Out 26 2005
Patrimonio, pero a modo
A modo de golpe na cabeza, un comentario de airadasenra sobre o pouco caso que lle fan á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués fíxome recordar algo que me contaron este verán. Foron os promotores falar con alguén no Ministerio de Cultura para que propuxeran e apoiaran e tal. Contestáronlles que xa estaba proposta a Pasión de Olot ou algo así. Eles dixeron que cando as candidaturas eran transfronteirizas ou multiestado, podíanse presentar as que foran. No Ministerio puxeron moita atención. Cconcluíron que podían daquela presentar o flamenco, porque se practica en España e no Xapón (logo reconvertiuse na música andalusí- mediterránea, ou algo así) aínda que sexa o flamenco ou o outro, non parece que estea precisamente en perigo de extinción.


o 27 de Outubro, 2005 ás 5:08 am
Sería unha ledicia, o recoñecemento internacional da nosa cultura, diferenciada polas súas orixes, e por tantas cousas.
Pero como “commentei” no post “The year of the .CAT”, penso que xa daría cun canto nos dentes si a cultura galega, en particular a tradicional, fose recoñecida en Galicia e polos propios galegos. Pero, de momento, ser da aldea, andar coas vacas, e demáis vaise reservando (segundo os que non o practican) para rudos e subdesarrollados, que falan un galego supervivinte exento de normativas (o galego normativo xa e unha ferramenta propia doutros estratos sociais), mentras que o forno, a lareira e outros iconos xa están encumbrados ó “enjebrismo”.
Eu preferiría que lle désemos nos mesmos valor á nosa cultura practicándoa.
o 27 de Outubro, 2005 ás 5:54 am
Tes toda a razón, F.Míguez. Non creas, a min unha vez dixéronme se podía “neutralizar” un pouco o meu acento, que non o puxese tan pailán. (Foi lendo un texto para a tele). E o único que facía era distinguir entre abertas e pechadas, manda carallo. “Cho xuro, agora só vas poder falar coa nova Normativa?, pero con cal, coa que se di posíbel ou coa que se di posible? Eu, de momento, négome a dicir Grazas. Que algún linguísta me diga por favor de onde vén este vocablo.
o 27 de Outubro, 2005 ás 6:28 am
aí, aí, marikate.
o 27 de Outubro, 2005 ás 6:43 am
Que hai, Sub
o 27 de Outubro, 2005 ás 7:12 am
Como dí Lino Braxe:
-Grazas
-De nazas
o 27 de Outubro, 2005 ás 7:18 am
Ei, en serio? Foi a miña primeira reacción cando me dixeron grazas por primeira vez, en serio. Hahahahaha.
o 27 de Outubro, 2005 ás 7:56 am
De neno fum jantar polbo a Noia com meus pais, quando rematamos e meu pai pagou o dono deu-lhe o cambio:
Eu pensei que o estaba a chamar gordo, (ou ghordo).
Grazas? Grazo
o 15 de Novembro, 2005 ás 10:07 am
eu teño unha dúbida: se “Xabi” para os españois é “Chavi”, o “enxebrismo” non será “enchebrismo” no canto de “enjebrismo”?