Dec 13 2006

Daqueles polvos…

Categoria: Non sei eu...sihomesi @ 12:49 pm

Aquí un magnífico proxecto, con defectos como mirar cara atrás con benevolencia. O outro día, un compañeiro de instituto ensinoulle outra mostra desa tendencia revisionista ó meu fillo: "sóache de algo este tipo?". Soáballe. Logo, na casa, cando mo ensinou el, tiven que improvisar unha longa – e témome que pouco convincente- explicación sobre o contexto social da época, a variación dos significados lingüísticos co tempo, que quizais bebera un chisco para baixar unha comida pesada de máis…

3 comentarios a “Daqueles polvos…”

  1. ghanito dixo:

    Escápame o sorriso, sintoo.
    (non direi as gargalladas que son moi discreto)

  2. sihomesi dixo:

    Si, ter ten gracia. Moitisma.

  3. eSedidió dixo:

    Ao mellor houbéralle resultado máis sinxelo (e máis sinceiro), dicirlle ao churumbel o que lle dixen eu a un dos meus, situado en circunstancia semellante: “e que eu, de pequeno, ás veces era un pouco gilipollas….” :-)
    PS. Veño de ler a súa entrevista e anúnciolle que tiven que mercar hai uns anos unha guitarra para pelexar contra da artrose nas mans. De modo que se pensa retomar a carreira musical, lémbrese dos amigos de entón, que sempre tiven ilusión en saír no luar…

Deixa un comentario