Ago 16 2005

Festas e abarrotes

Categoría: Si home sisihomesi @ 8:16 am

“A esto das festas habería que poñerlle freo. Non pode ser que aldeas dunha ducia de casas anden apañando diñeiro todo o ano para gastar en dous días millonadas en orquestras e foguetería, para que se xunten duascentas persoas e que os rapaces acaben igual a noite nas discotecas. Son cartos estragados que se podían meter noutra cousa”, díxome o outro día un amigo moi incisivo e moi analítico (que como adoita pasar, adestra todo o tempo e polo tanto critica e analiza todo o que se pon por diante, segundo lle pasa pola cabeza). Decíamo ó fío das informacións que contaban os atascos e aglomeracións que se produciron, sobre todo na costa, a conta da pasada fin de semana festeira. E decíamo nunha terraza na que nos refuxiamos da actuación estelar duns tipos que ó parecer estaban riba do escenario a conta da súa fugaz participación en Operación Triunfo ou similar.

Como digo sempre nestes casos, razón non lle falta, pero neste tampouco é que lle sobre. Efectivamente, os veráns en boa parte de Galicia están como para formar parte dun dos círculos do inferno de Dante. Dá a impresión que hai unha flota de medio millón de vehículos, coa súa correspondente equipación de unidades familiares ou pandillas, dispostos a ser mobilizados, cunha misteriosa e inexplicable coordinación, para acudir alí onde faga falta organizar unha aglomeración. Parece que habitualmente están acantonados en lugares como Sanxenxo ou similares, pero poden desprazarse con dilixencia militar (ben, coa dilixencia que se lles supón ós operativos militares) a calquera sitio cando as condicións o requiran, como a Compostela en canto aparecen nubes no horizonte das praias. En espera desas emerxencias, practican polas noites facendo intransitables as vías de comunicación e ocupando todo canta superficie plana hai, quitado os balcóns.
Así que, admitindo que grande parte dos milleiros de festas e romerías que hai por todos os sitios son un derroche desde o punto de
vista da rendibilidade do espectáculo (como tamén a Feria Taurina do Ayuntamiento de La Coruña) hai que recoñecer que teñen un alto rendemento social. Por un lado, iguálase o dereito de todos os cidadáns a ter elementos atronadores ó lado da casa, e por outro reteñen por toda a nosa xeografía outros 500.000 vehículos, coa correspondente dotación humana, evitando así que se sumen ó atasco ambulante que constitúen o outro medio millón. E manter ese delicado e inestable statu quo é imprescindible, entre outras cousas porque a clase gobernante é moi sensible a unha tentación: facerlle caso á xente cando a xente o que quere é que se fagan obras. Así, cando hai atascos en autovías ou estradas con capacidade de sobra para atender ó tráfico 350 días ó ano, sempre hai voces que piden variantes e ampliacións absolutamente imprescindibles para solucionar –ou non- o problema dos outros 15 días. Nestas circunstancias, sempre recordo aquelo –non sei se lenda urbana ou verdade da enxeñería- dos rañaceos de New York: que se en todos os pisos tiraran da cisterna á vez, o edificio colapsaríase. Pois eso, por turnos.

(Para mércores, 17 de agosto de 05)


Ago 14 2005

Roquetas

Categoría: Si home sisihomesi @ 10:13 am

O asunto de Roquetas seguro que é, como asegura todo o mundo, clase política e medios de comunicación, un caso illado. Coñezo gardas civís e xente na xudicatura, teño amigos agricultores e mesmo teño amigos andaluces, e non son así. O de Roquetas é un caso illado, pero tamén un caso emblemático do que é esta sociedade.

Está claro que a Garda Civil como regra xeral non anda a mallar nos detidos, e moito menos nos que se presentan procurando amparo.
galdeano
E que tampouco todos os agricultores se dedican a estimularse quimicamente e logo conducir como tolos, nin todos os andaluces por moita inclinación ó espectáculo folclórico e á expresión pública dos sentimentos que se lles atribúa se concentran nos lugares de atención mediática para montar un número. Pero tamén é obvio que nesta sociedade española, pasmo do mundo polo xeito en que deu collido o paso á modernidade europea, en canto rascas un pouco, sae a caspa de sempre: tonadilleras que casan con toreros en olor de multitudes, bailaores agraciados con penas ridículas por moi gordas que as fixeran, axentes dos corpos e forzas de seguridade ós que se lle vai a man, sumarios xudiciais que se instrúen daquela maneira en xulgados dotados con equipos informáticos que se usan unicamente como máquinas de escribir, e elementos manifestantes que parecen sacados dunha película de Berlanga.
ramboroquetas
Tentando poñerse serios no que é serio porque hai unha víctima –por moi marxinal que fose- non é asumible que o asunto non collese transcendencia ata que pasou unha semana e se fixeron eco os chamados medios nacionais. Tampouco que catro ou cinco profesionais policiais non dean reducido a un individuo, por moi becerro que se poña. Menos, que todas as denuncias anteriores polo comportamento rambo dun tenente que no fondo é un rapaz con galóns que vai de sobrado, quedasen en nada e sen investigar. E sobre todo, que os altos mandos do que se supón é un país democrático tenten despexar o asunto decindo que todo o mundo ten un día malo. Todo o demais, como as teóricas responsabilidades políticas de Zapatero e do Ministro do Interior, ou a polémica sobre si se utilizaron armas antirreglamentarias, son ganas de distraer. (Na miña única experiencia de maltrato policial, nun cuartel da Garda Civil na época da transición, medíronme o lombo con armas perfectamente reglamentarias: os mosquetóns e o mobiliario de oficina).
Con todo, o máis preocupante son as defensas gremiais que se alporizan porque lles impoñan medidas disciplinarias a uns colegas ós que se lles foi un cidadán, non a causa dun infarto, senón a consecuencia dos golpes que lle deron. Eu, sempre que escoito eso do caso illado que non ten por que estragar a reputación da profesión toda, recordo a resposta que me deu hai ben anos, nunha etapa en que se deran unha chea de casos illados, un alto responsable da seguridade pública. “Son eso que usted dice, casos aislados”, contestoume na Delegación do Goberno Rafael Vera.

(para luns 15 de agosto de 05)


Ago 14 2005

Xestionar as victorias

Categoría: Destavai'05sihomesi @ 7:52 am

Que específicos e que idiosincráticos somos os galegos. Mesmo na política. Tardamos tempo en saber quen ganou e quen perdeu. Por fin, os do PP asumiron que perderan en canto tiveron que chamar á furgoneta das mudanzas. Pero non está aínda claro quen ganou. O outro día, nunha charla de terraza, un amigo de Monforte que me confesou que non era militante do BNG (debería apuntarse, é o seu tema de conversación favorito) comentoume que o que el chamaba “os históricos” debían estar moi cabreados, e que a ver si se atopaba con algún para comprobalo (tamén eu, pero o meu primo Marito anda por Venezuela). “Que cheguen ó poder outros é lei de vida, pero tamén o é que lles doa”, díxome. Frase igual de certeira, aínda que menos fina e máis descarnada, a dun concelleiro socialista de Vilagarcía: “Non ganamos as eleccións para darllas ós catedráticos”


Ago 13 2005

Patria ou Mo(nfo)rte!

Categoría: Xeralsihomesi @ 10:50 am

Estou en Monforte, coa escusa das festas. Viña de esbardallar en calquera foro que me puxeran por diante da caspa das festas de María Pita, e atópome con que o concerto inaugural aquí é… Miguel Bosé. Un abarrote de xente e de duración (case dúas horas e media) que comentan favorablemente días despois ata a as amigas da miña mai. Mañá tocan Sca-P. Chego tarde para escoitar o pregón de Antón Patiño (O Fillo, tal como asina en Monforte) o que é unha vergonza (que chegue tarde eu, non como asine el), máis tendo en conta que tododiós e o propio Patiño me conta logo que falou de dous republicanos (o seu pai Antón Patiño Regueira, morto hai días e Paco Súarez, de Allariz, irmao do fotógrafo Pepe e do escritor Marcial e tío dos Suárez-Canal) e dun rockpublicano. Para que vexan o nivel desta cidade, unha pulpeira de Sober (para os monfortinos, o monte) declara a unha periodista que “es frecuente terminar la mañana saboreando el plato típico gallego”.


Ago 11 2005

Esperas reais

Categoría: Si home sisihomesi @ 2:02 am

Os periodistas suponse que existimos profesionalmente para contar as cousas, preferiblemente como pasaron, ou alomenos como as vimos. Eu estiven presente na entrevista entre o noso presidente Touriño e o noso rei Juan Carlos, así que llelo conto como verdadeiramente foi.
Como asunto foi en Mallorca, aproveito para facerlles unha suxerencia ós dos aeroportos/compañía aéreas. Os avións son, sábeo todo o mundo, un tremendo avance. O malo é que os trámites para subir a eles, non. En concreto, se hai algún retraso, ou andan ó buscar ó piloto polos bares ou calquera outro problema técnico, ¿por que convocan ós viaxeiros unha hora antes de que abran a porta de embarque? O avión fai Barcelona-Palma en 25 minutos. Os viaxeiros este viaxeiro concreto o luns 8 de agosto estivo apatrullando polo aeroporto a hora enteira que mandan as normas previa á suposta hora de saída, 45 minutos parado diante da porta de embarque e outros tantos sentado na butaca roendo os chicles todos que levaba para o despegue. En total, 150 minutos de preparación para 25 minutos de realización, unha proporción similar a outros aspectos da vida ben máis agradables.
Exactamente igual que na visita real. Hai que estar na entrada do que se coñece como residencia estival de SSMM cunha hora de antelación. Como nos aeroportos, dedicas cinco minutos a desfacerte de todo o que é de metal ou lle parece metálico ó arco do triunfo. A moda en detectores deste verán inclúe que piten os cintos (pero non os reloxos nin as estilográficas, curiosamente). Logo, hai corenta minutos de pausa que podes dedicar a saudar ós colegas coñecidos ou a observar a idiosincrasia dos descoñecidos, actividades para as que che sobran trinta e cinco por moi sociable ou observador que sexas. Despois emprendes un safari de dez esgotadores minutos polas trochas e veredas do recinto, co material ó lombo, ata ó sitio que sae na televisión, onde os das cámaras forman en fila, como as caravanas de colonos do Oeste, cos dos bolígrafos detrás, en plan “¡las mujeres que carguen los rifles!”. Mentres agardamos todos uns cinco minutos, os que non cargan os rifles fanse fotos e planos uns ós outros, para ter o que se chama recursos (algo que non ten nada que ver coa economía pero si coa previsión). Nese momento aparece Touriño, azul presidencial sobre fondo verde pino mediterráneo, acompañado dun señor azul casa real. 20 metros antes da porta da residencia estival de SSMM, o de azul casa real considera que o invitado xa coñece o camiño, e párase. O Rei baixa as escaleiras e os dous encóntranse abaixo. Aperta de mans, toqueteo de antebrazos e saúdos afables. “Enhorabuena”, é o único que se escoita desde o lugar de recarga dos rifles. Sorrín ás cámaras, que responden con ese ruído de grilos metálicos que fan os disparadores. O monarca colle ó presidente polo brazo e suben as escaleiras. Péchase a porta e nós abandonamos a formación. Logo chamas a Santiago para enterarte de que falaron.

(para xoves, 11 de agosto de 05)


Ago 10 2005

Paletox revisited

Categoría: Xeralsihomesi @ 8:32 am

Hoxe soñei que volvía a Paletox, e consecuentemente, fun (por primeira vez). “Hace tiempo que no te leo, y no se si escribiste algo sobre el sitio ese del puerto, pero es una vergüenza. Un edificio mal rematado que huele a salchicha de mala calidad. A ver si nos dejan en paz a los coruñeses con esos adefesios”, chamárame a primeira hora da mañá unha amiga obvia e militantemente coruñesa. Así que fun coa intención de comer. O primeiro foi atoparme cunha cronista social que está relativamente a favor do asunto, e que me saudou cun “¿con que Paletox, eh?”. Efectivamente, reitérome no asunto: a planta baixa e a primeira son un emporio da comida basura e cunha amplitude obviamente deseñada para outro fin que parece que estás comendo nun pavillón polideportivo nunha festa dos avós que organizan os concellos cheos de vellos. A programación cinematográfica ten a mesma calidade. Parece que a cousa fina e cara está na segunda planta, a única con vistas ó mar. Ó sair sen xantar para facer cola, prefiro ir á Penela atopeime cunha alta carga gubernamental (unha señora que ten cargo):
-Ahá!! -escapouseme
-¡Vine a la agencia de viajes! -¿escusouse?


Ago 09 2005

Falemos de sexo

Categoría: Si home sisihomesi @ 11:15 am

Non sei se por casualidade, pola seca informativa, por ese teórico vencello entre sexo e verán, ou se obedecendo ós escuros designios dalgunha multinacional preservativa ou da axencia de prensa de Lorena Berdún, esta fin de semana pasada dous dos máis prestixiosos e difundidos magazines dominicais coincidiron en tratar o tema da desinhibición sexual que campa España adiante. Pois xa será menos.

Xa será menos, ou non para tanto, porque entre as estadísticas nas que menos creo están esas das frecuencias sexuais. Sobre todo porque se a xente di o que lle peta ou presta en cuestións tan irrelevantes como o sentido do seu voto, o que non fará en aspectos decisivos como non quedar en postos de descenso na clasificación que vai de Julio Iglesias e aquel frade do chiste que como non quería morrer ser ver o tren ou unha muller, leváronlle unha e el expirou dando gracias ó altísimo por ter visto o tren (ou como dixo unha compañeira de profesión cando a ocurrencia fraguiana sobre as mulleres que mentían sobre a cantidade dos seus encontros sexuais: “menos que Madonna e máis que Lady Di”). Tampouco me fío dos datos que non vin da facturación do sector empresarial da sexshops, porque se xa desconfío do que declaran ganar os dentistas, cando os seus clientes non facemos máis que proclamar o cara que vai a sesión de tortura, que me van contar sobre as vendas de trebellos sexuais, que aínda prometen mandarchos por correo “en envoltorios discretos”.
Non penso discutir as conclusións, sen dúbida atinadas, que se sacan nesas reportaxes dominicais, nin rebater as declaracións dos alí entrevistados, que proclaman que o sexo reina por doquier. Xa sei que desde o último cuarto do século XX ata hoxe, superados os tempos en que o que era saltar de cama en cama, saltaban os/as de sempre, probablemente nunca tanto sexo se practicou no mundo. Mesmo agora, ata para vender a eficacia dun desodorante, os anuncios non poñen de exemplo un tipo en pleno esforzo deportivo, senón a unha tipa de plena frecuencia sexual. É decir, é evidente que o sexo está en plena expansión… como tema. Cando un fenómeno acaba sendo motivo dunha reportaxe ou base para un anuncio é que o seu momento de esplendor xa pasou, porque ata o coñecen os redactores xefes dos dominicais e os creativos publicitarios. Pasoulles as tribus urbanas, que saían nos coloríns cando a estética punk pasou dos concertos ós escaparates, ou ó rap, que centrou a atención mediática sobre as súas letras de orgullo delincuente cando o seu estilo rimado estaba xa presente nos anuncios de bebidas infantís. A maiores, dime de lo que presumes y te diré de lo que careces, di un deses inmisericordes e lapidarios refráns castellanos.
Ou sexa, que cabería temer o peor para a pervivencia da especie humana, pero afortunadamente, a práctica pode sobrevivir ó exceso de teoría.

(para mércores, 10 de agosto de 05)


Ago 07 2005

O Código Paletox

Categoría: Si home sisihomesi @ 3:49 pm

O outro día, unha periodista que asumía o papel de cronista social nun programa de Radio Coruña expresaba a súa sorpresa polo contentas –“como niños, decía textualmente- que estaban as autoridades e personalidades relevantes na inauguración dun complexo de ocio do porto coruñés. Ese que José Manuel Ponte, superando o descoñecemento do nome coa intuición, bautizou como “Paletox”. Dúas visións distintas, pero sorprendentemente complementarias, ás que me gustaría achegar unha propia, perfectamente compatible con elas, que saquei soíño cando escoitei a publicidade do tal complexo: “enrólate”, viña sendo o leit-motif da propaganda.

boton de ancla

Eses tres puntos de vista axudan o desvelar o misterio Paletox, como o Código da Vinci de Dan Brown, pero en folio e pico e sen necesidade de aturar centos de páxinas. En efecto, é un misterio como a posta en marcha dun centro comercial, por moito que se teña construído en terreos públicos e con axudas oficiais, é capaz de atraer ó tout La Corogne (en calidade de protagonistas, non de clientes). Porque un está afeito a que as aperturas deses establecementos estean presididas máis ben por Yola Berrocal e Paloma Cuevas (da que a cronista me sacou do erro de considerala parente de José María Cuevas) e outros entes similares deseñados para armar e usar especificamente para estes eventos, pero non por unha profusión de caras coñecidas en función dos altos cargos que ostentan. Unha cousa é inaugurar un hipermercado e outra a reconstrucción do Liceu de Barcelona ou a primeira pedra da Cidade das Ciencias de Valencia, e cada cal terá as súas asistencias, de público e de autoridades.

     O mesmo que o gozoso estado de ánimo dos asistentes, explicable nos promotores e propietarios, pero menos nos representantes políticos. Podería pensarse que a posibilidade de que os seus cidadáns teñan maior oferta de cines (que non cinematográfica) ou de restaurantes, constitúe unha dose de serotonina estimulante para os gobernantes, pero polo que me contaron, a súa alegría non era a da satisfacción tranquila de quen observa ós seus nenos felices, senón a desmandada euforia infantil ante unha desmedida oferta de xoguetes.

     Pero todos eses misterios desvel&#225;ronse en canto escoitei a propaganda, a publicitaria. O de &#8220;enr&#243;late&#8221; e a connotaci&#243;n portuaria non se refer&#237;a, evidentemente, a apuntarse a tripulante para o Gran Sol, nin siquera nunha baca do d&#237;a. Soaba por unha parte a <em>Bot&#243;n de ancla</em> e por outra &#225;s navegaci&#243;ns en snipe. As&#237; que a uns lles deb&#237;a recordar aqueles tempos da Coru&#241;a capital estival de Espa&#241;a e a outros os veraneos adolescentes de balandros na r&#237;a e guateques no chal&#233;.

     E, como dixo subliminalmente o presentador do acto Javier Veiga, aqu&#237; todo o mundo parece que debeu pasar os ver&#225;ns a bordo de algo.

(para luns, 8 de agosto de 05)


Ago 04 2005

Son os cartos, estúpidos

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 12:38 pm

Eso dos polos comeza a ser grave. Primeiro foi aquela famosa gripe aviar asiática, que conmocionou a todo o mundo, e matou menos xente que o tráfico en España unha fin de semana calquera. Agora é a crise do polo-asado-envasado-al-vacío. Esta mañá, na SER, os tertulianos chegaron a unhas conclusións implícitas, que non explicitaron:
1.-Todo o que dependa das administracións autonómicas vai como vai.
2.-A xente non se entera do que din as autoridades. Quizais habería que implicar ós concellos, dixo unha señora que debe pensar que nos concellos aínda anda un tipo cunha corneta decindo os pregóns, como no que posiblemente veranea ela. Afortunadamente non propuxo a obrigatoriedade de facilitar o noso número de móbil ás autoridades para que nos avisen vía SMS do que consideran que nos debe interesar.
3.-Con todo, é raro que coa matraca que deron co tema desde o primeiro día, houbera xente que seguira papando Pollos Pimpollo tan pimpantes.

Posiblemente houbo máis conclusións, pero quitei a radio e puxen a casete deste mes. Ademáis, a solución xa a sei. Alguén que nun sitio como Monforte, e xa non digamos Lobios, compra un polo que se chama Pimpollo é porque é moito máis barato que os outros, a pesar de que os teñan que traer desde La Mancha. É decir, o target de Pollos Pimpollo é o público que non le periódicos, nin escoita os informativos, nin se pode preocupar doutra información que a do prezo das cousas.

E vexan a última imaxe da guerra dos polos
choque polar
A colisión polar entre un camión de Pimpollo e outro de Coren (rexistrada polo ollo do Gran Hermano)


Ago 04 2005

Top panexírico

Categoría: Destavai'05, Matrix Presssihomesi @ 8:47 am

Dentro do emerxente xénero panexírico, veleiquí o top.

(como o xornal onde vén non o inclúe na edición dixital, aló vai o texto:

SOUL DE AGOSTO

Los dos goles de Quin

(Primeros de agosto de 1989. Yo estaba en Pereiro persiguiendo a Hemingway, que un día montó un follón en Nueva York para vivir la experiencia al otro lado, al límite).
Once de la mañana, cuando los presos dan sus paranoicos paseos por el breve patio meditando cómo nos mueve el destino. Suena el cerrojo, se abre la metálica puerta y allí está él, rodeado de algunos de los suyos. Amigo, para nada me recordó el certero verso castellano “Al destierro con doce de los suyos/ polvo, sudor y hierro/ el Cid… ”. No, ¡qué va!
Sin más, con serenidad, avanzó hacia el patio: pétreo, leve sonrisa, el paso de los que creen en sí mismos; como ha de ser, listo para vivir abierto su experiencia carcelaria.
Estaba yo al cargo de una emisora de radio que habíamos creado y de una pequeña biblioteca. En nombre de todos le di la bienvenida; por los periódicos sabíamos que había tenido un follón con el alcalde de turno que dormitaba en aquel Allariz polvoriento y olvidado.

Recuerdo bien el instante. Le clavé los ojos y te juro, amigo, que ya traía en las pupilas el dibujo del Allariz soñado que más tarde construiría.
En el 89, Pereiro tenía cierto “soul”. 300 chicos del lado salvaje, un par de ancianos que con una azada golpearan a un vecino por cuestiones de lindes, y tres o cuatro violadores que, de vez en cuando, recibían secretas palizas en los baños. Bermúdez, el alcalde, un tipo enrollado, bajaba cada día a hablar y fajarse con los chicos más duros del módulo dos.
Pero te estaba hablando de Anxo Quintana. Enseguida, solidario, invitó en el bar a café a la extensa camada de los sin dinero. Caminamos. Pronto reflexionó con lucidez: “Carajo, aquí sólo veo hijos del agobio y de la marginación. ¿Dónde están los capos, los banqueros corrompidos, los que manejan la pasta detrás de las mesas de caoba?…”. Entonces pasó un grupo de chicas del módulo de mujeres. Venían de hacer alguna labor. Una lo miró lentamente de arriba abajo y le espetó: “Tío, soy Marisa, ¿tú como te llamas? Envíame recado para pedir un vis a vis”.
Un poco alejada ya, aún le gritó: “Un beso para ti donde más te mole”
Otro día jugó un partido entre internos y y goleó un par de veces al portero, un tipo del que nada sabíamos, sólo que tenía para 20 años y un día. El entrenador dijo: “Ya tenemos delantero centro. El alcalde me dijo que iremos a jugar por ahí, vigilados, claro, por la Guardia Civil”.
Pasaron los días. Quin, siempre generoso, los ojos muy atentos a todo lo que ocurría. Seguro que lleva en su mente el maullido de tos gatos en su festín de ratas al anochecer y los rostros pálidos de los reclusos, la uña del pie de esta sociedad
Días después su nombre sonó por el altavoz y él, al viejo estilo penitenciario, regaló su chándal y algunas pertenencias a un desvalido. En la puerta entregó los restos del dinero a aquel portero al que quedaban 20 años y un día.
(Hoy, en alguna prisión del país, el portero verá asombrado por televisión que Quintana es vicepresidente de la Xunta y dirá altivo a su compañero de celda: “Tronco, míralo, le conocí; me metió dos goles de bandera, me regaló cien duros al irse; es un tío legal…”)

Jaime Noguerol

(La Región, 4 agosto 2005)


« Páxina anteriorSeguinte páxina »