Nov 17 2006
Korea (do Norte)

Korea (a do Norte) ten unha chea de detractores, pero tamén defensores.

Entre estes, na Korea Friendship Association, hainos galegos.
Desde logo, a teor do escudo nacional coreano, únenos a producción hidroeléctrica. A ver cando a White House toma nota e fai o mesmo.


o 18 de Novembro, 2006 ás 1:21 am
Os galegos estamos por doquier. Temos ese bo costume. (¿Os defensores de Corea serán coruñeses?)
o 18 de Novembro, 2006 ás 1:39 am
Non sei, pero había/hai un barrio con ese alcume
o 18 de Novembro, 2006 ás 2:51 pm
Xa é a terceira vez que teño que repoñer o bonito escudo norcoreano (a min recórdame algo entre Sindicato Vertical de Regantes e do da República de Takiyistán). Ou son eu moi burro, ou a ver se van ter razón os da KFA (e que a primeira opción sexa máis que probable, non quita a improbable segunda)
o 18 de Novembro, 2006 ás 4:39 pm
A min o escudo recórdame un pouco ó do Capitan Marvel.
o 18 de Novembro, 2006 ás 5:12 pm
O da KFA, si, pero o outro parece das Forzas Eléctricas Norcoreanas (FENOCO)
o 18 de Novembro, 2006 ás 5:48 pm
Confírmolles que non,os coruñeses,como bos galegos, temos unha gran capacidade de alienación,pero seguro que non hai moitos coruñeses nesa simpática asociación.
Por certo,se loitan contra o imperialismo, porque lle chaman a Korean Friendship Association?
o 19 de Novembro, 2006 ás 3:55 am
Ehmmm… moito me temo que o outro escudo non o consigo ver. Pero tranquilo que seguro que é cousa do meu navegador.
o 19 de Novembro, 2006 ás 10:40 am
Eu vino ao principio, pero agora xa non. Debe ser a versión a pilas do escudo.
De todos os xeitos, non lle vexo eu moita diferencia entre poñer a central electrica dos playmobil a poñer un copón cunhas hostias.