Nov 21 2005
Discreción
Eu coincidin con Manuel Olveira hai unha chea de tempo nun debate televisivo sobre culturas alternativas e tal, eu de representante do bravú e Toñito de Poi do antibravú, eu esbardallando contra Toñito que el era máis bravú que ninguén, e el desmentíndoo. Olveira tentaba poñer racionalidade e alta cultura no asunto, e por eso me quedei co seu nome. Agora nomeárono director do CGAC, e como se nada. Xa sei que saiu nos medios dígoo para que Mourullo non me pase polos fuciños unha chea de links pero non deberon darlle moito bombo (eu soubeno por Vieiros). Todos os que enchen páxinas e tempo con disquisicións sobre movementos subterráneos, acordos e trasacordos no goberno galego déronlle a mesma importancia á designación do rapaz discreto que levou Hangar ós mentideiros da arte europea que se puxeran ó cuñado de alguén. Os mesmos que recollerán logo opinións de intelectuais que len a Dan Brown (ou é Don Braun?) e se queixarán do elitismo da política cultural en vista de que non se poden queixar do enxebrismo.


o 22 de Novembro, 2005 ás 6:29 am
Homededios, vostede non ten fuciños…
o 22 de Novembro, 2005 ás 8:32 am
Teño, teño, como os de Marcus Vanderló ese
o 22 de Novembro, 2005 ás 8:38 am
Si, tes razón. Alégrome moito do de Olveira. Lástima que pasase, como di vostede, tan desapercibido. A ver se se nota. Eu era máis de Vega Buxán, pero este era o meu segundo favorito.
E por certo: Que toñito de poi estaba en contra do bravú?? Pero se parece que o inventou el…
o 22 de Novembro, 2005 ás 9:06 am
¿De Vega Buxán? Os tres irmáns teñen unha excelente preparación económica e son das mellores persoas que coñezo, pero de arte… (aínda que todo é poñerse, claro)
o 22 de Novembro, 2005 ás 10:00 am
eu digo o profesor de escultura na facultade de belas artes de pontevedra. Igual me confundín o primeiro apelido. Perdón.
o 22 de Novembro, 2005 ás 10:02 am
Buxán Bran. Vega Buxán tamén me cae ben, pero creo que, efectivamente, non ha saber moito de arte como para levar o CGAC. Perdón outra vez.
o 22 de Novembro, 2005 ás 10:03 am
Buxán Bran. Vega Buxán tamén me cae ben, pero creo que, efectivamente, non ha saber moito de arte como para levar o CGAC. Perdón outra vez.
o 22 de Novembro, 2005 ás 2:32 pm
E como acabou o debate con Toñito de Poi? Transixiu algo?
o 22 de Novembro, 2005 ás 5:26 pm
Nin me acordo. Como en calquera debate televisivo tampouco se trataba de chegar a algo. logo, claro que si.
o 22 de Novembro, 2005 ás 6:47 pm
Disque o un o Toñito fai festa na Capitol. O que xa non sei é se haberá sorteo do cabrito e procesión.
o 25 de Novembro, 2005 ás 5:28 pm
e do bravú que foi, porque espazo nos medios tampouco ocupa muito, alén da disoluçom dos diplomáticos fai uns meses…?
o 27 de Novembro, 2005 ás 8:48 pm
Pois o mesmo que o da movida. Dentro duns cinco anos, recopilatorios.