Mar 20 2007

Lupe

Categoria: Non sei eu..., Xeralsihomesi @ 2:50 am

Cando leo unha entrevista, sexa en formato pregunta/resposta ou non, a maiores do que din esa parella de feito circunstancial, cada vez máis fíxome no canizo que hai detrás da conversa. Cando lin a que lle fixo Fran Alonso a Lupe Gómez, deume un arreguizo. Non coñezo da nada a Lupe, mesmo tiven unha reacción un tanto fraguiana ó título do seu poemario, pero poucas veces un texto xornalístico me puxi ben claro, por moito que xa as soubera, dúas cousas: a diferencia que hai entre o grao e a palla en poesía, e esa inmensa mentira – cando non canallada – do bilingüismo harmónico.

4 comentarios a “Lupe”

  1. xurxocimadevila dixo:

    acabo de ler a entrevista e eu non vexo a paisana tan provocadora so porque tenha titulos como levantar as tetas e non sei que das bragas e a regla. será que estou curado de espantos. en canto a sua historia exemplar da putada de marchar da aldea e q se rian de ti por falar galego, tampouco e nada novo ou vello senon actual. ainda pasa nas cidades do interior ou vilas rurais, polo menos ata que eu deixei o instituto vai para dous anos e medio. non me parece unha entrevista moi reveldora da personaxe… pero bueno terei q ler algo de Lupe para poder xulgar con mais criterio e non so por simples titulos.

  2. sihomesi dixo:

    Ó mellor tiña eu o día sensible…

  3. LLL dixo:

    Viva a Gomes, poetisa enxebre! A súa poesía arrecende a herba mollada!

  4. Alfonso Pardo dixo:

    Outro viva para Lupe.Certamente unha escritora auténtica e unha muller auténtica.Ten mérito vendo o que hai no patético mundo literario ou da cultura en xeral,cheo de culturetas-ignorantes e de predicadores-arribistas.

Deixa un comentario