Xuñ 05 2006

Atención noctámbulos!

Categoria: Non sei eu...sihomesi @ 12:34 am

Ante unha enchenta de peticións, aviso que hoxe pola noite, gran sesión de movida de perna en Hai debate!

11 comentarios a “Atención noctámbulos!”

  1. mourullo dixo:

    Mima! Ese programa xa comeza a estar de cheo no que din “horario para adultos”. E empézase cunha gran sesión de movida de perna, e non se sabe como remata a cousa… ;-)

  2. eSedidió dixo:

    Dado que son tan torpe que non fun capaz de ver na páxina do teletonecho de qué vai hoxe o debate (bueno, torpe eu e incapaces os executores da páxina, todo hai que dicilo), limitareime a pedirlle por favor que non poña a man diante da boca, en interese do persoal semixordo coma min, e que vixíe o nó da garabata antes de saír. O de que se quite o flequillo con gomina témome que é inutil, que é marca da casa (non o quitou nin cando era punqui…)
    ¿Vai estar a señora do moño? Non sexa malo e non lle dea coa perna, que ao sr. mourullo lle pode producir un colapso :-)
    Sorte.

  3. sihomesi dixo:

    Pido perdón de entrada por non ter mencionado a urbanización de Monteferro cando se tratou o de Nigrán. E mira que o levaba preparado. Síntoo, Míguez.

  4. eSedidió dixo:

    Ehhhhh?? estouno vendo pola tele e xa deixou o comentario, Sr. sHs… ou vostede é ubicuo ou na teletonecho fan trampas. En fin, dado que vostede non leva garabata, ten a perna completamente dominada, non está nin a sra. do moño nin edilberto, os temas son un auténtico coñazo e a pobre da presentadora estame estresando cos seus problemas de afonía, vai ser mellor que vaiamos durmir

  5. sihomesi dixo:

    Grávase un par de horas antes, porque se supón que os participantes son pais e familia, e para que a empresa non se arruine a horas extras e nocturnidades

  6. torredebabel dixo:

    pois, eu tamén o vin e dende Bos Aires, eh? A verdade é que fixo vostede a pregunta máis interesante e que ninguén respondeu: fai falta esa autovía que levou tanto debate? Tamén, como non sei nada da política galega, quedei sorprendida co moito que farían os do PP cando non gobernan… é o que teñen as boas ideas, que sempre chegan cando non é o seu momento. Por sorte, o home este foi cun lapis e papeis. Pode ir apuntándoas…

  7. sihomesi dixo:

    Torredebabel, si sei que xa tiña posto o trebello para ver a TVG e que estaba vendo o asunto, tería saudado. (Por certo, na páxina de TVE pódese baixar un programa polo que se ve a programacíon de TVE e algunhas outras máis).
    O momento máis abracadabrante, no que reparei a touro pasado, foi cando o representante do PP desvelou a táctica esa que tiñan pensado para esta autovía que tanta falta fai. Se a proposta da Presidencia é facela e que sexa de balde (co cal, non sei quen vai circular pola autoestrada de peaxe) a xogada que tiña preparada o PP era facer a autovía de pago, e logo liberalizar a peaxe da autoestrada (co cal non sei quen iría pola autovía).

  8. alvarez dixo:

    pois eu o gravei e onte o escoitei mentras facia a comida de hoxe, e, tratou un asunto que aqui en vigo é de moita actualidade co axunto do pxom. Indicou, creo recordar, que non só en Nigran, senón en tódolos concellos desta nación, y del mundo adelante, engadiría eu, os veciños protestan cos plans porque nos tamen queremos construir nas nosas leiras e non só nas dos amigos, primos e demas familias dos concelleiros de turno. Alguns pailans do grupo municipal do psoe vigues non lle gusta este plan, din eles, porque construllese moito. E tódalas alegacións, menos as que repartían no alcampo, son para construir mais nos terreos. Esa é a verdade, o demais, ….

  9. sihomesi dixo:

    Si o que escoitou foi o Hai debate, efectivamente, o que maticei era que non cria que o de Nigrán fose unha proptesta contra a especulación, senón contra o reparto pouco equitativo pero, polo que agora se sabe, moi deportivo quero decir celtista da edificabilidade.
    (E falando doutro tipo de asuntos domésticos: ¿Vd. fai a comida cun día de adianto?)

  10. mourullo dixo:

    O que tiñan que poñer pola tele é a tertulia na que vostede, prezado SHS, participa na Radio Galega os martes. Máis que nada, por ver o seu careto cando Elisa Madarro afirma certas cousas…

  11. alvarez dixo:

    pois si, meu. Teño escasas 1/2 hora para comer e a santa e os nenos chegan mais tarde, co cal ou coces al lentellas e demais o día anterior ou haber como prepara comida para 5, que non teño tempo nin para un cafeciño. Os fritos e ensaladas no nomento Ofcourse. Con respecto o menos importante e mais coñazo, eu, con outros, puxen cartos, que non tempo, para tirar o edificio do piricoto, e o argumento base que non o que gañou no xuicio foi : “¿si eses poden facer semejante edificio, porque o resto dos parroquinos non?” Argumento polo cal caiu o bng en cangas, moaña e bueu, os pobriños non se deron conta que o galego feten o que quere e facer o que lle salga dos mesmos coa sua leira, e punto, como decia o patrón.

Deixa un comentario