Mai 21 2006

España cañí

Categoria: Xeralsihomesi @ 12:00 pm

Dous exemplos do progreso e da modernidá:

1.-Sazatornil strikes again

A chulería, o desplante e o facer a manicura coa navalla (ou usar a unlla de escarbadentes) volven á sede parlamentaria, de onde un sospeita que nunca se foran.

2.-La charanga del Tío Honorio ataca de novo

Un video graciosete dá pe á aclamada por doquier eclosión do rock rural, fenómeno simpático e nunca visto, que sen dúbida traerá cola (e, neste caso, mesmo rabo) e secuelas interesantes para a vitalidade do pop español. (E Os Rastreros, por citar uns, disoltos por falta de que lles fixeran caso)

12 comentarios a “España cañí”

  1. eSedidió dixo:

    Do primeiro tube, o único que podo dicir é que os lectores de La Voz equivocáronse ao declarar que a palabra máis fermosa do galego era volvoreta: sen dúbida é noxo.
    En canto ao segundo, sínto que me saia de novo o ramalazo discutidor, pero qué quere que lle diga: O tal koala non é máis que unha anécdota similar á das “tapitas” do ano pasado ou hai un par de anos, e non da para moito análise na miña opinión. En canto ao chamado fenómeno do bravú, de novo na miña opinión e sen intención de que ninguén se ofenda, non é xa que estivera sobrevalorado, é que foi un produto das preclaras mentes criadoras de opinión que inzan este país e ás que, de cando en vez, se lles vai a pinza. A non ser que eu estea na berza e que nitramón 15-15-15 conteña valores que non dou alcanzado. En calquera caso, para min é preferible que Rastreros desapareceran da historia a que saíran en todos os zapping frikis das televisións, non sei se me explico.

  2. O'Xirarei dixo:

    Persoalmente, Os Rastreros gustábanme e o Opá este non me ten moito chiste, pero en fin. Unha pregunta técnica, como fixeches para meter os videos do YouTube co WordPress? eu vinme mico onte para facelo e aínda non o conseguín…

  3. Nygard dixo:

    Home, eu creo que ao movemento bravú hai que valoralo por algo máis que polas letras das súas cancións; tampouco creo que estivera especialmente sobrevalorado se o contextualizamos na creación musical galega da época (estou convecido que se aveciñan tempos mellores).

    Sobre o do primeiro video… O estilo marrulleiro do PP está botando por fóra; sen embargo no referido exclusivamente ás maneiras non quero pensar as veces que tería sido expulsado Beiras de ter a Marín como presidente… Non?

  4. sihomesi dixo:

    Home, se ata o dei feito eu… Na páxina de YouTube, ó lado dereito da pantalla onde está o video, hai unha ventá titulada
    “About this video” na que figuran a url (se te limitas a poñer o link) e ‘embed’ (para que o empotres se queres). Logo de decidido, clicas unha vez nun ou noutro e xa selecciona a chea de comandos ou como se diga. Copias e logo vas tan tranquilo á túa plantilla e pegas (premendo antes en link se queres poñerun link, ou pegando sen dó, se o que queres é empotrar, como nestes casos.

  5. Alfonso Pardo dixo:

    Martínez Pujalte,meu pobre,quedou ben retratado nun pé de foto que escribira Juan José Millás,para min o millor columnista de Espana.O Pujalte e máis o Zaplana escarallábanse de risa na comisión de investigación do 11 de marzo.Felizmente Millás reparou no momento ,e na elegancia, e na dimensión ética do personaxe.
    O franquismo sociolóxico resultaba moi simpático nas comedias dos 70.Sazatornil,Ozores,Landa,Pajares parecían,no fondo,boas persoas.Para desgracia de Pujalte e outros, o franquismo sociolóxico é visto hoxe en día de xeito menos complaciente.O casposo de Torrente non lle pode caer ben a ninguén.
    Un pouco vello Pujalte para mudar o seu sentido da estética e aprender corrección política,pero igual que os programas educativos de Chávez están a facer maravillas en Venezuela,porqué non un curso de progreso e modernidá para o máis casposo do PP?

  6. Matías Bruñulf dixo:

    Paiaso.

  7. sihomesi dixo:

    Deixando o circo e volvendo á musica, e sen animus peleandi con eSedidió, non é que o bravú fose menos malo tendo en conta o contexto da música galega da época. Supuxo o cimo entre os contextos inmediatamente anterior e posterior, e máis ainda se miramos o que daquela había por aí fóra. Os dous primeiros discos do Xabarín foron do mellor do pop rock dos 90 de aquí e de alá.

  8. eSedidió dixo:

    Non me sexa hipócrita, sr. sHs, que lle gosta máis a pelexa que comer churrasco cos dedos :-)
    Estou de acordo con que os discos do xabarín supuxeron unha aposta de calidade e, polo menos en parte, contiñan cousas de moito interese. Agora ben, se asimilar “a cantar co xabarín” co bravú implica que eran bravús Aerolineas, Nación Reixa, La Marabunta ou Victor Coyote, entón que quere que lle diga (aparte que persoalmente prefiro a Rastreros ou a Herdeiros a calisquera dos anteriores).
    O bravú, meu, foi un fenómeno simpático e efímero, e non vai quedar na historia máis alá da anécdota. A non ser que dentro duns anos a algunha das nosas estrelas da radio lle dea por reivindicalo en plan transcendente (exemplos xa hai abondo…)
    En canto ao pop rock daqueles anos, eu quédome sen dudar co seu “como o vento” (se me permite a herexía de chamarlle pop rock)

  9. sihomesi dixo:

    “Como o vento” eran os 80 medios-longos, e chámelle X.

  10. eSedidió dixo:

    Pois iso, da era A.G.H (Ante Gran Hermano). por certo, a ver se algún día se marca un tanto filantrópico e me pasa a letra, que entre o sonido Clash e o mal que vocalizaba non houbo maneira de que a pillara completa :-)

  11. el niño de la guía dixo:

    Crucei-me com el hoje ao ir currar. Deambulaba só com as mãos nos petos mirando a todas partes e eu lembrei-me do sihomesi :D . Muito acertada a semelhança.

  12. sihomesi dixo:

    Debería mudar de choio, ou de beirarrúa.

Deixa un comentario