Resaca local 1: A especificidade
A primeira lectura que fago do de onte é de alivio. Galicia is different, aínda que sexa un chisco. Non soamente porque non está reducida ó bipartidismo (aínda que o tetrapartidismo que sempre se anuncia non dá chegado) senón porque o ladrillazo non trunfou incólume como por aí. Gondomar e Salceda de Caselas terán alcalde do BNG, Nigrán do PSdeG, Baiona e Cee xa veremos… Hai dúas excepcións: Pontevedra e Carnota. No caso de Pontevedra hai posibles matices como o gancho persoal que ó parecer ten o candidato constructor/destructor, o cuantioso investimento propagandístico que fixo e a rareza estructural de que a sociedade pontevedresa apoie ó BNG (e polo tanto quizais estea volvendo ó rego de cidade de orde). O maioría absoluta do PP en Carnota agardo que sexa fruto da alternancia e non de que os veciños se fartaran de ser os únicos da contorna que non poden colocar os terreos como urbanizables, coa de sitio que aí por alí. No segundo caso sairemos de dúbidas axiña.



Neno, algo está pasando cando Silleda tumbou ó PP!
E Monforte, carai!
kate
28 Mai 07 at 3:53 p.m.
Un momento, en Monforte xa estaba tumbado. E en Silleda, poñendo a unha deseñadora de mobles, así calquera.
sihomesi
28 Mai 07 at 4:19 p.m.
hahahhaha! Deseñadora de mobles que vive en la finca. E eu dicía que en Monforte ben pola maioría, aínda que as maiorías non son boas, non? ou depende?
kate
28 Mai 07 at 4:37 p.m.
Depende de se o esixe o guión…
sihomesi
28 Mai 07 at 7:54 p.m.
O alcalde de Salceda de Caselas durante trinta e un anos está que non o cre…
mourullo
28 Mai 07 at 9:03 p.m.
supoño que non será o caso pero debería sentirse aliviado tamén o constructor/destructor, pois se tivese que facer fronte a todo prometido non daba feito nin en catro lexislaturas
anque todo sexa pola poltrona
opaco
28 Mai 07 at 9:08 p.m.
E con Moncho ya no es tanto, ¿que vai pasar?
susolista
28 Mai 07 at 9:19 p.m.
Digo eu que xa debe estar canso…
sihomesi
28 Mai 07 at 9:45 p.m.