Nov 20 2006

Problemas con Korea do Norte

Categoria: Xeralsihomesi @ 2:40 am

A ver se alguen sabe por que me andan retirando o bonito escudo norcoreano (ver post anterior), e se a todo o mundo, cando clica na fonte orixinal do escudo, lle sae isto

¿Hai precedentes de que a contemplación do escudo provoque a conversión ó marxismo-leninismo pensamento juche?

9 comentarios a “Problemas con Korea do Norte”

  1. eSedidió dixo:

    Sr. sHs, polo ben da nosa saúde mental, cambie de fornecedor de ADSL, ou no seu defecto, devólvalle ao chino Antonio o portátil, que seica aínda está en garantía.

  2. grampus dixo:

    Algo pasa con ese escudo. Eu andaría con ollo. E a contemplación do mesmo move máis ben a unha esquizofrenia gráfica.

  3. xabre dixo:

    Aposto a que son problemas de Copyright do sistema comunista.

  4. Xaime dixo:

    Aos norcoreáns non lles debe gustar o hotlinking.

  5. sihomesi dixo:

    Algo debe ser, pero o escudo é bonitismo (bonitismo-leninismo?)

  6. mourullo dixo:

    A mar de bonitismo (marxismo-bonitismo-leninismo) :D Vaia manera de celebrar o 20-N :D :D

  7. susolista dixo:

    Se cadra son os mismos que censuran a Sozidad Alcohólika, ¿non?

  8. F. Miguez dixo:

    Ademáis de estarmos emparentados polos saltos de auga, dame no ollo que o escudo, no canto de estar orlado con espigas de trigo, como é frecuente, ten unhas tiras de boliñas amarelas que parecen… ¿mimosas?
    Eu propoño tomar exemplo e cambiar as cruces do escudo galego por fermosos aeroxeneradores, máis acorde cos tempos que corren (¿alguén de Aduaneiros?)
    Productores eléctricos do mundo ¡unidevos!

  9. Xaime dixo:

    Non coñecedes o escudo de Cerceda? Nesta imaxe non se ve moi ben , está moito máis glorioso na porta da casa do concello.
    Fíxadevos na parte de abaixo. Si, é a térmica de Meirama.

Deixa un comentario