Set 16 2005
The year of the .CAT
Estarán ó tanto que, a consecuencia das presións e chantaxes do tripartito á ICANN, xa aprobaron o dominio .cat, por moito que sexa para asuntos culturetas, como se admite o galego para os chistes ou para dirixirse ós da aldea. Para reclamar o que hai que reclamar, seguro que xa saben vostedes dunha chea de littlewindows máis axeitadas ca esta.


o 16 de Setembro, 2005 ás 5:36 pm
Prégolle que me corrixa onde me engane (porque son principiante nestes eidos), pero reclamar tanto recoñecemento alleo sóname un pouco a falta se seguridade nun mesmo. Buscar un dominio própio para unha lingua ou unha cultura ¿non é como buscar a intimidade da aldea para falar galego? Humildemente, penso que sería máis decisivo saca-lo galego (idioma e pensamento) a pasear polos mesmos escenarios que ocupan os demáis, sin que sexa necesario advertir “aquí fálase galego”, e, por suposto, sen complexos.
o 16 de Setembro, 2005 ás 10:51 pm
Galiza está a anos luz de Cataluña. Aquí a burguesía nunca se comprometeu co idioma, só o desprestixiou. Así non hai nada q facer. País
!
o 17 de Setembro, 2005 ás 10:15 pm
Eu case que apostaría por un dominio para o país, non para a lingua, isto é, as páxinas .pt, por dicir algo, indican “isto é de Portugal” non “isto está en portugués”, aínda que esa sexa a súa lingua. Vaia digo eu.
o 19 de Setembro, 2005 ás 7:52 am
Pois eu creo que, antes de tanto escaparate para que os de fóra se decaten de que temos lingua propia, o seu sería falala antes, e ben. E ata que cheguemos a iso, fáltavos moitos, queridos amigos.
o 19 de Setembro, 2005 ás 11:00 am
Alguém sabe por que não foi finalmente o .GZ? obrigado
o 24 de Setembro, 2005 ás 9:40 am
Quero dar a coñecer que en RedeGalega tedes un foro no que levamos tempo a tratar o asunto do dominio galego: http://www.redegalega.org/foros/index.php?c=1
Sodes todos benvidos a participardes nel.