Ago 07 2005

O Código Paletox

Categoria: Si home sisihomesi @ 3:49 pm

O outro día, unha periodista que asumía o papel de cronista social nun programa de Radio Coruña expresaba a súa sorpresa polo contentas –“como niños, decía textualmente- que estaban as autoridades e personalidades relevantes na inauguración dun complexo de ocio do porto coruñés. Ese que José Manuel Ponte, superando o descoñecemento do nome coa intuición, bautizou como “Paletox”. Dúas visións distintas, pero sorprendentemente complementarias, ás que me gustaría achegar unha propia, perfectamente compatible con elas, que saquei soíño cando escoitei a publicidade do tal complexo: “enrólate”, viña sendo o leit-motif da propaganda.

boton de ancla

Eses tres puntos de vista axudan o desvelar o misterio Paletox, como o Código da Vinci de Dan Brown, pero en folio e pico e sen necesidade de aturar centos de páxinas. En efecto, é un misterio como a posta en marcha dun centro comercial, por moito que se teña construído en terreos públicos e con axudas oficiais, é capaz de atraer ó tout La Corogne (en calidade de protagonistas, non de clientes). Porque un está afeito a que as aperturas deses establecementos estean presididas máis ben por Yola Berrocal e Paloma Cuevas (da que a cronista me sacou do erro de considerala parente de José María Cuevas) e outros entes similares deseñados para armar e usar especificamente para estes eventos, pero non por unha profusión de caras coñecidas en función dos altos cargos que ostentan. Unha cousa é inaugurar un hipermercado e outra a reconstrucción do Liceu de Barcelona ou a primeira pedra da Cidade das Ciencias de Valencia, e cada cal terá as súas asistencias, de público e de autoridades.

     O mesmo que o gozoso estado de ánimo dos asistentes, explicable nos promotores e propietarios, pero menos nos representantes políticos. Podería pensarse que a posibilidade de que os seus cidadáns teñan maior oferta de cines (que non cinematográfica) ou de restaurantes, constitúe unha dose de serotonina estimulante para os gobernantes, pero polo que me contaron, a súa alegría non era a da satisfacción tranquila de quen observa ós seus nenos felices, senón a desmandada euforia infantil ante unha desmedida oferta de xoguetes.

     Pero todos eses misterios desvel&#225;ronse en canto escoitei a propaganda, a publicitaria. O de &#8220;enr&#243;late&#8221; e a connotaci&#243;n portuaria non se refer&#237;a, evidentemente, a apuntarse a tripulante para o Gran Sol, nin siquera nunha baca do d&#237;a. Soaba por unha parte a <em>Bot&#243;n de ancla</em> e por outra &#225;s navegaci&#243;ns en snipe. As&#237; que a uns lles deb&#237;a recordar aqueles tempos da Coru&#241;a capital estival de Espa&#241;a e a outros os veraneos adolescentes de balandros na r&#237;a e guateques no chal&#233;.

     E, como dixo subliminalmente o presentador do acto Javier Veiga, aqu&#237; todo o mundo parece que debeu pasar os ver&#225;ns a bordo de algo.

(para luns, 8 de agosto de 05)

10 comentarios a “O Código Paletox”

  1. mourullo dixo:

    Pagou a pena por esa nova declaración de amor remunerado de Paco VI a Gladiator, máis aló dos novos tempos bipartitos: “En él encontré el apoyo y la ayuda económica”.

  2. sihomesi dixo:

    Ë que, aprezado pero de orixe descoñecida Mourullo, señorío como o coruñés, en lado ninguno.

  3. ánzony dixo:

    Enorme o de Ponte!!
    Hai que ir a por PV. Xa non o aturo +.
    Apertas

  4. Pedro dixo:

    Haberá que ir tamén por César Portela, que é o autor do “adefesio”, como o chamou Ponte no artigo. Ou é que o deseñaron tamén Paco e Cuiña?

  5. ánzony dixo:

    Xa, pero eu podo facer 50 adefesios que si non me permiten construilos é como papel mollado. A por PV!!

  6. Pedro dixo:

    Xa, ánzony, pero o problema é que Portela fai 50 adefesios e lle permiten construilos, e llo permiten tanto os do PP, como os de Psoe e os do Bloque, que para todos anda a traballar. E sen crítica algunha, porque como é un artista pode facer o que lle pete. Paco ten moitas cousas polas que rendir contas, e a porcallada do Palexco é a menor delas. Pero a influencia de Portela en Galicia non fai mais que medrar, e mais agora coa súa protexida na consellería de vivenda. E este tipo é un perigo para Galicia.

  7. pandeiro dixo:

    Que tal a polos dous?

  8. Pedro dixo:

    Xusto é o que decía, Pandeiro, a polos dous, pero me gustaría que se mencionase nas críticas e nas crónicas publicadas ao autor do adefesio, que algunha culpa terá, on non?

  9. ánzony dixo:

    Vaaaaaaaale. A polos dous! :-)

  10. testanchor767 dixo:

    testcomment101

Deixa un comentario