Ago 10 2005
Paletox revisited
Hoxe soñei que volvía a Paletox, e consecuentemente, fun (por primeira vez). “Hace tiempo que no te leo, y no se si escribiste algo sobre el sitio ese del puerto, pero es una vergüenza. Un edificio mal rematado que huele a salchicha de mala calidad. A ver si nos dejan en paz a los coruñeses con esos adefesios”, chamárame a primeira hora da mañá unha amiga obvia e militantemente coruñesa. Así que fun coa intención de comer. O primeiro foi atoparme cunha cronista social que está relativamente a favor do asunto, e que me saudou cun “¿con que Paletox, eh?”. Efectivamente, reitérome no asunto: a planta baixa e a primeira son un emporio da comida basura e cunha amplitude obviamente deseñada para outro fin que parece que estás comendo nun pavillón polideportivo nunha festa dos avós que organizan os concellos cheos de vellos. A programación cinematográfica ten a mesma calidade. Parece que a cousa fina e cara está na segunda planta, a única con vistas ó mar. Ó sair sen xantar para facer cola, prefiro ir á Penela atopeime cunha alta carga gubernamental (unha señora que ten cargo):
-Ahá!! -escapouseme
-¡Vine a la agencia de viajes! -¿escusouse?


o 10 de Agosto, 2005 ás 8:54 pm
É vostede un heroi dos que non quedan, benquerido Pereiro. Para cando unha expedición á segunda planta? E o de alta carga gubernamental sóame a subdelegada do Goberno looking for holidays.
o 10 de Agosto, 2005 ás 10:02 pm
Eu son un cabaleiro, e non confesarei así me leven a Roquetas
o 11 de Agosto, 2005 ás 6:38 pm
Sinistros,beneficios e dignidade informativa.
A excusa para especular cos terreos do porto é o “futuro porto exterior”.
As obras do “futuro porto exterior” levaronse por diante a un traballador o mes pasado.O alcalde da cidade(e promotor inmobiliario)Vázquez dixo que iso era normal e inevitable.
A semana pasada morreron 135 mineiros na China.15 nunha explosión de gas na provincia de Guizhou e 120 por picar nunha corrente subterránea na provincia de Guandong.Hu Jintao,o presidente,deu ordes de “non aforrar esforzos”e o secretario do partido(comunista)na provincia, Zhang Dejiang apareceu rapidamente por alí para dirixir as (infructuosas)operacións de rescate.
O estilo do South China Morning Post era(no que cabe)bastante crítico cos brutais oligarcas comunistas e tamén de bastante solidariedade coas víctimas e as súas familias.
O estilo de La Voz de Galicia consistiu en primeiro,darlle moi pouca importancia ao suceso, e segundo,sementar dudas sobre a (inaceptable)responsabilidade do propio traballador.
o 11 de Agosto, 2005 ás 6:58 pm
É que é un xornal independente,… sobre todo ante as presións sindicais ou cidadáns
o 22 de Agosto, 2005 ás 8:25 am
¡ e a ver se facemos os comentarios ajudos, acotacions ironicas etc en castelan e non en condemor, ó….