Out 19 2005

Haro

Categoría: Xeralsihomesi @ 4:29 am

Morreu, xa saberán, Eduardo Haro Tecglen. Eu sentíame máis próximo ó fillo que se lle adiantou, Eduardo Haro Ibars, pero sempre me gustou o seu brío na defensa das súas ideas (que compartía ou non, e neste blog téñoo posto de mal exemplo nalgún caso). E aprecio sobre todo o espazo que abriu dentro do periodismo políticamente correcto cunha columna na que teoricamente tiña que analizar o visto e oído. Eu (e moitos dos que non tiñamos o privilexio de poder escribir para ladrar consignas editoriais e ideolóxicas) somos beneficiarios dese espazo que abriu. Todo o mundo morre (aínda que hai quen di que esa é unha verdade estatística, pero que non sempre se vai ter que cumprir), e este bloguiño non ten sección de necrolóxicas, pero Pawley mandoume un vencello a unha páxina certamente miserable (haberá mais, supoño) que eu non reproduzo porque son un clásico e considero que non todas as opinións son respectables, o respectable é o dereito a expoñelas, cousa que xa fan. E máis, o que merecerían, por ruís, son as hostias que os seus predecesores consideraban que eran unha forma de dialéctica. Como decían os outros, partíu, Eduardo.


Out 19 2005

Transporting

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 12:52 am

Nun tempo morto dunha das batallas da guerra do transporte, estabamos varios colegas botando un pito, cando un colgou o móbil polo que debía estar falando co seu xefe. “Xa se cren as súas propias mentiras. Preguntoume que tal estaba eu de aprovisionado”, comentou. “Menos mal que Pedro Ruiz xa non traballa en televisión, senón seguro que facía unha gala solidaria para mandar alimentos ós galegos”, dixo outra. Desgraciadamente, xa non fan falta nin galas solidarias para converter un conflicto nun espectáculo.

Posiblemente me estea poñendo apocalíptico de máis, pero é que teño espetado un antigo trauma. Foi cando o derrubo do vertedoiro de Bens. Estabamos na fase 2, hay-que-seguir-el-tema, e ó xefe máximo que tiña daquela chamáralle a atención unha nota de axencia de que aquí se esgotaran as mascarillas de tanto cheiro que había. Un tanto amolado porque non me decatara eu do asunto, peregrinei polas farmacias, e en todas –alomenos en todas nas que preguntei- había. Conteillo ó intermediario do xefe máximo, pero ningún dos dous atendeu a razóns (non ás miñas, que podían ser a dun localista sectario capaz de ocultar a verdade para non desprestixiar á cidade, senón ás da realidade dos stocks farmacéuticos). Así que fun á unha farmacia onde me recoñeceron que si, que algo máis de demanda había, dei localizado a un par de tipos que levaban posta a mascarilla de marras, e amañei como puiden, botándolle ironía. Aquela noite, o xefe máximo deulle paso á noticia deste xeito: “En La Coruña, la situación se ha vuelto irrespirable”. Nese momento, para min enrareceuse algo o ambiente, desde logo.

Daquela comprendín que os tempos estaban cambiando. Aqueles nos que un xornalista tiña que tentar ver o que realmente pasaba e despois contalo máis ou menos,. As informacións fanse, ante todo, para darlle a razón á idea previa do xefe ou á liña editorial. A vella e cínica máxima periodística de “nunca deixes que a realidade che estrague unha reportaxe” converteuse en “evita que a realidade lle quite a razón ó xefe ou defraude as expectativas do público”. No caso que nos ocupa, a diferencia entre o periodista con ética e sen ela é que o primeiro escolle para un directo as estanterías baleiras e o segundo pide que llelas baleiren por imperativos do directo. Non nego que haxa un desabastecemento crecente, pero boto de menos algunha análise, ou mención siquera [aquí unha excepción, aínda que agachada], ó fenómeno de que o espectáculo mediático reflicte unha visión parcial da realidade que o público asume e fai real. É decir: din que escasea a comida-voume pertrechar-escasea efectivamente a comida (vin a un apañando unha chea de kilos de fariña: ¿para facer pan na casa ou por se a folga dura anos?). Ou a reflexión de por que nas folgas patronais (coma esta) non hai servicios mínimos.
desabastecemento
Antonte cruceime na porta dun macromercado coa subdelegada do Goberno, que viña de mercar pan. “Non se che ocurra encher ese carrito”, ironizou mirando para o meu. “Veño por unha estantería”, confeseille. A verdade é que aproveitei para coller un pack de leite, media ducia de iogures (eso si, soamente había de plátano con trozos) e unha chea de ofertas de bricolaxe. Cada un prepárase para a apocalipse como quere.

(para mércores, 19 de outubro de 05)


Out 16 2005

Escritores

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 1:51 pm

“Estes son malos tempos. Os fillos deixaron de obedecer a seus pais e todo o mundo escribe libros”, queixábase Cicerón de como andaba o mundo hai máis de dous mil anos. Imaxinen agora. E se neses dous milenios o tan espiñento asunto da desobediencia filial chegou a onde chegou (por exemplo, xa non queda infante ningún que trate de vostede ó seu proxenitor), non lles digo a escritorrea que nos invade.

E o malo non é que todo o mundo escriba (eu xúrolles que fago eso por cartos). O peor é que se publica. E como non hai esperanzas de que o sector se autorregule, teñen que xurdir cabaleiros andantes que loitan contra o xigantismo literario e os muiños impresores. Tomemos o exemplo da primeira obra de teatro de Manuel Rivas. Que o escritor de Galicia máis recoñecido e máis vendido se lance á práctica da dramaturxia despois de 25 anos da sota, cabalo e rei da narrativa, a poesía e o xornalismo, sería, noutro sistema literario, unha conmoción, pero os medios galegos déronlle máis ou menos a quinta parte de importancia (de espacio/tempo, como se pode comprobar procurando en Google) que á estrea dunha película de medio pelo e das salas onde se proxecta. Poderíase pensar que se debeu a que a información teatral en Galicia consiste maioritariamente en entrevistas ás celebridades que se deixan caer por aquí no que no argot do gremio se chaman “bolos por provincias”. Ou a que a presentación foi en Ourense (aínda que tamén alí presentou a candidatura Enrique López Veiga, e ben importancia/espacio/tempo que lle deron). O que pasou foi que os profesionais que saben valorar a importancia das noticias (ou que polo menos cobran por elo) reprimiron o seu entusiasmo, coa loable intención de evitar que Rivas se poña alegremente a parir dramas, comedias e autos sacramentais se lle aplauden a gracia.
E non é nada persoal con Manolo. Harold (Pinter) non é de por aquí, pero tamén hai que facer un esforzo de contención para que non se empecen a publicar as súas obras (que cos anos que ten, hai unha chea delas, sen contar guións cinematográficos como El sirviente ou La mujer del teniente francés, por non falar de que, para amolar máis, o tipo está traducido ó galego). Daquela, que menos que cuestionar os seus méritos e atribuír o premio ás súas ideas políticas, aproveitando que está de moda criticar as tendencias políticas dos artistas e atribuírllas a que están subvencionados (como si non estiveran subvencionados desde os empresarios ós periódicos, pasando polo Exército, que mantemos “por si ascaso”). Ós que están a favor da inercia da historia sempre lles molestou que a xente que vive da creatividades estea maioritariamente a favor do avance. Desgraciadamente, a Cela xa lle deron o Nobel, José María Pemán xa morreu e Juan Manuel de Prada aínda está facendo méritos, que se lle vai facer. (E está o caso de Jorge Amado, o eterno candidato que xa sabía de sobra que non levaría o Nobel desde que lle deran o Premio Stalin da Paz).
En realidade, non sei de que me queixo. Tampouco a folga de transportes que está a provocar un desabastecemento de todo tipo de productos en Galicia sae para nada nos medios de Madrid (tradicionalmente chamados nacionais e agora nunca mellor dito). E a maiores, os nenos obedecen menos que nunca.

(para luns, 17 de outubro de 05)


Out 13 2005

Banderas al viento

Categoría: Si home sisihomesi @ 12:51 am

Moi ben, proba superada. Onte houbo enormes demostracións de amor á indisoluble unidade da nación española en Madrid e na Coruña. Alí, xente influída sen dúbida polo pensamento Losantos-Ibarra e enardecida pola presencia da cabra da Lexión, abrasaron a pitos e abucheos a Zapatero. Aquí produciuse un conflicto xeracional entre a terceira idade unionista e a mocidade segregacionista no que a policía tivo que terciar (a favor dos vellos, como era de prever). Parafraseando ó pensador orbital Aznar, onde non había un problema, demos creado un. Noraboa.

paco abanderado
Non se preocupen porque non vou falar do Estatut de Catalunya, entre outras razóns porque non o lin, nin penso. Nin siquera o preámbulo que se atragantou ó alcalde, senador e abandeirado Francisco Vázquez (claro que eu non son membro dunha cámara de representación que terá que votar ese texto). Pero son perfectamente capaz de moverme intelectualmente nese nivel primario no que está o debate. A nación española, que segundo o discurso losantos-vazquiano é eterna, en realidade é máis recente que algunhas casas da praza de Santo Domingo, na Cidade Vella, e coexistiu moito tempo co Reino de Galicia, sen que unha cousa quitara a outra, e non deixara de estar claro quen mandaba (Camilo Nogueira ten un libro enteiro ben gordo dedicado ó asunto). Realidades políticas tan firmes como Italia e Alemania constituíronse como estados hai pouco máis dun século (aínda que hai dúbidas de se en Italia sigue existindo o Estado, ou se existe para que sirve). Pola contra, o Reino Unido chámase así porque agrupa a catro nacións, Inglaterra, Escocia, Irlanda do Norte e Gales (e por certo a catro seleccións de fútbol e doutros deportes). E a xente tampouco parou quieta. O que hoxe son escoceses eran irlandeses que se dedicaban ir de pillaxe a Escocia, e os ingleses son a mestura dos saxóns (xermanos que conquistaron ós britóns, que fuxiron a Bretaña… e a Bretoña) e dos normandos (franceses que conquistaron Inglaterra). E eso que había mar por medio.

     En definitiva, media ducia de conclusi&#243;ns: 1.- As cousas son demasiado movidas para ser eternas. 2.- Naci&#243;n e estado son conceptos que non son exactamente o mesmo, e por decilo dun xeito a tono co debate, naci&#243;n &#233; quen quere, e estado quen pode. 3.- Aceptando que non te&#241;o demasiada idea de historia, si a suficiente para saber que o que me ensinaron nos textos do franquismo, como que Don Pelayo xa era espa&#241;ol era tan certo como que Julio C&#233;sar era italiano ou Pocahontas estadounidense, de a&#237; para arriba. Xogar cos sentimentos de quen sigue instalado candorosamente naquelas patra&#241;as &#233; ventaxismo, por decilo finamente. 4.- Non sei de que se estra&#241;an alg&#250;ns agora, cando, por exemplo, os <a href=\"http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=315\">organismos </a>de direcci&#243;n do PSdeG-PSOE (dos que foi membro e mesmo presidiu unha chea de anos Francisco V&#225;zquez) ch&#225;manse &#8220;Comisi&#243;n Executiva Nacional Galega&#8221; e &#8220;Comit&#233; Nacional Galego&#8221;. 5.- &#8220;A pol&#237;tica &#233; a arte de evitar que a xente se preocupe do que lle afecta (Paul Valery).

(para xoves, 13 de outubro de 05)


Out 12 2005

Unha e grande

Categoría: Si home sisihomesi @ 3:36 am

“O patriotismo é o último recurso dun pillabán”, consideraba no século XVIII Samuel Johnson no seu famoso diccionario. Cen anos despois, noutro diccionario non menos famoso, Ambrose Bierce correxía respectuosamente ó influinte pensador: non é o último recurso, é o primeiro. Acordeime deles cando souben da intención do alcalde coruñés de facer ondear eternamente desde hoxe no Orzán unha bandeira que ten máis ou menos o tamaño (25 m2) dos minipisos propostos pola ministra de Vivienda.

Non sei por que esa asociación, en realidade. Tanto o doctor Johnson como o xornalista Bierce viviron en sociedades (a británica e a norteamericana) que eran, e son, fortemente patrióticas, sempre dispostas a despregar bandeiras, e quizais eso explique o pensamento incisivo dos dous. A nosa non o é, posiblemente porque o patriotismo non nos aportou historicamente outra cousa que disgustos. Non soamente no franquismo, senón antes, cando a falta de patria había rei (ata o recoñece Arturo Pérez Reverte, aínda que o disculpe). Patriota é unha palabra que nunca me gustou. Xa de rapaz me parecía unha barbaridade a frase latina Dulce et decorum est pro patria mori que había que traducir (“doce e decoroso é morrer pola patria”), e o da “patria potestade” asociábao ó dereito dos pais a usar o cinto como método educativo. Sempre estiven máis de acordo con aquelo de que os traballadores non teñen patria ou de que a patria do home é a infancia, que dixeron respectivamente Marx e Rilke (dous alemáns, outros experienciados dos efectos do patriotismo). Mesmo a Castelao, que era un sentimental, lle debía soar a corno queimado o concepto e por eso propuxo aquelo de “matria”.
Por outra parte, as bandeiras naceron para o mesmo uso que os guías turísticos de xaponeses lle dan ó paraugas: levantalo para que te sigan os propios e distinguilos dos alleos. Usar con ese fin a bandeira que a constitución asigna a todos (por moito que antes, con poucas variantes, fose a da monarquía absolutista e logo a do franquismo), resulta tan estraño como pouco integrador, igual que as cuñas radiofónicas que paga Bono (o ministro) nas que se identifica a “Fiesta Nacional” de hoxe co exército. Está ben se é para distinguila da outra “fiesta nacional” (a dos touros) pero, se é nacional ¿por que non asociala igualmente coa rede nacional de Paradores, coa Liga nacional de Fútbol ou co hábito de durmir a sesta? A explicación da actitude Vázquez-Bono xa a sei eu, pero prefiro dar a que lle escoitei onte nunha tertulia da Radio Galega a María Antonia Iglesias, que veranea en Panxón e non é precisamente nacionalista “Parece que quieren quedar primeros en el concurso de pecholatas”, dixo castizamente e quedando tan ancha.
Por min, alá cada un coas súas conviccións e as súas urticarias persoais, sempre que non as impoñan aupándose no cargo e non se precise tanto pao para rascalas. Porque con ese tamaño minipiso de bandeira, queda hortera ata a do Deportivo, e dá a sensación que, en lugar dunha cidade, vivimos nun estanco dos de antes, ou nun cuartel.

(para mércores, 12 de outubro de 05)


Out 10 2005

O fume

Categoría: Si home sisihomesi @ 1:14 am

carlos tabaco
O outro día fun a un xuízo contra uns presuntos contrabandistas de tabaco. A causa levaba arrastrándose polos recantos xudiciais unha ducia de anos, tanto tempo que cando a abriron foi por un delito contra a Facenda Pública e cando os xulgaron por pouco non os acusan por atentar contra a saúde pública. Nese camiño, o primeiro paso, pero non o último, son as normas contra o vicio de fumar aprobadas no Congreso o mércores pasado, nada menos que por unanimidade. E aí está o malo
.padiola

Se hai algo realmente raro, por sospeitoso, é a unanimidade. Xa se sabe, reunión de pastores, ovella morta. Igual que nun pacto suicida hai en realidade un suicidio e un asasinato, na unanimidade xúntanse a convicción e a hipocresía. Nesta caso hai unha convicción: o tabaco é malo (e moito peores son os preparados industriais que se venden como tal). E logo está o feito de que a totalidade dos deputados no Congreso, onde reinan criterios tan dispares, se deran posto absolutamente de acordo para decidir a mellor lexislación contra o vicio. Ou sexa que comparten a mesma visión do problema desde Acebes, que aquel mesmo día non se cortaba en afirmar que a situación do Estatuto catalán e de Ceuta e Melilla esixe a convocatoria de eleccións xerais, ós deputados do BNG, ERC e EA. Algo é algo. A maiores, as grandes aportacións dese proclamado stock de sentido común que son CiU e PNV foron para extremar o asunto. Respectivamente, que non podan entrar menores en lugares onde se fume (acabouse ir á Estrella, meu neno) e que os gobernos autonómicos podan facer máis restrictiva a lei (que os fumadores teñan distinto trato por autonomías parece que non rompe España). Esquerra Republicana, co seu habitual carácter rompedor, conseguiu que se poda fumar nos andéns de subterráneos que estean ó aire libre (unha mágoa que non haxa en Galicia). Non se aceptaron as emendas do PP: que a sanidade pública subvencionara as terapias de desintoxicación e que desgravasen os tratamentos feitos polas empresas (que non o fixeran eles cando puideron non lles quita a razón agora). Polo demais, dereitas e esquerdas, unidores e rachadores, votaron fraternalmente cousas como que ás empresas que non prohiban fumar as sancionen con 600 euros, pero como teñan a ousadía de reservar un sitio para facelo, a broma sáelles por 10.000.
A todo esto, mentres agardabamos que comezara o xuízo que lles dixen, estiven falando cos contrabandistas (podémonos aforrar o de “presuntos”: eran uns históricos do fume, supoño que xa retirados pola despreocupación coa que falaban do tema). Un deles reñeunos a un seu compañeiro e a min por estar fumando alí.
-Eu a bordo non deixaba botar un pito –explicoume.
-Eso no seu caso si que ten delito, jefe. Xa sería para que non lle andaran na mercancía… –retruqueille confianzudo.
-Non, non, na casa tampouco deixo fumar a ninguén –respondeu como sorprendido.
-Pois se vou á túa casa e non me deixas fumar, non volvo –alporizóuselle o colega.
Deixeinos discutindo. Boto de menos un debate parecido entre os pais da patria.

(para luns 10 de outubro de 2005)


Out 06 2005

4

Categoría: Destafoi, Matrix Press, Si home sisihomesi @ 12:44 am

Os números son importantes, e non soamente polo que vostede está pensando (e eu, para que enganarnos). Os vellos métodos de entender o mundo (anteriores a Google), desde a Biblia á Cábala, atribuían ó número 1 a divinidade (simboloxía que pervive hoxe, tanto na mafia como no sistema electoral). O 2 representaba ó home e a súa dualidade. O 3, a totalidade ( o presente, o pasado e o futuro). O 7, a cifra simbólica por excelencia, era a perfección, igual que o 12, que representaba ó goberno divino (e por eso a bandeira europea quedou na ducia de estrelas, aínda que agora haxa máis estados membros). Pero o máis curioso é o caso do 4, un número en aparencia plano e obvio, que na Biblia simboliza a creación (os catro puntos cardinais). Hoxe, miles de anos despois de que os listos do lugar atribuíran propiedades máxicas a unhas abstraccións que hoxe nos parecen elementais, se hai un número de moda, é o 4.

“Cuatro” ou “La Cuatro” é a opción televisiva que inicia a segunda revolución catódica, despois da irrupción das chamadas privadas. A denominación non foi unha mera ocurrencia do marketing. Por un lado, a súa “cadea anteccesor” é Canal +, que foi sempre o canal 4 (de feito, en Galicia as dúas españas difiren entre as que teñen sintonizado no 3 a TVG e os que lle outorgaron ese lugar no televisor a Antena3). Por outro, vender a idea da cuarta cadea xeneralista de ámbito español (aínda que en realidade sexa a quinta), é dar a entender que ó panorama televisivo faltáballe un lado. Os grupos de tres elementos suxiren inestabilidade, abocados a derivar sempre a ser dous contra un. E a maiores, a pantalla ten catro lados. Imaxino que algúns destes argumentos de peso foron os invocados para convencer ó goberno para que autorizase o novo canal, pero sexa como fose, entre esta cuarta opción que en realidade é a quinta e a pedrea de emisoras dixitais que se aveciñan vai ser como para pedir un ano sabático e acampar diante do televisor. Moito me temo que, igual que sucedeu cando a primeira revolución catódica, en lugar de aumentar a oferta o que vai pasar e que todas van competir en compracer a demanda, pero desta vez haberá un aspecto positivo: estímase que, coa audiencia tan repartida, a líder terá como moito un 18%. Así, posiblemente a oferta televisiva será igual de aburrida que agora, pero polo menos non haberá programas que determinen os usos e costumes do 50% da poboación.

     Pero o televisivo non &#233; o &#250;nico mundo presidido polo influxo do 4. Tam&#233;n no da pol&#237;tica galega existe a expectativa soterrada e difusa da creaci&#243;n do partido n&#250;mero 4. Esa formaci&#243;n, naturalmente de centro, na que alg&#250;ns dirixentes do PP (pero non soamente do PP) queren gardar a roupa por se non acadan a nado os seus obxectivos. Como no caso confirmado de &#8220;La Cuatro&#8221;, o por confirmar Partido n&#186; 4 (PN4) non sei se servir&#225; para algo en xeral, pero polo menos reducir&#237;a a previsibilidade do sector.

(para xoves, 6 de outubro de 05)


Out 04 2005

Eclipse

Categoría: Si home sisihomesi @ 3:22 pm

“Quero ver o e-clip-se en el telediario”, díxome o luns a nena (sete anos recén cumpridos e perfectamente bilingüe, como poden comprobar). Nunca pedira ver na tele outra cousa que documentais de bichos, así que supuxen que no colexio, a falta de gafas específicas, debéronlles decir que podían contemplar na casa o espectáculo astronómico, o “eclicpse” ou “eclicse” (poñía moito énfase na pronuncia, ou sexa que lle deberon aclarar que non era o “eclise”). Eu tampouco o puiden mirar por falta das dichosas gafas, pero estaba na rúa cando pasou. Había unha luz como lunar, nunca mellor nin tan obviamente dito, e a xente, alomenos os conscientes do asunto, tiña unha actitude de sentirse observada, como se os estivesen filmando e quixesen adoptar unha pose natural.

Eu teño recordos infantís de ter presenciado eclipses (e sen gafas ningunhas). Recordos tan firmes como probablemente falsos, porque apreciar estas cousas é unha oportunidades única en séculos, ou alomenos é o que din sempre desde hai uns anos. Quizais sexan recordos fabricados pola pegada de “Tintín y el templo del sol”, aquel no que o pequeno periodista que nunca pisou unha redacción e o capitán Haddock zafan de ser sacrificados polos incas adoradores do Sol, precisamente (e paradoxicamente) porque son eles e non os indios os que saben que se vai producir un eclipse. Unha visión descaradamente eurocéntrica do coñecemento científico que corrixiu Augusto Monterroso nun conto no que un misioneiro perdido na selva centroamericana e capturado polos indíxenas, pensa librar polo mesmo método. O relato remata co sacerdote pagán recitando, co corazón sanguento do seu colega cristián na man, as datas dos eclipses pasados e futuros que os seus astrónomos calcularan había séculos.

O certo é que, frecuentes ou escasos, eclipses como o do luns producen unha chea de expectación (un dos textos pioneiros do new journalism, mediados os 70, era unha reportaxe sobre unha tropa de fans –¿os eclipsies ?- que viaxaba polo mundo observando eses fenómenos). O estraño é que ese raro acontecemento de interpolación astral non se teña sinalado polos profetas da apocalipse como un símbolo máis de que o mundo se acaba e España rompe, ben por un golpe de estado conxunto Zapatero-Parlamento catalán, ben por causa de OPA eléctrica hostil. Para os que xa estarán pensando que a modo, que non será para tanto, unha mostra das columnas de opinión dun xornal dos chamados nacionais –e neste caso, nunca mellor dito- da edición do día do eclipse: “Dispuestos para el sacrificio”, “Tomarnos por tontos”, “ZP dinamita la solidaridad”, “A vueltas con España”, “Una crisis peor que la del 23-F” (para ser xustos, tamén hai unha titulada “Contra el catastrofismo”), todas asinadas por xente intelectualmente coñecida e en pleno uso xurídico das súas facultades mentais. As mesmas circunstancias que concurren en Scott Stevens, un meteorólogo da cadea norteamericana NBC, que asegura publicamente –e con bastantes seguidores- que o furacán Katrina foi provocado pola mafia xaponesa cunha máquina que inventaron hai anos os soviéticos. Xa se sabe que o presente nos USA é o futuro en Europa, ou sexa que ollo con Santiago Pemán.

(Para mércores, 5 de outubro de 05)


Out 03 2005

Causas e síntomas

Categoría: Si home sisihomesi @ 1:57 am

Estivo de moda ha uns anos sentenciar que xa non había dereitas e esquerdas. Se consideramos a práctica política de Blair ou de Bono (o ministro), habería que estar de acordo, pero se nos atemos á teoría de Aznar-Rajoy-Acebes-Zaplana, pois non. Con todo, hai un sinal indeleble, unha proba do nove que caracteriza indiscutiblemente a dereitas e esquerdas: o tratamento da sintomatoloxía.

Aclarando: ante un problema calquera, o comportamento de dereitas consiste en negar as causas e tratar de eliminar os síntomas. Se hai un incremento da inseguridade cidadá, o remedio é poñer máis policías e endurecer o código penal. (A aportación aznarita a esta liña do pensamento conservador foi de índole económica: negar que existan os síntomas, e daquela aforrar ter que tratalos). Pola contra, a conducta de esquerdas incide no tratamento das causas: se hai roubos é porque hai xente sen recursos. Eu estou máis de acordo coa segunda opción, pero eso non quita que lle falten razóns á primeira. Eu sei que cando me doen as moas é porque anda algo mal nelas, pero énchome de fármacos con tal de dilatar a visita ó dentista. Outro exemplo de máis actualidade son as chamadas avalanchas de Ceuta e Melilla.

     Sobre a traxedia deses centos de africanos amoreados na fronteira, a visi&#243;n conservadora &#233; que o problema antes non exist&#237;a (ou hab&#237;ao pero solucion&#225;molo, segundo a recordada prescripci&#243;n de Aznar que agora debe figurar non prospecto do haperidol), e agora &#233; culpa do goberno. O punto de vista progresista apunta a que o asunto non se ama&#241;ar&#225; mentres haxa pobreza nos pa&#237;ses de orixe dos fabricantes de escadas artes&#225;ns, o que non deixa de ser certo, pero tampouco quita a certeza de que a producci&#243;n de escadas vai aumentar en proporci&#243;n xeom&#233;trica. Tam&#233;n se asegura que por moito que se eleve o valado ou se mellore, nunca ser&#225; dabondo eficaz para loitar contra o impulso de fuxir da fame que move &#243;s chamados subsaharianos, o que non deixa de ser unha confusi&#243;n entre os desexos e a realidade, porque, &#225; espera de que se solucionen as causas (e penso que podemos esperar sentados), hai sistemas m&#225;is eficaces que outros para conter os s&#237;ntomas.

     Tam&#233;n est&#225; o punto de vista da Garda Civil: &#8220;intentando evitar la vulneraci&#243;n de la valla por los inmigrantes, los cuales intentaban realizar el salto en una longitud de 150 metros y utilizando el vallado 120 escaleras artesanalas, ganchos, guantes o sus extremidades&#8221;. &#201; decir, sub&#237;an como pod&#237;an, incluso empregando o que o informe sobre o &#250;ltimo intento chama &#8220;sus extremidades&#8221;. Dos mortos, un quedou enganchado &#8220;entre la concertina superior de la valla&#8221; (a tal concertina non &#233; &#243; pequeno acorde&#243;n hexagonal que ven nos diccionarios, sen&#243;n un arame de p&#250;as). Como ven, un punto de vista pode ser ver&#237;dico sen ser real. O real &#233; que a un pa&#237;s depauperado e dictatorial como Marrocos convenlle m&#225;is que estranxeiros m&#225;is depauperados a&#237;nda se lancen &#243; asalto duns enclaves da opulenta Europa que mantelos no seu propio territorio, ceibos ou presos, e se non est&#225;n motivados abondo, aguill&#243;anse a tiros. E neste caso, os tiros son os s&#237;ntomas, pero est&#225;n por ver as causas.

(para luns 3 de outubro de 05)


« Páxina anterior