Ago 03 2005

Un curita cañón

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 5:26 pm

Ponte

O meu tocaio e veciño de páxina D. José Manuel Ponte, honra y prez do columnismo patrio, xornalista veterano recuperado por LA OPINIÓN, pai dunha modelo que a maiores de guapa non parece tonta, estrea ou eso penso sección no xornal que non dou linkeado pero pódena ver na contraportada do tal xornal. El caballo del fotógrafo, ademais da referencia culta ó mítico cabalo de Foto Paco, é unha recuperación daqueles fotorretratos que facía Juan Marsé en Por favor pero mellor, porque son máis rabudos (textos lights, os xustos)


Ago 03 2005

Hábitos

Categoría: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 5:01 pm

Teño unha certa sensación de que, quitado Suso de Toro e algúns deses vellos militantes dos partidos agraciados, a sociedade galega non exterioriza a ilusión polo cambio que interiormente tén. Xa lles digo, é unha certa sensación (que non é o mesmo, non sei por que, que unha sensación certa), aínda que non sei en que baseala.

     No seu momento atribu&#237;n a escaseza de explosi&#243;n de alegr&#237;a e de algazara popular pola ca&#237;da do r&#233;xime a dous fen&#243;menos complementarios: por un lado, &#243; hipot&#233;tico sentir colectivo do electorado, que despediu dun xeito elegante a Don Manuel, como sen facer sangue. Polo outro, &#225; semana que tardou en ser oficial e definitiva esa elegante decisi&#243;n do electorado. Algu&#233;n m&#225;is &#8220;comprometido&#8221; <del>como seguro que se empeza a decir agora de novo</del> concluir&#237;a que os progresistas son m&#225;is comedidos e m&#225;is respectuosos co contrario. Eu tam&#233;n o creo en xeral, non como dogma de fe, e espero que as&#237; sexa, pero observo unha actitude que eu chamo de &#8220;cruzar os dedos&#8221;. A de agardar a ver que fan, a medias entre a expectaci&#243;n e a desconfianza, que atrib&#250;o a un comportamento tradicional da esquerda, inclu&#237;da a nacionalista: a repunancia, o ser un tanto espurrido e tiquismiquis cos detalles (mentres alg&#250;ns sectores, noutros casos, tragan con carros e carretas se os conducen os seus).

     E polo que sei, curiosamente, os sectores tradicionalmente ali&#241;ados cos perdedores te&#241;en a sensaci&#243;n contraria. Por exemplo, un alto cargo eclesi&#225;stico queix&#225;base amargamente e con escasa humildade cristi&#225; de que no xuramento de Touri&#241;o o sentaran no gali&#241;eiro, cando en ocasi&#243;ns anteriores estaba en primeira fila. (Os tradicionalmente presentes e desta vez notorios ausentes, a sensaci&#243;n que te&#241;en &#233; moi contraria). Como nas vodas, a colocaci&#243;n dos invitados no acto do Parlamento produciu situaci&#243;ns ben paveras, como o cuarteto Palmou-Paco Rodr&#237;guez-Pepa Vega-Jos&#233; Blanco, que demostra desde logo o talante alegremente democr&#225;tico e igualitario (&#191;ou inconsciente?) dos primeiros pasos do novo goberno. Falando do novo goberno, un colega co que coincid&#237;n nunha rolda de prensa non pol&#237;tica chamoume a atenci&#243;n sobre a reticencia a referirse &#225; Xunta como &#8220;a Xunta&#8221;, en favor de &#8220;o goberno&#8221; (en efecto, &#8220;Xunta&#8221; mencionouse unha vez por ducia e media de &#8220;gobernos&#8221;). Supo&#241;o que ser&#225; o mesmo efecto estra&#241;o que sent&#237;a outra compa&#241;eira cada vez que escrib&#237;a &#8220;o presidente da Xunta, Emilio P&#233;rez Touri&#241;o&#8221;, a&#237;nda que nese caso, tranquiliceina, o que lle pasa &#233; o que nos pasa a todos &#243; comezo de cada ano, que ata febreiro non nos afacemos a po&#241;er a cifra correcta. E se custa cambiar un h&#225;bito collido nun ano, imaxinen cambiar un logo de 16 anos de uso.

     Agora que o penso, a suposta frialdade cambiaria quizais se poda deber a eso, &#243;s 16 anos de h&#225;bito fraguiano.

(para xoves, 4 de agosto de 05)


Ago 02 2005

Toma (de posesión)

Categoría: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 11:50 am

Non sei se seguiron con detalle o que para un amigo foi “o acto que lle deu sentido a boa parte da miña vida” (máis ou menos textualmente, e de feito estaba máis elegante que o día que casou, que se supón que tamén debeu ser un acto que lle deu sentido a outra boa parte da súa vida). Falo do acto da toma de posesión de Touriño onte.

Sobre o acto en si, segundo vexo nalgunhas páxinas web, hai división de opinións. Quero decir división de opinións entre os que estaban contentos por quen tomaba posesión, porque na política, como no fútbol de hoxe en día, xa non hai quen aprecie o espectáculo en si, independentemente de quen gane. As críticas dalgúns correlixionarios do novo presidente parece ser que tiraban polo elitismo cultural da montaxe, afastada da participación popular que lle acaería ó asunto. Non deixo de recoñecer que, en efecto, nada tan popular como uns abrazos con palmada recíproca nos lombos respectivos, con intercambio de bicos e suores, pero tamén había un señor que tornaba a inclemencia solar co clásico e moi popular pano con catro nos. Tamén lles confeso que houbo a quen lle pareceu o de onte unha especie de gala dos premios Goya, pero sen chistes (claro que esa opinión escoiteina no sempre rabudo sector prensa). Postos a ser repunantes, a min sooume un tanto estraña a percusión que acompañou a entrada conxunta de Touriño e Quintana no Obradoiro, e que lle deu a un feito altamente simbólico un certo aire torero/gladiador. Con todo, a posible estrañeza quedou compensada dabondo co fragmento de Erik Satie que serviu de fondo para o poema de Luis Pimentel que leu María Pujalte (“¡mira, la de Periodistas!”, escoiteille a unha turista)
Pero, en definitiva, sen lles quitar a razón que poidan ter os queixosos, eu apuntaría no haber do balance que fose a traída e levada sociedade civil –signifique o que signifique- a encargada de encher a praza do Obradoiro que antes ocupaban bandas (por moito que fosen de gaitas) en formación. Eso permitiu que se produciran curiosidades como ver a Lendoiro sentado entre sindicalistas. Ó cineasta e escritor madrileño Javier Rioyo abrazándose polo método popular co secretario de organización do BNG, Xosé Luís Barcia (¿coincidirían na mili?, pregunteime). Ó presidente da Audiencia da Coruña, Ángel Judel, apreciando o detalle de elegancia compostelá de poñer un botellín de auga debaixo de cada asento. Ou a Suso de Toro, que non deu evitado poñer ollos de guerra á hora de cantar o Himno.
E ademais, que non sufran os puristas, porque o máis emocionante do espectáculo foi o audiovisual (imaxes áreas de Galicia e música de Leilía) e o gaiteiro solitario. En canto á emoción política do acto, esas cousas van por dentro.


Ago 02 2005

Óscar

Categoría: Non sei eu..., Si home sisihomesi @ 11:43 am

“¡Ganou Pereiro!” comunicoulle eufórico un político galego moi seguidor de eventos deportivos ó seu xefe de prensa. “¿Que demo ganaría Pereiro?” sorprendeuse este pouco seguidor nun primeiro momento, tal e como me contou días despois. Ata que caeu en que o que algo ganara non este Pereiro arriba asinante, senón Óscar Pereiro, o ciclista de Mos.

Aínda que de neno xogaba ás carreiras correndo a pata cos amigos polos carreiros, reencarnando e retransmitindo as fazañas de Eddie Merckx, non controlo nada de ciclismo. Mesmo desde que deixei de ser neno, o de montar en bicicleta préstame tanto como correr os cinco mil metros. Nin siquera o ciclismo me apasiona como deporte, habida conta de que hoxe parece que leva camiño de converterse nunha versión manual (non quero decir pedestre) da fórmula 1, na que importa tanto ou máis o que hai detrás do corredor que o corredor en si mesmo. Por eso me alegrei, paisanaxes aparte (patriotismos, os xustos) da victoria do meu teórico parente Óscar, porque é o éxito dun guerreiro dese clan da zona pontevedresa do Condado-Paradanta que nacen tolos por dar pedal, e teñen que buscar a vida deportiva en humildes clubs portugueses ou onde sexa con tal de facer profesión da súa devoción.
E tamén recoñezo que me alegro no que respecta a Google. Ata o lanzamento mundial do Pereiro Óscar, cando cometía o pecado de vaidade de procurar Pereiros nese buscador que é o Hall of Fame planetario, o que máis aparecía, a maiores do Pereiro de Aguiar e da fegresía de Pereiro (Portugal), eran o experto bitacoreiro Frank Pereiro, José María Mendiluce Pereiro (prestixioso líder alternativo hoxe en paradoiro descoñecido), Romina Pereiro (unha estarlete arxentina omnipresente nas páxinas de glamour e noutras máis prosaicas), Diana Pereiro (outra rioplatense, esta centrada na ximnasia rítmica), Bernardo Romero Pereiro (un dos reis do culebrón venezolano) e James Pereiro (un din que prestixioso teólogo do Opus Dei). Como ven, é de agradecer a escalada, nunca mellor dito, do Pereiro ciclista en internet.
Claro que, postos a confesar todo, a cousa fíxome gracia uns días. Aínda ma facía hai unha semana, cando Fermín Bouza me enviou un email dándome os parabéns pola etapa que ganei. Pero antonte, miña nai contoume que unha amiga parouna na rúa para transmitirlle a súa felicitación “por lo de tu hijo”. Miña nai sorriu orgullosa aínda que confusa (as nais non supoñen que calquera cousa que fagan os fillos é motivo de felicitación) ata que a outra lle precisou: “por ganar la carrera esa”. Así que aproveito este espacio para aclarar urbi et orbi que o heroe da bicicleta é Óscar.

(para luns 1 de agosto de 2005)


« Páxina anterior