Mar 26 2007

Dixestión ou debate

Categoria: Kinopravda, Xeralsihomesi @ 4:41 am

(A tradicional visión do pensamento galego como unha variante da actividade gastronómica?)

6 comentarios a “Dixestión ou debate”

  1. zerovacas dixo:

    Encántame. Cea filosófica é un epíteto, unha redundancia. O mesmo que “acto público” e “paparota”. Pero está ben que se expoña explícitamente, e non aquilo de “al final se servirá un vino español”

  2. esedidió dixo:

    Xa sei que custa, pero cómpre facer un esforzo para non quedarmonos na superficie, na pura anécdota. Sexamos pois filósofos e poñámonos mans á obra.
    O primeiro, a data. Facer un encontro sobre a feliciade e a ciencia nun martes e trece é pura provocación (deixo a análise das implicacións para as súas preclaras e filosóficas mentes).
    O segundo, e máis importante, o menú. Manda carallo. Comeza o conto cuns estoicos mexilóns ao vapor, contínua con ese monumento á mixtificación que é unha empanada feita cun becho de lata (o meu pai, que era pasteleiro, facía as empanadas de polo con cuartos rigorosamente sen desosar, comme il faut) e remata cun plato para parvenus. Por non falar das filloas de sobremesa (non me digan máis, recheas de nata), seguramente para anular o sentido crítico dos sobrevivintes. Do conto da comparativa entre rias baixas e valdepeñas mellor non meneallo, por mor da loita contra a crispación.

    Meus señores, se un ten que filosofar mellor non quedarse a medias. Ou ben nos poñemos serios e filosofamos sobre o devenir patrio, para o que propoño un menú racial composto por callos, carne asada desa que fai bolo no esófago con pemento morrón de bote e postre tipo queixo con marmelo, ou ben nos poñemos finos e social demócratas, e entón non hai máis que tirar de marisco.

    Por certo, Sr. Pardo, que carallo pasou coa famosa paparota?

  3. sihomesi dixo:

    eSedidió, non sei como deixou escapar vivo ese aserto:profundo: “ES necesario un nuevo modelo de ciencia que sea más eficaz y útil para el hombre en su vida cotidiana” (¿inventar a lavadora parecelle pouco?)

  4. esedidió dixo:

    Pois porque basicamente estou de acordo, sr meu. De feito, eu cada vez que me poño a planchar termino pensando como é posible que a física cuántica non sexa quen de axudarme.

  5. susolista dixo:

    Eu creo que tamén se filosofa ben, descomendo, ¿non?

  6. Alfonso Pardo dixo:

    Señor esedidió:se non me lembro mal,despois de que a Stasi determinara que a súa ausencia de sHs non se debera a unha desviación ideolóxica,trala súa volta,unanimemente celebrada polas distintas correntes de sHs,o noso líder máximo comprometeuse a pagar unha enchenta aos pobres caseiros virtuais de sHs,que non temos un recuncho de ciberespacio onde caernos mortos.Moito máis non lle podo decir…
    E no tocante á excursión a París,dice ben cando afirma que sen Norma Duval non é o mesmo.A vocación política da Duval deulle ao PP unha das súas mellores mentes quitándolle ao cabaret un dos seus mellores corpos.Aínda así coido que París ben vale unha excursionciña.A ver se con isto das presidenciais Ségolène ou Sarkozy teñen un detalle e imos a gastos pagos.
    O meu apoio tamén para a súa doctrina gastronómica,isto da nova cociña é un atraco.

Deixa un comentario