Ago 13 2005
Patria ou Mo(nfo)rte!
Estou en Monforte, coa escusa das festas. Viña de esbardallar en calquera foro que me puxeran por diante da caspa das festas de María Pita, e atópome con que o concerto inaugural aquí é… Miguel Bosé. Un abarrote de xente e de duración (case dúas horas e media) que comentan favorablemente días despois ata a as amigas da miña mai. Mañá tocan Sca-P. Chego tarde para escoitar o pregón de Antón Patiño (O Fillo, tal como asina en Monforte) o que é unha vergonza (que chegue tarde eu, non como asine el), máis tendo en conta que tododiós e o propio Patiño me conta logo que falou de dous republicanos (o seu pai Antón Patiño Regueira, morto hai días e Paco Súarez, de Allariz, irmao do fotógrafo Pepe e do escritor Marcial e tío dos Suárez-Canal) e dun rockpublicano. Para que vexan o nivel desta cidade, unha pulpeira de Sober (para os monfortinos, o monte) declara a unha periodista que “es frecuente terminar la mañana saboreando el plato típico gallego”.


o 18 de Agosto, 2005 ás 9:17 am
Leva razón a pulpeira. O polbo é de supergalegos. Senón vexan o primeira oferta da bolsa de traballo do domingo pasado na Voz:
La Gran Pulpeira Merendeiro de Madrid necesita jóvenes (chicos y chicas) super-gallegos con o sin experiencia para cubrir 20 puestos de pulpeiros…
Ojo! SUPER-GALLEGOS (sic)
Interesados llamar a Srta. Lola.
o 18 de Agosto, 2005 ás 10:52 am
sisisi, acabo de escanealo e en breve poderán ver semellante documento. a verdá é que eu ata que o vin non o cría de todo…
o 18 de Agosto, 2005 ás 3:44 pm
A min non me chama tanto a atención que procuren “supergallegos” -é decir galegos que non soamente o sexan, senón que o aparenten grandemente- senón que procuren 20
supergallegos
o 16 de Outubro, 2005 ás 2:15 am
testcomment441
o 8 de Novembro, 2005 ás 11:37 pm
testcomment523