Xan 18 2007
No pudo ser
A versión política de "el fútbol es así", "los postes también juegan" ou "no se puede perdonar".
(ou mellor, agora que a releo, a versión políticamente correcta)
Xan 18 2007
A versión política de "el fútbol es así", "los postes también juegan" ou "no se puede perdonar".
(ou mellor, agora que a releo, a versión políticamente correcta)
o 19 de Xaneiro, 2007 ás 9:10 am
Corríxame sei me engano, por favor, Sr. Pereiro pero… ¿non se vaticinou correctamente, aquí, nalgures do seu maquinillo, o (novo) estrepitoso ridículo que xenerou a política galega?
E seguindo con pregutnas e misterios ¿Onde anda eSedidió? Aposto o que sexa a que non deixaría títere con cabeza nesta volta.
o 19 de Xaneiro, 2007 ás 4:30 pm
Correndo o risco de ser o único demagogo deste país, penso que o Núñez Feijoo é dos peores políticos que podo lembrar. Até semelha que ten algo de integridade ética. Espero estar errado.
O paralelismo futboleiro poderia ser tamén: “Porque… que seria da vida sen o Betis”.
o 19 de Xaneiro, 2007 ás 8:31 pm
Pois o sinto, Eduardo, pero a min o paisano Feijoo, caeme ben, mira ti. Cos Jefes que ten (Rajoy & Cia) bastante fai o pobre. É un asalariado como eu e páganlle por representar unha corrente de opinión maioritaria nesta nación que domina tanto o psoe e o pp, que consiste en ver o que din os mandamais da estepa para logo adaptalo a idiosincrasia regional, como en Murcia. E si o 80% de nos os votamos, elección tras elección, por algo será,¿non, meu rei?.
o 19 de Xaneiro, 2007 ás 9:07 pm
Alvarez, tense que facer mirar ese 80% de vostede. E eSedidió non sei por onde andará. Mismo lle deron cita co especialista e xa está curado de rabuderías.
o 20 de Xaneiro, 2007 ás 3:09 pm
O sr feijoo da a talla para cabo da garda civil ou mesmo para gobernador provincial… mais ten detrás 37 deturpados…, excusi¡¡ deputados
o 20 de Xaneiro, 2007 ás 3:30 pm
D.Sihomesi: do 100% que votan nesta terra, o 80% apoian entusiastamente o psoe e ao pp, ou mais. De rapas creia que a xente a enganaban, agora sei que o enganado era eu. Dos que non votan, non me faga coma o Ferrin, que conta os seus 2000 votos mais a abstención, e claro, o home enche o peito que da gosto velo. E leva rason con eSedidio, voto en falta os seus atinados e rabudos comentarios.
o 20 de Xaneiro, 2007 ás 7:53 pm
Expreseime mal ou fun demasiado revirado, Álvarez. Só queria dizer que semelha demasiado honrado para xogar o papel que lhe tocou nesta feira.
No canto duma Galiza panceísta de dúas velocidades, seica prestaria mais un Estatuto de dúas carretas. Un saúdo.
o 20 de Xaneiro, 2007 ás 8:28 pm
Di ben, Eduardo. E o desacougante do caso é que, cavilo eu, os seus votantes ó seguirían apoiando tanto firmara un estatuto “non límites da autodeterminación” como se suprimer dun golpe a tonteria autonómica. Son xente perseverante e que o teñen claro, non como moitos de nos.Saude.
o 20 de Xaneiro, 2007 ás 10:09 pm
Non sei se o dei expresado atinadamente, pero en 1981, ese famoso 80% non apostaba nen por asomo porque Galicia fose nacionalidade histórica. Hoxe, o 80% apoia esa definición. O labor dos políticos é solucionar problemas e ó tempo fixar obxectivos de futuro, non soamente ser presidentes de comunidade de veciños que cambian as bombillas cando se funden.
o 20 de Xaneiro, 2007 ás 10:58 pm
Santo ceo, señores, van vostedes conseguir que me poña colorao. Agradezo non saben vostedes canto a súa preocupación pola miña desaparición. Polo de agora, sigo vivo, lexo sempre que podo este blog, que me parece un dos escasos espazos de lucidez (tanto pola opinión do noso gurú como polos comentarios de vostedes) que quedan neste malpocado pais, pero son malos tempos para rabudeces, e a min non se me ocurren máis que paridas, de maneira que, sentíndoo moito vou seguir outra temporada hibernado, a ver se se me pasa.
Apertas para todos.
o 21 de Xaneiro, 2007 ás 11:13 am
Ainda que parte da parroquia de sHs poida ser marxista-leninista tipo Politzer,tipo juche,tipo Alain Badiou(derradeiro filosofo maoista),ou mais horrible ainda,do PP tipo Rajoy-Losantos,eu non queiro deixar de recomendarlles que escarabellen no enderezo http://www.wsf2007.org.O Foro Social Mundial ven de escomenzar.Escoiten o rebumbio de ideas.Outro mundo e posible.
PD eSedidio,alegrome de que ande vostede feito un carballo.Ten razon que un pouco de silencio ven ben de cando en vez.Non me esaxere tampouco,que vai rematar feito un tipo politicamente correcto
o 21 de Xaneiro, 2007 ás 3:14 pm
D. Alfonso Pardo, que alguns leamos, ou releamos os maestros marxistas e leninistas ou anarquistas, coma o meu paisano Ricardo Mella, non nos leva a confesarnos como marxita-leninistas. Iso era cando tíñamos dos trece os quince anos, que asejun o libro que recomendábanos, así íamos declarando. E falando de confesar, levo tres anos releendo pero desta vez na nosa lingua a imprescindible versión católica da biblia e, ¡blasfemia!, recomendolla fervorosamente. Se quere confirmar o seu ateismo non hai mellor lectura. Pero, por exemplo, neste domingo mormento, leer a Cantar dos Cantares nesta fermosa tradución o leva a un o ceo, esquecéndose de paso dese puto 80% no que ainda cree o nos guru e non por iso menos admirado sihomesi.Saude.
o 21 de Xaneiro, 2007 ás 5:44 pm
Alvarez, eu non creo nin deixo de crer, e contra o que vd. pensa que eu penso, eu penso que o que é hai e màis gado que outra cousa…
o 21 de Xaneiro, 2007 ás 9:01 pm
Prezado Alvarez,eu sempre pensei que a sua relacion co marxismo-leninismo non podia ser mais que algo sentimental.Sobre as porcentaxes habera que ter fe no noso guru ou parroco,a ver se repetimos a milagre dos pans e dos peixes.Por certo,contaronme o ruxerruxe de que o noso admirado sHs ia deixar de ser membro da intelligentsia do pais para pasar a nomenklatura.Eu desexolle o millor,claro,pero espero que non nos deixe sen leira virtual…
E grazas mil polas lecturas aconselladas.Hai moitos anos que non cumplo o precepto dominical,e ese e un xeito mais bonito.Elevar un pouco o espiritu seguro que me ven de perilla.
o 21 de Xaneiro, 2007 ás 10:28 pm
Non faga caso, Pardo, de cantos de aparatchik…