Set 08 2005
O barato é caro?
Coas expectativas non se sabe que é peor, se que se cumpran ou que non. Posiblemente é o que pasa co novo goberno, que hai tantas expectativas entre os gobernados que o que fan ben parece pouco, e o que non, parece demasiado. E tantas entre os gobernantes que se senten obrigados a cumprilas antes onte que hoxe.
Pasa por exemplo, co da gratuidade dos libros de primaria, por escoller o último titular. Era unha promesa electoral tanto do PSdeG como do BNG (e creo recordar que mesmo xa o prometera Antolín Sánchez Presedo na campaña do 93). Ou sexa, que non cabe sorpresa ningunha por que se cumpra (quitado a sorpresa de que algunha promesa electoral se cumpra en xeral). Como era de prever, os pais aplauden e os libreiros e editores non. Os pais porque fundamentalmente é un aforro e os do sector do libro principalmente porque é unha perda de beneficios e porque consideran que se adoptou sen negociación e consenso (é decir, sen que viñeran acompañados dalgunha medida compensatoria). Esa controversia, neste país, pode producir desencontros familiares: a presidenta da Confederación de Apas de Centro Públicos, que saíu nos medios a celebrar a medida é Olga Patiño Doval, curmá de Xurxo Patiño Pérez, de Librouro, destacado integrante do sector que a criticou (a medida, non a Olga).
Hai incluso quen pensa (eu en concreto e outro co que falei esta mañá) que o progresista nunha situación de axuste non é que se destinen os impostos (extraídos fundamentalmente dos asalariados) a sufragar libros de todos os alumnos, incluídos os daqueles que levan ó colexio móbiles máis caros que os libros, e non dos que precisan esa axuda, aínda que sexa o 80% das familias. (Igual que me parece que os 600 euros mensuais para mulleres maltratadas, o chamado de forma un tanto rimbombante “salario da libertade”, tampouco debería ser para todas as mulleres maltratadas, senón para as que o precisen, que xa sei que son a maioría).
Pero, en definitiva, coas compensacións ó sector que faga falta e coas salvedades pedagóxicas que podan xurdir, a gratuidade dos libros paréceme ben. Outra cousa é que esa medida satisfaga a expectativa dun proxecto progresista para amañar o problema da educación. As expectativas concretas e previas do electorado progresista, acrecentadas polas promesas electorais e reforzadas pola actitude impresentable do goberno saínte asinando contratos para cando non gobernaría, de que se potenciaría a educación pública e non a privada. A teoría educativa conservadora é que educación pública é toda, soamente que parte está impartida por empresas privadas. Formalmente pode ser unha visión válida (e no fondo élles máis cómoda e máis barata), sempre que se cumpran dúas condicións: que se lle dean ós centros públicos os medios para que a xente non fuxa cara á privada, e que se vele porque a privada non teña vantaxes comparativas (desde o punto de vista empresarial, non formativo, como peores condicións laborais do profesorado ou a selección dos alumnos menos conflictivos). E desde logo, se imparta nun centro público ou privado, a mellora da educación pasa por velar aspectos como que uns e outros cumpran as distintas normativas (que se incumpren no sector público, no privado e no mediopensionista) e os obxectivos educativos (que non son que dentro dun centro se pode facer o que sexa mentres non saia nos periódicos nin se lle dea a lata ás autoridades). Claro que eso sería menos popular entre parte dos pais, dos profesores e mesmo dos alumnos.
(para xoves, 8 de setembro de 05)


o 8 de Setembro, 2005 ás 8:52 am
O novo governo está un pouco a velas vir. Parece que vai dando paos de cego. O dos centros concertados xa quedou en nada. A gratuidade está moi ben, pero o que ti dis, coma o salario, hai que non o precisa para nada. O que se precisa é unha boa educación, cousa que xa non importa tanto coma as estatísticas de aprobados, que fan máis popular un colexio e así terá máis alumnos, que, co mal que está a natalidade, é algo moi importante.
Está moi desorientado o novo governo. Non sei a qué esperan a amañar algo tan visible como a TVG. Nada cambiou, onte vin o anuncio do Luar, coma se nada cambiase, a Encontros polo visto renováronlle (a Encontros!) e o Supermartes non creo que o quiten ata polo menos decembro… Como non cambien nada xuro que non volvo votar, total, para que!
o 8 de Setembro, 2005 ás 8:52 pm
Perdón polo retraso na aparición do comentario, Kate. Hai algúns que van
absolutamente pola súa contaa un limbo de “pendentes de aprobación” que eu non creei (nin son capaz de desactivar)o 8 de Setembro, 2005 ás 11:04 pm
A colación do tema da TVG… só agardo que a nova dirección xeral depure todo o que teña que depurar, porque como teñamos que seguir, cun goberno no que participe o BNG
do PSOE non sei que dicir, porque a nivel comunicativo, ejematurando cousas como a MariCarmen con sus argentinitos que lloran mucho e a MicroPiñeiro repartindo esmolas no que para min é a representación máis plástica do talante do anterior goberno… me-muero.o 9 de Setembro, 2005 ás 6:25 am
Non te preocupes. Menos mal que non lle dei outra vez se non… O Xirarei: Sonche tan pesimista nese tema…
o 9 de Setembro, 2005 ás 8:19 pm
Non vou ser eu quen disculpe a ninguén, pero a empanada ten que ser descomunal, so de pensalo sudo frio…
o 15 de Outubro, 2005 ás 11:25 pm
testcomment713