Xuñ 27 2006

Drogas

Categoria: Si home sisihomesi @ 12:57 am

cocaine wineOnte celebrouse en todo o mundo o Día Internacional Contra El Uso Indebido Y El Tráfico De Drogas. Non sei como o celebraron por aí (sei que, en China, executando a catro narcotraficantes) pero aquí celebrouse coma sempre, con consellos, estatísticas estarrecedoras, declaracións públicas, folletos, e sen recoñecemento ningún de estar fracasando absolutamente.

A historia das drogas é tan vella como o mundo, e todas as sociedades admitiron algunhas e condenaron outras. Por esta contorna, o alcohol tivo desde sempre a mesma acollida popular e o mesmo apoio oficial (dos reis ós curas) do que agora disfruta o fútbol. O tabaco e o café presentáronse hai cinco séculos e foron furando. A súa condición de legais (o tabaco, de momento) non puido agachar a súa non menos evidente condición de prexudiciais, pero ese detalle, que o seu abuso sexa pernicioso serviu como moito para que o alcohol e o tabaco se inclúan no catálogo teórico de substancias non recomendables, mentres gozan na práctica dun respaldo inoxidable (eu, por exemplo, veño de cubrir unha cata de viños). Outras caeron en desgracia por razóns que se me escapan porque non sei onde teño metido Historia general de las drogas, de Antonio Escohotado. A coca, por exemplo, que despois de formar parte de viños (do Viño Mariani feito en Italia foron agradecidos consumidores a raíña Victoria de Gran Bretaña, Alfonso XIII de España, Alejandro Dumas, Julio Verne, Thomas Edison, os irmáns Lumière e os papas Pío X e León XII) e de xaropes parafarmacéuticos (no que vostedes están pensando deixaron de botarlle coca en 1906, oito anos antes de que se ilegalizara a cocaína en EEUU) pasou a ser unha praga moderna, como se pode comprobar en moitos guións televisivos.
O caso é que, por unhas razóns ou outras, quitado a priva, o tabaco, o café e algúns fármacos, as demais son ilegais, non como os coches. E aquí entra a razón de ser do tal Día Internacional. Non importa que desde que se celebra (1987), e desde que a loita contra a droga é Obxectivo Mundial Número 1 (en realidade, número 2 desde que irrompeu Al Qaeda no ranking) os seus consumos se teñan incrementado a ritmo de Ibex 35, en paralelo ás ganancias dos seus distribuidores e en inverso ás economías dos usuarios. En calquera outra actividade, o normal sería cambiar de estratexia, pero nesta non, por falta de imaxinación ou porque hai moita xente que vive dela, tamén no campo dos bos. En concreto, que aquí baixe imparablemente a idade (ós 14 anos) de iniciarse nas toxicomanías, legais e ilegais, sirve para que se dupliquen os berros de alarma, pero non para que se dobre o esforzo de reflexionar sobre si se está enfocando ben o asunto (os 10 minutos diarios que preconiza o alcalde Javier Losada perécenme claramente escasos). Mesmo cando, no mesmo famoso Día, a directora xeral de Instituciones Penitenciarías recoñece que é imposible controlar o consumo nas prisións. Pois se é imposible nas prisións, das que non se pode entrar nin saír así como así, xa me dirán como se vai controlar noutros ámbitos nunha sociedade que non é nin capaz de impedir que os nenos vexan a televisión de madrugada.

12 comentarios a “Drogas”

  1. Alfonso Pardo dixo:

    Como non se vai drogar un,se hai que aturar todolos meses as intervencións de Aznar,sempre tan sinceiras,tan profundas e con tanta enerxía positiva.

  2. vitor dixo:

    Festival Paredes de Coura

    Norte de Portugal

    (cerca de Vigo)
    Entrada geral 70 €
    Agosto 2006
    Dia 15
    Morrissey
    Fischerspooner
    Broken Social Scene
    White Rose Movement
    Madrugada
    Gomez

    Dia 16
    Bloc Party
    Yeah Yeah Yeahs
    Eagles of Death Metal

    Dia 17

    Bauhaus
    The Cramps
    (chk chk chk)
    Shout Out Louds

    Mais nomes a confirmar

    Para informações detalhadas: http://www.paredesdecoura.com

  3. willy dixo:

    Os rapaces da ESO perciben como algo totalmente normal e inocuo o uso e disfrute do costo e da marihuana. A curso iniciático xa está en 2º de ESO (o antigo 7º de EXB: 12-13 anos). Entre os de 3º e 4º é un requisito casa obrigado para non ser tomado por un friki ou algo peor.
    Pero as autoridades insisten con campañas absurdas. Parece que aquí todo se soluciona con campañas (polo menos o estado das contas correntes dos publicistas que as fan).

  4. sihomesi dixo:

    O que decía dos “bos” que viven da loita contra as drogas. A mellor campaña que recordo era: “Diviértete sin drogas” (ergo: as drogas son divetidas)

  5. sihomesi dixo:

    Bauhaus e Cramps ¡viven?

  6. opaco dixo:

    Temos que aprender a vivir con elas, e desde cativos… se a metade dos cartos que se tiran na loita fosen para educación había ser outro conto. E, por suposto, sen legalización, nunca poderá haber consumo responsable.
    P.S. desde o fedello le acompañamos en el sentimiento.

  7. opaco dixo:

    o do P.S. non sei de que vai, será polo de Bauhaus? Élle un pouco tarde, sabe? ;) Volvo para o fedello, a ver cando se deixa ver por aló :D

  8. sihomesi dixo:

    Teño unha capacidade de aprendizaxe e de manexo das novidades reducida. A ver se me poño.

  9. F. Miguez dixo:

    O do narcotráfico debe de estar emparentado coa inmobiliaria, polo dos ovos de ouro, digo.
    Chámame moito a atención o comentario de Willy, que tal e como llo entendo, lévame a pensar que temos todos algo/bastante de culpa. Sin ser novidade dos tempos modernos, pais, profesores, empresarios, políticos, medios de comunicación, etc. prefiren ter fillos, alumnos, empregados… “dóciles” sin o carácter, a personalidade e a autonomía individual necesarias para aquilo de “dicir non” cando sabe que a resposta lle vai supoñer consecuencias negativas (que é cando costa).

  10. Ramón dixo:

    Con prohibición: Al Capone
    Sen prohibición: Freixenet

  11. eSedidió dixo:

    Con prohibición: Sito Miñanco e os Charlines
    Sen prohibición: Grupo Charli-Miñancasa de Investimentos, S.A.

  12. Psiconauta dixo:

Deixa un comentario