Set 21 2005

Burguesía

Categoria: Si home sisihomesi @ 5:41 am

No fondo de armario do argumentario sociopolítico un clásico imprescindible era, e en boa parte sigue a ser, o de “aquí non hai unha burguesía”. Eu téñoo usado, pero a verdade porque o tiña, non porque crea que me sente ben. Por un lado, porque burguesía, aínda cando había pouca, aquí habíaa –outro cousa é para onde apuntara- e por outra, porque tampouco o chamado pobo se conducía como moi galego, por moito que gastara boina e afalara vacas. Agora desterramos a boina pola gorra esponsorizada por un taller ou un rapado e as vacas polo can de paseo, e as clases están unificadas polas hipotecas. E o outro día fun a unha voda para –ademais de corresponder á invitación- tentar comprobar como vai o Down Jones de galeguidade nas clases medias.

Era nunha das igrexas da Cidade Vella, e en canto nos achegamos, vin que, a pesar da prohibición de levar chaqué, os invitados que xa estaban ían vestidos de tiros largos (co que apañei unha bronca conxugal: “con que ‘vai elegante pero sencilla’ que non vai ser para tanto”). Pero a cerimonia celebrouse en galego (e cun oficiante de voz cuspida á de Suso de Toro, co que tiña á maiores un certo parecido físico), na saída tocaron uns gaiteiros e os contraentes abandonaron o lugar a bordo dun seiscentos pintado de franxas branquiazuis e adornado con dúas bandeiras do Deportivo. Seguindo co símil futbolístico, os invitados desprazámonos en autobús ó lugar do convite, que era tamén un lugar de tronío, con prados, pérgolas, porches, carpas e todo tipo de construccións para tomar o aire e/ou gorecerse del. Había eses bocados deconstruídos que se toman nunha culler dobrada tipo Uri Geller, pero tamén un caldeiro de pulpo.
O sector máis rancio e/ou máis foráneo dos convidados non puido evitar exteriorizar a súa desaprobación latente cando comprobou que o organigrama das mesas representaba estadios de fútbol (a nosa era o Dinamo Stadion), sobre todo porque ó núcleo duro de madridistas tocáralles casualmente o do Olympique de Lyon, campo de infausto recordo. estadion
Pero ó chamémoslle sector de tribuna visitante aínda lle quedaba unha chea de razóns para o mosqueo. Desde a linguaxe verbal do noivo (“imos rifar entre todos vós unha noite de hotel en calquera lugar do Estado español”) ata a non verbal (as danzas rituais dos Riazor Blues a medias cos integrantes dunha mesa-estadio da outra punta do salón). Un convidado que vai ó baño e sae perfectamente travestido e cuspidiño a Dustin Hoffman en Tootsie. tootsie
Pero quedáballes outra ordalía: o matrimonio, coa exquisita educación que os caracterizou en todo o acto (e na súa vida anterior, pero no acto ata tiveron o detalle de felicitarme o cumpreanos polo micrófono) pasaron polos estadios repartindo recordatorios do enlace: unha postal con eles vestidos de galegos (gaita incluída) posando a carón dun hórreo, no máis puro estilo “Escudo de Oro-Zaragoza”, e co lema non menos tradicional “Recordo de Galiza”. Cando nos fomos xa había unha persoa metida na piscina, e soamente eran as dúas e media da mañá.
En conclusión –á que cheguei ó día seguinte- non sei se hai burguesía galega. Tampouco se siquera fai falta tela, alomenos mentres manteñamos a creatividade.

(para mércores, 21 de setembro de 05)

10 comentarios a “Burguesía”

  1. Xesús Fraga dixo:

    Foi un gran partido, si. E deberiamos ir pensando en falar seriamente con Suso de Toro, non fora ser que o que presenciamos foi unha conversión de incógnito. Saúdos dende Loftus Road!

  2. sihomesi dixo:

    Ola Fondo Norte!
    O mellor foi que cando recollín o coche para ir para casa e dei a volta en Porta Real, do outro lado do xardín había un control de alcoholemia. Á miña muller deulle un ataque de risa vingativa, porque quería ir tomar algo eu abrin a ventá do coche e o municipal mandoume seguir. Foi o milagro de San Antón.

  3. Xesús Fraga dixo:

    Cousas veredes! En todo caso, o voso atuendo era moi axeitado, aínda que hai que recoñecer que para os homes o mellor sería levar a chaqueta do chándal por riba do traxe, estilo Arsenio. Insuperable.

  4. les ferdinand dixo:

    Proposta de Top Ten Frikicasamento (aportar novas items)

    1- A flautista birolla (tocaba mirando o ostromento)
    2- Campanilla arronchando entrecós e cantando en ruso
    3- A Coruña de Rachí (Jarbanzo Negro) soando nonstop durante media hora despois de que Credikito fora presentado como “mellor pincha d’Europa”)
    4- Piscinazo en soutien da parella máis podre da voda (e mira que había…)
    5- Un personaxe tocando a harpa cunha cadeira de madeira
    6- O mesmo personaxe botándolle 26 anos a unha rapaza de 15
    7- As caras dos compoñentes da mesa-estadio do Olympique Lyon (Gerland). Eran madridistas.
    8- O personaxe embutido en traxe demodé rebobinando sen parar o gol de Dieguito Tristán xunto a barra.
    9- A postvoda domingueira no Campo da Leña (vivan as letrinas móbiles e a terceira idá….)
    10- E por suposto,…Suso de Toro.

    PS: LOFTUS ROAD RULES OK!

  5. María dixo:

    Vaia, isto si que foi bodhórreo e non o de Farruquito!

    Parabéns aos contraíntes, que están juapirmos vestidos de autonómicos. E ao virgoserodio que cumpriu anos tamén.

  6. Xesús Fraga dixo:

    Está difícil superar o top 10, pero ahí van algúns momentos estelares.
    1. O momento no que o cura (perdón, Suso de Toro), dixo “vimos a casar a estes pibes”.
    2. O convidado que se baixou a mexar contra a nave industrial mentres os buseiros andaban perdidos na ruta “rupestre”.
    3. O falso vals dos noivos.
    4. Os camareiros bailando durante a barra libre.
    5. Os ofrecementos de consello conxugal de Fran.
    Mellor deixámolo en 5, aínda que habería máis…

  7. les ferdinand dixo:

    Bonísimo o de “rupestre”. Hai que ter mala uva e oído “hiperacúsico” de bus…hai que véin

  8. Xesús Fraga dixo:

    Ferdinand, e iso que non mencionei os comentarios do desguace Troncomóvil…

  9. post de aludidos dixo:
    1. A flautista fixo un esforzo da hostia pa aprender a canción. De aí que tivese que mirar o instrumento. Agradéceselle un ovo.
    2. A coruña de rachí 5 veces, foi orde expresa do noivo. Credi só é responsable da pinchada post-amago de vals
    3. Parella podre? Non me fagas falar…
    4. A postvoda foi para enmarcar. Xa quixeran outras

    Pois nada, nenos. A próxima organizádela vos a ver que tal.
    Merecíades que vos poñeran a todos no Cuernabeu, por señoritos. Cria corvos…

    VIVA LA FRIKIBODA!
    Zenks ebribadi :-)

  10. testanchor51 dixo:

    testcomment407

Deixa un comentario