Xuñ 13 2006
Mundial
Categoria: Si home sisihomesi @ 1:21 am
O fútbol é un espectáculo baseado nun deporte que, como todos os deportes, a uns préstalles e a outros non, e como a maioría dos espectáculos, gusta a calquera se é bo, e máis cando hai unha implicación ou identificación emocional con algún dos participantes. Hai xente que un domingo súa con Rafa Nadal, o luns vibra con Fernando Alonso, o martes estremécese con aquel Juanito que era un esquiador español ata que se descubriu que era un alemán dopado, e o mércores papa o partido da previa da Champions entre un equipo danés e un lituano. Outros, pola contra cambian de cadea en canto ven na pantalla algo redondo e alguén en pantalón corto. Logo hai uns que nin tanto nin tan pouco (aínda que, coma min, subscriban aquelas palabras do mítico adestrador do Liverpool, Bill Shankil, “o fútbol non é só unha cuestión de vida ou morte. É algo máis importante que todo eso”). Ditas estas xeneralidades, a promoción do Mundial nos medios é o máis parecido ós métodos mussolinianos de adoutrinamento.
obispos Mundial
Non é que soamente nos leven semanas rompendo a cabeza con monográficos da mediocre participación do combinado que patrocina a Federación Española de Fútbol baixo o rimbombante denominación de Selección Nacional. Que nos teñan recordado o gol de Zarra a Inglaterra, o de Marcelino a Rusia e o codazo a Luis Enrique coa reiteración propia das técnicas de captación da secta Moon. Que saibamos máis da meritoria traxectoria da selección paraguaia que da atroz realidade da nación paraguaia. O malo é que, coa escusa do Mundial, tirios e troianos están promovendo, con tanta intensidade como frivolidade, o hooliganismo máis rampante. En plena época de demonización do nacionalismo, deben estar exentos os nacionalismos que teñen exército, fronteiras e pasaporte, porque se ve como natural e simpático que os alemáns inauguren o Mundial a golpe de bávaros tocando o tambor (dous elementos en si temibles que xuntos fan unha combinación histórica perigosa).
(LA OPINIÓN, martes, 13 de xuño de 06)
12 comentarios a “Mundial”
1. Ghanito dixo:
Non son fuboleiro nin arxentino, pero os seus anuncios son mellores de lonxe, e case emocionan
2. Matías Bruñulf dixo:
Pois imaxínese cómo estarán as cousas por aquí, en Brasil.
3. Un kalquera dixo:
Cada catro anos o mesmo: uso e abuso do coñecido argumento antifutboleiro de aqueles que ainda que lles presta o tema teñen necesidade de facer valer o seu rexeitamento non vaia ser que algún despistado os confunda co rebaño dos futboleiros non pensantes e se esqueza por uns intres a súa condición acomodada entre a intelligentsia do Noroeste
4. F. Miguez dixo:
Supoño que con iso da “intelligentsia do Noroeste” se refire a que calquera venerable de eses de boina ou pano na cabeza dirá que un tipo que pinta a cara fora do entroido só pode ser un parvo, non sei. A min foron os afeccionados galegos os que me quitaron as ganas con tanto “que si eres do Celta, que si eres do Depor”, que si a mín que máis me dan uns tipos xogando á pelota, sexa na plaza da vila sexa no estadio de Maracaná.
5. sihomesi dixo:
Eu dos aficionados non dixen nada. Falo dos “animadores” oficiais. Teño feito bastantes textos que me acreditan como integrante do rabaño futboleiro (en calidade de adscrito ma non troppo, sección deportivista antimadridista). Polo que se ve, a miña situación na “intelligentsia” do que Vd chama o “Noroeste” (con respecto a ónde?) non é acomodada bastante como para que se coñezan.
6. Un kalquera dixo:
Mire Pereiro por usar a palabra Noroeste en vez de Galiza ou Galicia, non pasa a ser un máis das hordas centralistas asoballadoras. Tamén nos vellos tempos Coruña era Atlantic City ou Vigo Celtic Town é non por iso un debería ser adscrito o imperialismo anglosajón
7. sihomesi dixo:
Por que non? Naqueles tempos, eu era partidario da integración de Galicia na Commonwealth, e sigo sendo.
8. eSedidió dixo:
Que me dice, sr. sHs!, eu que o tiña por home cabal resulta que pretende facermonos subditos da raiña Elisabeth, ou, o que é pior, do seu fillo Charles, deus non o quera! Arrepíntase, que aínda está a tempo, e pase a engrosar as huestes cada vez máis numerosas dos que queremos como rei dos galegos a un taxista pernambucano.
Do outro do que falan, veño de escoitar na radio que lle “gañamos” a uns por unha pía de goles. Desta acabouse a famosa negociación, do estatut xa nin falamos.Una- grande-libre-porlagraciadedios e do balompie. Agora xa solo falta que o presidente da federación aprenda a decir fútbol (dí “fúlbol”) e árbitro (dí “álbitro”)para convertir a esta gran nación en el paladín del mundo mundial.
9. Matías Bruñulf dixo:
E non haberá de ser para tanto, ho. Non se fala das bondades nen maldades dun deporte (e de todo o que o rodea) se non da enchenta que supón que todo (todo) xire ou se fixe en torno ao asunto. Un coñazo. Ou conaza. Nuns países, ben máis que noutros. Pero alá cada un. Ou unha.
10. Matías Bruñulf dixo:
Esquecía o asunto dos tópicos. Acabo de escoitar nunha crónica dun canal brasileiro este comentario sobre a afición española presente no partido:
“A España chegou en silencio, algo extraño para un pobo de sangue quente”.
Se xa é un coñazo a omnipresencia (igual que se un chega ao traballo, no caso de que o teña, ou á taberna, e todo Mao fala do mesmo, sexa o que sexa), peor é as simplezas e as xeralidades aos que nos teñen acostumados os medios de comunicación (e as persoas, tamén).
O comentario anterior faime lembrar cando vivín en Italia e tódolos homes definían ás españolas como “calientes”. Un tentou explicar máis dunha vez que había máis de unha nativa (de España) máis fría que o Smirnoff Ice, pero non houbo maneira. Pois hala.
En fin, que esas reportaxes que rulan polas televisións de (supoño que) todo o mundo son bastante chungas. Feitas xa non antes de acender a cámara se non antes incluso de chegar ao país de turno, no caso de Alemania todo pasa por: mostrar un comedor popular no que os locais zampan chucrut e codillo acompañado de grandes xerras de cervexa, intentando mostrar algún menda con traxe típico, introducindo a palabra teutón na narración, decir que a pesar de ser un pobo frío e calculador tamén se saben divertir (e vexan se non as imaxes, glub, glub), etcétera. Como acontece con case todas as reportaxes de viaxes sobre unha cidade, que introducen as palabras “contemporánea”, “moderna”, “modernidade” ou “entre la tradición e a modernidade”…
E, por darlle a lingua, a selección carioca, no Mundial, non existe. Outra cousa é que nela xogue algún xogador carioca, o que implicaría que ou ben naceu no Río (cidade) ou que xoga nun dos equipos do Río.
Espero que isto non quedara snob nen antifútbol, porque eu, ao respecto, declárome dende xa agnóstico (aínda que exista) e non ateo (por non darlle a razón a un calquera).
11. sihomesi dixo:
O peor de todo son os pescadores que aproveitan o río revolto. O patriotismo depende duns peloteros.
12. luis dixo:
É certo o que vostede dí do patriotismo:
http://www.vieiros.com/futbol.html
Deixa un comentario