Set 10 2006

Unidade didáctica: As Encrobas

Categoria: Xeralsihomesi @ 6:32 am

Teaser dun documental sobre o asunto que estará rematado en novembro. Para ir facendo boca

 (by apointment Bocixa)

7 comentarios a “Unidade didáctica: As Encrobas”

  1. susolista dixo:

    Esperamos con ganas a emisión deste docu, no que se fala do pasado do presente e do futuro, desta terra que tanto ten dado que falar, que sufrir, e que chorar. Eu estaba alí, acompañando o único morto desta historia, que a dia de hoxe ainda non rematou. A memoria non debe de borrarse, e as cousas non deben esquecerse. ¡Esta terra é nosa e nón de FENOSA! Bravo por Bocixa

  2. kate dixo:

    Arredemo, só con este anaco xa me viñeron as bágoas ós ollos. Había que facer un do AVE, que é unha pantasma coa que soñaban os veciños da miña aldea e xa se lles apareceu.

  3. Pedro A. Ramos dixo:

    Ten moi boa pinta. Enhorabuena…

  4. Opaco dixo:

    As Encrobas, desde o ceo

    Nestas datas nos medios non paran de lembrarnos un triste aniversario, anque tamén son datas doutro aniversario aínda máis destructivo que aquel.
    E para aniversarios destructivos, o que fará trinta anos o próximo quince de febreiro. Na unidade did…

  5. Mariano Grueiro dixo:

    Parabens polo traballo, temos que seguir facendo cousas asi, e non perder de vista nosa historia

  6. Matías Bruñulf dixo:

    Gracias (húmidas) polo link, Pereiro.

  7. F. Miguez dixo:

    Prégolle que nos manteña informados, Sr. Pereiro, de cando e onde ver ese documental, que pinta de maravilla.
    Kate: esa do AVE é unha pantasma que tamén se vai achegando á miña aldea, e trae ó lado outra pantasma chamada autovía Pontevedra-Vigo. Pregúntome moitas veces qué podo facer eu para evitar que a miña terra acabe arrasada por excabadoras e bulldocers… pero non se me ocorre nada.

Deixa un comentario