ei, ei, a modo. Recordo telo intentado facer coma sempre, e se non me saiu puido ser porque era de madrugada (e a culpa tena a abaixo firmante, por incitarme a beber)
    Por certo, a ver se descubrides a URL do seguinte post, que non dei feito e tiven que rescatar o OCR dos profundos dos disco duro

Deixa un comentario