Mai 12 2006

Desmentido

Categoria: Matrix Press, Non sei eu...sihomesi @ 3:07 am

CGAI (by La Opinión)

Sobre os rumores que últimamente sobrevoan o CGAI, teño que asegurar que entre DX Manolo (o director xeral de Promoción Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias) e eu soamente hai a posibilidade do comezo dunha boa amistade.

16 comentarios a “Desmentido”

  1. Iván dixo:

    Non sei eu Pereiro. A cousa semella algo máis. Quizáis sexa o efecto óptico, pero esa man leva unha traxectoria sospeitosa, ¿non?

  2. F. Miguez dixo:

    Pense vostede, Sr. Pereiro, que despois de pasar por Salsa Rosa, non Hai debate! que se lle resista.

  3. sihomesi dixo:

    Claro que é o efecto óptico (sumado ó efecto mente enfermiza), que vai ser.

  4. Alfonso Pardo dixo:

    Benquerido sHs : xa sabía eu que de homofobia nada. Meus comentarios eran só para que non quedara dúbida ningunha. De todolos xeitos vexo que está vostede disposto a todo para amosar o seu “talante”

  5. eSedidió dixo:

    non, se o malo non é a man, senón o sorriso ese de lobo que se vai merendar a Caperucito (e que o de carrapuchiño sóame francamente mal)….

  6. sihomesi dixo:

    Lobo?, se son un año para o home

  7. eSedidió dixo:

    iso mesmo dicía Landrú

  8. mourullo dixo:

    Estou con eSedidió. O de que faga fixarnos nas “manitas” é unha manobra de distracción para que non falemos desa “miradita picarona”?

  9. sihomesi dixo:

    Recordan vostedes o que decía o psiquiatra vienés de “Primera Plana” (“The Front Page”, Billy Wilder) cando o levaban na padiola ferido nas partes por un disparo accidental?…

  10. kate dixo:

    hahahahha, que roubado-pousado máis natural!

  11. lareta dixo:

    man de santo

  12. BANG 74 dixo:

    Veña Rotring deixate de tanta diplomacia e acercate a Ferrol que seguro que tes mono decibélico.

  13. mourullo dixo:

    Hahaha, o do psiquiatra vienés na peli de Billy Wilder que quere que lembremos imaxino será o de “Maricas! Que sodes todos uns maricas!”. Mais lembre vostede que, ao final da peli, contan que o psiquiatra rematou escribindo un libro chamado “A alegría da impotencia”…

  14. sihomesi dixo:

    A Bang 74: efectivamente, pero case máis de facelo que de aturalo
    A Mourullo: o politicamente incorrecto é vostede.

  15. Martin Pawley dixo:

    Falando de Rotring (Johhny) e do CGAI… saben que películan botan alí este xoves e este sábado, verdade?

  16. mourullo dixo:

    Certo, os que poidan que vaian gozar, en sentido fílmico, do noso prezado señor Voz en off.

Deixa un comentario