Dec 26 2005

A luz que nos guía

Categoria: Xeralsihomesi @ 4:33 pm

Velaiquí a mellor felicitación de Nadal que recibín:

Fe Nosa
(by appointment Lizancos)

6 comentarios a “A luz que nos guía”

  1. agulleira dixo:

    Pois é orixinal, pero a reacción axeitada, cal é?, riremos ou choraremos despois da sorpresa, animaliños

  2. mourullo dixo:

    Algúns edís devecerán por tamaño “aproveitamento” urbanístico.

  3. H. Martins dixo:

    É de supoñer que é unha montaxe de photoshop, ¿non si?.

  4. sihomesi dixo:

    Que eu saiba, non. E desde logo, a imaxe o que representa é perfectamente verosímil: constructor que se amarra ás posibilidades máximas que lle deu o concello, contencioso municipal-inmobiliario…

  5. Diego Taboada (O_Brecht) dixo:

    Hola; son un homiño miudo de Chantada (terra brava, disque). Richi rastrero, íntimo compañeiro meu, comentoume que tiñas unha páxina web, e velaquí estou. Son un proxecto de sociólogo e escritor que resiste como pode en Coruña e tenta buscar un sitio colando os seus artigos nalgún periódico. A verdade é que custa encontrar conversa amena e sinceira nesta cidade-consumo (¿e qué cidade occidental non é tal?). Todavía non me atrevín a mandar nada a ningún periódico, levo xa escribindo dende os 17 anos. Polo visto, ó que hoxe se lle chama periodismo “de actualidade” non casa co que eu entendo por “actualidade”; gosto de tocar moitos temas e de esctribir en moitas voces e formatos : aforismo, poesía, artigo, artigo-ensaio.. etc.

    Trato de xuntar ese “melting-pot” de voces e intereses diversos (deixo que a escritura me leve) nunha intención concreta; facer pensar e reflexionar, sacar á cotidianeidade do seu estado de by pass mental. Inténtoo facer o mellor posíbel.

    Dende John Berger ate Eduardo Galeano, dende Benedetti e Brecht ate Sartre; a cuestión e lograr unha escritura a medio camino entre o intimismo e o compromiso, entre a “intrahistoria” e a historia “oficial”, entre a “literatura” e o “periodismo” (!habería que pegarlle unha patada no cu a quen separa ámbalas cousas!). Non gosto tampouco dos que din que o sociólogo non pode ser un bo periodista, e viceversa; o individuo ten as ferramentas, pero en último termo, é él quen crea, é él quen intenta esculcar anacos de realidade nunha sociedade enmarañada.

    Se algún día queres darte unha volta polso meus blogs, serás benvido. Eu non adoito a circular polos “circuitos blogueiros”, non gosto moito de anunciarme, non sei, será timidez. Só os quero para ir clasificando os escritos, escritos que, pouco a pouco, xa se van convertindo nun posíbel libro de artigos, ou nunha especie de caderno de bitácora para resistentes cotidianos (para “insumisos discretos”, como diría Paco Buey, eminente filósofo marxista).

    http://www.diegotaboada.blogspot.com (artigos, en galego)

    http://www.diegovarela.blogspot.com (miscelánea; aforismos, reflexions, artigos, crónicas… etc etc etc; en castelán)

    Ren máis, recibe unha aperta dende Chantada, seguirei ollando os teus artigos en Coruña. Agora, espérame un libro do sempre entrañábel Gilbert Keith Chesterton.

    Saude, e optimismo; falta nos fai.

  6. un calquera dixo:

    Boa foto. Candidata a premio no concurso de fotografía anecdótica galega de aduaneiros sem fronteiras. O que non se poida ver nesta terra….

Deixa un comentario