Burshka

A historia repítese en forma de parodia. Un xornalista supoño que ocioso do xornal Al Bayan púxose a debullar se a etiqueta dunha camiseta que vendían na tenda de Bershka de Dubai (e nas dos outros sitios) atentaba contra os lugares sagrados da relixión musulmana, a conta da frivolidade da mensaxe (ben “durmimos aquí”, ben “unha chea de bicos”) tipo postal de lúa de mel. A empresa argumentou que a frecha apuntaba ós xardíns e que xa retirara as etiquetas antes de que saltara ós medios. Pero menudos son os medios, uns e outros, para deixar de apañar un euro antes de que caia ó chan.
A min o que me estraña é que, co tipo de roupa que hai en Bershka (incluída a de Dubai,supoño), o que lle chame a atención a un fanático relixioso sexa unha etiqueta.

(Aviso a navegantes: cando as barbas do teu veciño vexas pelar…)



Mais do que às barbas, eu olharia um bocado mais perto e cara embaixo (no mapa, quer dizer).
http://dn.sapo.pt/2006/02/21/sociedade/codigopenalsermaisduroparajorn.html
galeidoscopio
21 Feb 06 at 2:54 p.m.
Certamente a roupa de Bershka nom se caracteriza por ser muito discreta.
Polo que me tem contado umha amiga iraniana, o que farám as rapazas de Dubai que compram em Bershka, é leva-la posta, mais por baixo do chador. Com o qual elas vam a moda, mas sem que os machos dubaities sejam tentados.
Outra cousa interessante seria saber qual é o aspecto externo dumha loja desta no Dubai. Imagino-as semelhantes a sexshops, tudo preto por fora. Mas se quadra, mostram algum maniqui, bem munido com o último berrido em burcas.
Semoncho
21 Feb 06 at 6:49 p.m.
Eso contaba Ángela Rodicio de Irán, que baixo do chador non é que levaran roupa de Bershka, é que levaban unha roupa interior de meter medo.
sihomesi
21 Feb 06 at 8:18 p.m.
Penso que deverian escandalizarnos mais as torturas e execucións ou mortes relacionadas coas torturas e demais crimes de estado. Despois de todo, son realizadas a sangue frío e non son actos de fanatismo (ou si?).
Detrás desta campanha anti-islámica está a xenofóbia ou, mais claramente, o racismo.
galeidoscopio
22 Feb 06 at 8:10 a.m.
De entrada, quen deseña as etiquetas de Bershka ben podía ser un pouco máis espabilado. Si eu me atopo un día unha etiqueta na que diga “durmimos aquí” sinalando á iglesia da miña parroquia, primeiro pensarei “Pois debestes pasar un frio de carallo”, e despois botarei unhas poucas horas a tentar comprender qué clase de ignorante pode considerar exótico durmir nunha igrexa (ou no atrio).
Agora ben, coido que nin a “Obra de Dios” protestaría por tal cousa; e si protestase, poucos lle farían caso. Conste que, co “Código Da Vinci”, intentaron non quedarse fora das últimas modas en fanatismo relixioso, pero sin querer matar a nadie a maoires.
F. Miguez
22 Feb 06 at 8:43 a.m.
Son racista por criticar aos que condean a Ayaan Hirsi Ali ou a Rushdie?
Son racista por criticar o patriarcado brutal baixo o que viven moitos millóns de mulleres no mundo islámico?
Son racista por criticar a represión exercida cada día sobre os musulmanos que se atreven a disentir dos tiranos que lles oprimen?
Alfonso Pardo
22 Feb 06 at 7:11 p.m.
Hai que ter bastante imaxinación para ver algo indecoroso nesa etiqueta… O que debe andar perdendo o mundo da arte: esas mentes adicadas a crear, non terían prezo.
Saúdos.
Hai Cada
22 Feb 06 at 7:11 p.m.
Alfonso, está claro que o que dis non ten nada que ver co racismo. Pero dar por suposto que as persoas musulmanas son retrógadas, machistas, fanáticas e intolerantes é xenofóbia, seguramente provocada polo desconhecemento.
Identificar povos árabes con Islam (e viceversa) tampouco é moi axeitado.
Pero pensa na que se monta nos países cristiáns (porque, xa postos, haverá que chamarnos asi) polas reaccións fronte as caricaturas e, no entanto, a escasa movilización contra os contínuos crimes de estado norteamericanos ou británicos (que son auténticas salvaxadas) ou contra os campos de concentración para imigrantes subsaharianos (melhor ainda: negros) en território espanhol.
Non creo que se trate de ver quen é peor, senón de evitar todas as animaladas.
Uma aperta e saúde.
galeidoscopio
22 Feb 06 at 7:42 p.m.
Your site like portal with many interesting info. We need to contact for develop your texts.
rape movies
forced sex
24 Abr 06 at 4:03 a.m.