Nov 27 2006
Estudiades ou traballades?
Nov 25 2006
<p class=\"Escrito\">Desde logo, que mundos tan diferentes e que concepcións da vida tan distintas se dan en lugares tan próximos e co mesmo cuberto político administrativo. Refírome a que visións tan distintas hai en Madrid e aquí de aspectos esenciais do ser humano como a lealdade, a coherencia e que prezo estamos dispostos a pagar, ou a poñernos a nós, para conseguir o que queremos. Todo isto, a conto da biografía autorizada de Esperanza Aguirre.
 <a id=\"more-352\"> <p class=\"Escrito\"> O libro chámase La presidenta, título que en Madrid é dabondo explicativo, e aquí induciría a pensar se a protagonista sería Dolores Villarino. Esa é a primeira diferencia. A segunda é que a quen lle interesa a vida –e sen saber como acaba- dunha presidenta autonómica. Xa sei que biografías de Fraga hai varias, pero é porque ten varios perfís, e porque si se fixera unha soa, ocuparía tanto como as guías telefónicas de Madrid e Barcelona xuntas. Por riba é unha presidenta autonómica uniprovincial. Poucas biografías se venderían aquí de Salvador Fernández Moreda ou Rafael Louzán, nin siquera de Cacharro ou Baltar (falo de biografías autorizadas, claro). É certo que de Paco Vázquez se publicaran dúas e outra de Augusto César Lendoiro cando era o seu rival, pero foi que a autorizada saíu para contrarrestar a non autorizada, e a de Lendoiro para contrarrestar as outras dúas. Entón (e levamos tres diferencias) é que os medios de Madrid dan promocionado unha biografía dun alto cargo de segunda fila, polo método de enfrontala cun cargo medianamente alto como o alcalde de Madrid. O máis relevante –e quizais o único- do libro é a critica de Esperanza Aguirre a Alberto Ruiz Gallardón porque, logo dunha sondaxe que fixo –Gallardón- e da que saíu que resultaba que os madrileños eran de esquerdas, el quería quedar de progre e que ela quedara como unha rancia. 
 <p class=\"Escrito\"> Agora, entre nós, ¿pódeselle chamar polémica a ese díxome díxome <a target=\"_self\" href=\"http://www.elpais.com/articulo/espana/elpepuesp/20061124elpepunac_1/Tes\">pataqueiradas de patio de veciños? Aquí un conselleiro dixo doutro que se fixera rico co cargo, e non pasou nada. E de presidentes provinciais mal levados con alcaldes, que lles van contar ós de Ourense. Enténdaseme, non é cuestión de Madrid ou non Madrid.
<img border=\"0\" src=\"http://images.google.es/images?q=tbn:QP1QqlalkHbXlM:http://www.elplural.com/media/0000004500/0000004837.jpg\" />Tamén pasa en Barcelona, onde se acaba de alporizar a clase política toda polo <a href=\"http://www.google.es/url?sa=t&ct=res&cd=1&url=http%3A%2F%2Fwww.elperiodico.com%2Fdefault.asp%3Fidpublicacio_PK%3D46%26idioma%3DCAS%26idnoticia_PK%3D357943%26idseccio_PK%3D1008&ei=a0poRaOjNYvO-gKorfyZDw&usg=__OkFRPizWzu53vAVgrm2w_DdL_rI=&sig2=pFg-2IGs5blxtZxIwr8t3Q\" target=\"_self\">pasado do líder de Ciutadans, Albert Rivera. Rivera (nada que ver cos Hijos de Rivera de Estrella Galicia, nin co Primo de Rivera da Avenida) chegou ó Parlamento catalán con dous dos seus cunha campaña na que saía en bolas, en sinal de que non tiña nada que agachar, ó revés do que todos pensamos que pasa cos políticos en xeral. E <a href=\"http://periodistas21.blogspot.com/2006/11/ciutadans-quiere-matar-al-mensajero.html\" target=\"_self\">resulta que <a href=\"http://periodismoincendiario.blogspot.com/2006/11/por-qu-minti-albert-rivera.html\" target=\"_self\">si que tiña –como todo o mundo, políticos ou bombeiros- e era que ata meses antes de presentarse estaba máis ou menos <a target=\"_self\" href=\"http://images.google.es/images?q=tbn:15SFuqSwArf1OM:http://www.estrelladigital.es/061123/fotos%255CEsp%255C23rivera.jpg\">afiliado ó PP. Tamaña sorpresa e novidade sae a todo trapo na prensa catalana e non catalana, e aquí o caso dun alcalde de Coalición Galega que seguía sendo militante do PP é tan habitual e tan pouco relevante que nin siquera dou atopado onde o lin. 
 <p class=\"Escrito\"> A verdade, por aí fóra pasman con cada cousa... 
 <p class=\"Escrito\">(LA OPINIÓN, sábado, 25 de novembro de 06) 
Nov 20 2006
Nov 17 2006
Korea (a do Norte) ten unha chea de detractores, pero tamén defensores.
Entre estes, na Korea Friendship Association, hainos galegos.
Desde logo, a teor do escudo nacional coreano, únenos a producción hidroeléctrica. A ver cando a White House toma nota e fai o mesmo.
Nov 16 2006
Pasaron catro anos, que non é nada, e a impresión que teño é que moitos terían que facer un esforzo de memoria se lle fixeran esa pregunta e medias entre a efeméride e o interrogatorio policial: ¿onde estaba Vd. o día…? Eu teño a vantaxe de, sen saír do ordenador e sen entrar sequera en internet, recordar que a estas horas os de Muxía, en lugar de mirar o periódico estaban a ver, asombrados, o mar negro. Era sábado e ó día seguinte nunca tanta xente se xuntou aló, quitado para a Virxe da Barca. Pero tíveno que mirar.
Igual que o mar se encargou de lavar a súa cara, parece que non queda rastro visible de toda a que se montou daquela, que si recordamos que foi ben gorda. A clase política pasou de puntas sobre o asunto. Uns probable e comprensiblemente para que non lle recorden unha etapa que non foi precisamente das máis brillantes, e para non ter que dar as explicacións que daquela non deron (de devolver medallas, nin falamos). Os outros, posible e incomprensiblemente, ou por un complexo de culpa de non ter ganado as eleccións municipais seguintes ou para evitar a comparación cos incendios. Mesmo os medios de comunicación, tan entusiastas sempre de producir noticias co calendario e co arquivo, fixeron apenas algo máis que soprar catro veliñas. Nin sequera se tocou o agradecido recurso “¿que foi de?”, con heroes daquela como o capitán Serafín, o delegado De Mesa, os conselleiros Cuiña/Del Álamo, os ministros Matas/Cañete/Cascos e o voluntario catalán aquel. Ninguén asomou o fociño, e supoño que non foi porque se negaran. Unicamente teiman o entón conselleiro López Veiga e o sector irredento de Nunca Máis, empeñado un na defensa do pasado e os outros na do futuro. Polo demais, nada. Fenómenos tan extraordinarios e emocionantes como o dos voluntarios ou o dos nenos da cadea humana pola costa, en calquera sociedade, moderna ou tradicional, deberían ter producido unha épica ou unha lírica. Desgraciadamente, o único fenómeno que pareceu engancharse á nosa idiosincrasia é o de poñer a man. Como recordarán todos –e moitos botarán de menos- houbera unha celeridade nunca vista en decretar indemnizacións. “Foi porque se non se acredita un dano, o Fondo Internacional non paga, non se fixo para tapar bocas”, díxome un daquela responsable, ó que lle recoñezo a boa intención, se el me recoñece que ademais tapou bocas. O caso é que aqueles cartos que o daquela presidente intermitente Fraga dixo traer no peto eran un adianto dunhas indemnizacións que, en certa medida, correrían a cargo do fondo internacional de tapar estes asuntos (FIDAC). Agora reclámanse axudas con tanta insistencia – e a min paréceme que con parecido dereito- como os que piden nas portas das igrexas. Polos incendios, polas cheas, pola acción combinada do lume e a auga sobre o aire e a terra ou viceversa. Adobiase o drama para os impresionables responsables informativos madrileños, ou amágase con denuncias xudiciais mirabólicas, e a autoridade saca a chequeira. Agora sei porque non prendeu a épica ou a lírica dos voluntarios ou dos rapaces. Fixérono de balde.
(LA OPINIÓN, xoves, 16 de novembro de 06)
Nov 13 2006
Gracias ás novas tecnoloxías, a introducción e consolidación do noso idioma vai like a moto. Afecta ata á conselleira María José Rubio, segundo as previsións dunha coñecida axencia de noticias.
Nov 08 2006
Michael Moore, ese gordo da gorra que fai uns documentais tan sarcásticos, mandoume antonte un email (a min e a todos os que se apunten na súa páxina web) especificando cinco razóns para votar nas eleccións á Cámara de Representantes dos EEUU. Cinco que se resumían nunha: este é un referéndum sobre Bush. “Non importa quen é este ou aquel candidato. Vd sabe que son todos máis ou menos iguais, uns mellores ca outros, pero… por favor: son quen son. Para votar a favor da guerra, vote polos republicanos, para votar contra a guerra, vote ós demócratas”. Foi lelo –como puiden, que estaba en inglés- e sacar a conclusión de que deberiamos importar algúns usos electorais USA.
Rick Santorum (sic), candidato republicano ultraconservador , and family, na rolda de prensa da noite electoral no que parece ser o seu cuartel xeral-igrexa particular. (Vía escolar.net)
O de Moore non parece un argumento moi sutil, desde logo, pero aínda así debeu ser efectivo, ou a maioría dos electores pensaban o mesmo (ou mandou unha chea de emails), porque ganaron os demócratas, fosen quen fosen os candidatos. E sería de agradecer que aquí fosemos por aí, por moito que a tendencia sexa a contraria, e numerosos líderes de opinión se mostren cada dous por tres favorables ás listas electorais abertas e reclamen a valoración individual dos candidatos. Habida conta de que os elixidos son quen son –en expresión de Moore, non miña-, por que non votar en base ás cuestións de fondo, como estas: ¿os Gobernos deberían ocuparse de gobernar ou de preocuparse de que non se metan con eles?, ¿paga a pena ter centrada media profesión periodística e dous tercios da carreira xudicial no conto do ácido bórico ou cambiamos de argumento narrativo?, ¿os casos de Ronaldo e Raúl están merecendo a atención debida nesta sociedade desprovista de valores e presidida pola indiferencia?, ¿teñen dereito os cataláns a votar a Carod?, ¿os xornalistas afectados –non directa, pero si profundamente- polas catástrofes, teríamos ou non dereito a algún tipo de axuda oficial ou subvención?
Hai outro uso USA que se debería importar, que é o da publicidade negativa. Hai dous anos, de cada 11 dólares gastados en propaganda electoral, seis foron para anuncios positivos (que, como suporán, son os de sempre e cinco para os negativos (son os que lle chaman de todo ó contrario e non os poden promover os candidatos, pero si os partidos). Nestas eleccións, a porcentaxe do gasto foron dez dólares para os negativos, como un no que se acusaba a un fiscal demócrata de chamar a unha liña erótica. Resultou que era o mesmo número, quitado un díxito, dunha oficina xudicial, e a chamada non a fixera el, pero como explicou un dirixente do Partido Republicano, “para contrarrestar a unha chea de candidatos demócratas insignificantes que falan de temas de alcance nacional e repiten todos o mesmo, a mellor forma de responder é marcando contrastes e ofrecendo ós votantes opcións reais”. Imaxinen por un momento o xogo que pode dar aquí o de marcar contrastes (por non falar das opcións reais) contra os tipos insignificantes que propoñen cuestións de alcance nacional. Aínda que o que máis envexo son reaccións como a do portavoz de Bush cando lle preguntaron polos resultados: “non foron como para dar unha palmada na frente”.
(LA OPINIÓN, xoves 9 de outubro de 2006)
PD.- Outro uso a importar: Neil Young strikes again
Nov 03 2006