Feb 13 2006
Eternamente agradecido

Esta mañá a primeira hora, o tendedeiro este inaugurado cos calores de mediados de xullo do ano pasado acadou 25.000 visitas. Non vou caer na vaidade, erro ou demagoxia de titular, ó máis vello estilo festa gastronómica: “25.000 persoas visitan Si home si”. Sei que debe haber, como moito, un cento de habituais, e logo unha chea de despistados ou enganados polo gugle. Con todo, e sen controlar de todo como en todo esas ferramentas marabillosas que che din de onde e como vén a xente, sígome emocionando cada vez que aparece unha visita procedente de Chipre, de Estonia, de Israel ou de Australia. Cando vexo varias de empresas concretas do Reino Unido, ou de servidores concretos de sitios estraños, penso que amigo debe andar por alí. Tampouco sei por que celebro a entrada 25.000 (influencia do ano Mozart?) e non outra.
En resumo, gracias a todos e considerense agasallados cun ramo de flores ó pé da escaleira do avión.


o 13 de Febreiro, 2006 ás 9:48 am
Algo nos dará, Sr. Pereiro, para que lle veñamos pola súa un día sí e outro tamén. Parabéns.
o 13 de Febreiro, 2006 ás 10:05 am
Ben, teño que recoñecer que tamén eu entro moito
cando podopara ver como vai a leira…o 13 de Febreiro, 2006 ás 3:50 pm
pues va a ser que sí…
o 13 de Febreiro, 2006 ás 4:52 pm
Visita diaria por se hai algo novo (non sempre hai) porque en xeral é moi bo
o 13 de Febreiro, 2006 ás 5:36 pm
É polo que nos dás Pereiro, que estamso feitos uns visiosos. Parabéns
o 13 de Febreiro, 2006 ás 8:44 pm
É que ten unha leira que dá gusto vela! Agradecimentos recíprocos pola súa constancia e atención.
o 13 de Febreiro, 2006 ás 9:00 pm
venham máis cinco, ou 25.000
o 13 de Febreiro, 2006 ás 9:36 pm
Sim, isto da internet dá umhas possibilidades antes insuspeitadas…é como atirar umha garrafa com carta ao oceano, só que sabes que neste caso sim que a vai recolher alguém…
o 13 de Febreiro, 2006 ás 11:22 pm
Non é o caso. Este xa largaba por aí sen internet
o 14 de Febreiro, 2006 ás 12:17 pm
Noraboa!
Penso que o de Estonia fun eu…
Apertas
o 14 de Febreiro, 2006 ás 12:54 pm
Caghontal, e eu que pensaba que era algún lector de galego que houbera por alí, ou un da KGB.
o 14 de Febreiro, 2006 ás 3:37 pm
O da KGB son eu. Mil alcaides mais para o blog, logo.
o 14 de Febreiro, 2006 ás 8:33 pm
Imaxine vostede que lle comentasen os 25.000? Parabéns.
o 14 de Febreiro, 2006 ás 8:40 pm
Eue tamén son dos 25.000, sr. Radio Océano
o 14 de Febreiro, 2006 ás 10:43 pm
Parabens!
o 15 de Febreiro, 2006 ás 10:38 am
Bingo
o 15 de Febreiro, 2006 ás 12:32 pm
25.000 primaveras máis!. E, para gañar tempo, vai linkeando xa ás cartas ó director de L’Observatore Vaticano
o 15 de Febreiro, 2006 ás 12:43 pm
Estou abrumado (polo gasto en ramos de flores que vou ter). Por certo, con estes comentarios suman un milleiro deles (un de cada 25, Kate) e teño que confesar que se sigo nisto, é por lelos, a vostedes.
o 15 de Febreiro, 2006 ás 4:17 pm
Pois suma e segue… seguimos agardando polas flores. Onde é que hai que recollelas? Parabéns
o 15 de Febreiro, 2006 ás 4:54 pm
Creo que en varias cidades, particularmente en Vigo, hai certa tradición de apañalas nos xardíns municipais…
o 15 de Febreiro, 2006 ás 5:54 pm
Non é por facer de menos aos amigos vigueses,pero na Corunha o que se fai é enxenhería fitosanitaria cando os sufridos corunheses temos que andar nos xardíns para ponher ben o nome da cidade.A ver se co novo alcalde aforramos en zapatos…
PD.Máis mortos para o porto exterior,estamos en Bhopal ou na Corunha?
o 15 de Febreiro, 2006 ás 8:04 pm
Como dí a policía venezolana antes de sacarche a pasta, “no se me alce”. Se o novo alcalde fose listo, quitaría o bandeirón e amañaría eses xardíns, pero quen sabe…
o 15 de Febreiro, 2006 ás 10:44 pm
E que faga algo co Terrazarium Mariapitensis
o 3 de Marzo, 2006 ás 10:59 pm
Con certo atraso, supoño que chego antes dos 30.000, parabéns dun recen chegado á cidade e ó sihomesi.
Sendo vigués como son, terei que deixar algunhas flores apañadas por aí.
o 8 de Marzo, 2006 ás 11:17 pm
Pois para a merda que escreves bastantes visitas tens.