Xuñ 30 2007

Tan gallego como tú

Categoría: Matrix Press, Xeralsihomesi @ 6:38 pm

Estiven o outro día na presentación das sinaturas dese movemento de nome esferolítico que protesta contra o que chama imposición do galego. Na miña opinión, os seus argumentos, ademais de fundamentalmente miserables, son primitivos e reaccionarios, pero en todo caso susceptibles de ser discutidos. O raro é que ninguén, en medio ningún, cuestionara a realidade desas 20.000 sinaturas que eles afirman ter recollido. O problema non é que se lle poidesen meter de matute algúns coñóns asinando Roberto Alcázar, senón como se garante que os asinantes son galegos/víctimas reais da tal imposición, e non xentes do mundo hispánico e españolista todo ós que lles proe que se dea galego no ensino. En todas partes se deu a cifra como real. Tampouco en medio ningún se cuestionou para que sirven esas teóricas firmas. En realidade, non sirven para nada. Preguntados in situ por ese detalle, os TGCG contestaron: "vosotros estáis aquí, ¿no? Es gracias a vosotros que hemos conseguido tener repercusión".

De todas formas, a existencia e o bombo que se lle dá a un fenómeno deste tipo é unha chamada de atención a todos aqueles que, do outro lado, plantean esixencias – todo o correctas que se queira – ó abeiro dunhas leis conseguidas nunhas circunstancias históricas concretas, sen preocuparse ás veces en  ofrecer argumentos que convenzan. 


Xuñ 25 2007

Martiño e o casamento trapalleiro

Categoría: Si home sisihomesi @ 1:17 pm

Non debe ser cómodo ser unha figura pública. Ser, ademais dunha persoa como todas, feita cos materiais privados que se dá ido xuntando, unha imaxe construída polos demais, aproveitando pezas e recambios orixinais ou inventados. Esa imaxe feita a moitas mans está moito máis exposta a crebarse con actos que todos temos cometido aínda que non esteamos orgullosos deles, como darlle unha patada a un can ou unha mala contestación a un pesado. Non debe ser doado ser Manuel Rivas. Nin siquera para el, quero dicir. Pero moito máis difícil debe ser ser Martiño Rivas, quitado que traballes de repoñedor de hipermercado ou de repartidor de pizzas. Porque é cargar con outro fardo, a maiores do propio.

         Polo que eu sei e teño visto, Martiño é deses fillos que calquera persoa daría un brazo por poder dicir que é seu pai ou súa nai aínda que fose só un mes ó ano. Ou deses fillos ós que odian os demais rapaces, fartos de telo de exemplo. Ou non, e seguramente ten dado unha chea de malas contestacións. Tanto tiña mentres se limitou a medrar, xuntando materiais propios, lendo máis a Sam Shepard que ó pai, posiblemente. Ata que se converteu en protagonista dunha serie en prime time e, acto seguido, en sex symbol adolescente. A imaxe pública podería construírse sobre o feito real de que é fillo de quen é fillo, sobre o non menos real proceso experimentado para ter chegado a ese punto, ou sobre a súa esencia ou potencia de actor. Pero construíuse sobre o seu nome artístico, que de Martiño pasou a ser Martín, Martín Rivas.

         Por un lado, como saben ata ós que lle soa Martín Codax unicamente pola etiqueta do viño, Martín é perfectamente galego (quitado que o mestre Ferrín diga o contrario), por moito que a primeira vista pareza unha castelanización. Por outro, os nomes non os escolles ti, e hai a quen lle gustan e hai a quen non, e como moito podes adaptalos (eu, nunha época xuvenil, dei conseguido ser chamado non José Manuel, que aborrecía porque daquela todo o mundo era José Algo, senón polo terceiro nome que a xenerosidade dos meus proxenitores me deu). E retoños bautismados polos seus ben intencionados pais cos sonoros nomes de Uxío ou Xiana, nunha deriva ideolóxica-onomástica escolleron ser Ugíos ou Gianas, que non deixan de ser neoloxismos de améndoa galega e casca portuguesa. Pero por riba desa pedriña do Martiño que pasou a Martin nos créditos da serie, ergueuse todo un edificio, amontoando croios como o presunto desleixo do rapaz e o suposto conflicto coa figura paterna (ese “heraldo del nacionalismo”, segundo tentou definilo recentemente un concelleiro grafómano). Sobre todo en internet, ese territorio comanche onde as opinións non soamente son libres, senón que as diatribas parecen obrigatorias, os comentarios acedos poñen un cativo contrapunto ó exceso de doce e á sobredose de exclamacións (que wapo, está weníssssimo!) dos foros onde se amorean as/os fans.

         Paralelamente, no mesmo espazo e no mesmo tempo, produciuse o fenómeno inverso. A construcción da celebridade partindo do negativo. O rebumbio mediático creado arredor desa voda-trapallada celebrada en Betanzos, na que un tipo sen máis carné ou cargo que o de conducir tractores fixo que casaba a unha señorita cun señor. A noiva sabía do noivo que traballaba nunha ambulancia pero non que estaba casado, ou sabíao pero tanto lle deu. O falso celebrante asegura non ser consciente de ter feito algo ilegal, e que o fixo por devolverlle un favor ó que casou, que unha vez que o levou na ambulancia déralle 200.000 pesetas para que llas gardara mentres o atendían. Será ou non unha acción delictiva, pero desde logo é un símbolo de como, nunha xeración, a consideración das cerimonias, civís ou relixiosas, se depreciou tanto como as acción de Astroc na Bolsa. Así que a  normalidade é que un señor feito e dereito argumente que accedeu oficiar un casamento estilo Las Vegas – pero en tractorista, non tipo Elvis – para compensar o favor de que o camillero dun servizo da sanidade pública non se lle quede con 200.000 pesetas. O escándalo é que un rapaz que está descubrindo un planeta novo mude o nome.

(FARO DE VIGO, luns, 25 de xuño de 2007)    


Xuñ 22 2007

Rectificación/ratificación

Categoría: Matrix Press, Resaca Local 07sihomesi @ 11:57 pm

Un concelleiro sadense e teimudo correspondente epistolar, ó que lle agradezo que me lea, matiza nunha carta ó director que tamén me mandou a min que si tiña claras as súas apetencias á hora pedir, en concreto, a área de urbanismo. Foi unha das frases victima da poda para axeitarme ó espacio, pero eu queriame referir a que o concelleiro dubidaba entre pedir carne ou pescado.


Xuñ 22 2007

Iwo To

Categoría: Matrix Press, Xeralsihomesi @ 11:01 am

¡Pues fue Iwo Jima de toda la vida!


Xuñ 20 2007

Retrato do político como can da merenda

Categoría: Estoume quitando, Xeralsihomesi @ 10:24 am

Aviso a navegantes: Isto que se dispoñen a ler – nun acto de benevolencia que agradezo aínda que estea dictado polo aburrimento- é politicamente incorrecto por ser demasiado correcto politicamente, non sei se me explico. Tamén é editorialmente incorrecto, porque non pega moito co espírito do resto da revista. En resumo e con perdón, isto é unha chamada de atención para que lle collan aprecio á clase política.

Continuar lendo “Retrato do político como can da merenda”


Xuñ 18 2007

Letras romanas

Categoría: Matrix Press, Xeralsihomesi @ 9:51 pm

Fotonoticia:

El Instituto Cervantes de Roma celebra hoy el Día de las Letras Gallegas para dar a conocer en la capital italiana el idioma y la cultura de Galicia. Conferencias, conciertos, mesas redondas, lectura de poemas y otras actividades se celebran a lo largo de este lunes. En la imagen, de izquierda a derecha, el embajador de España ante la Santa Sede, Francisco Vázquez; el director del Instituto Cervantes, el coruñés César Antonio Molina; el cantautor Amancio Prada; la esposa del embajador; la escritora Fanny Rubio, directora del Cervantes de Roma; la corresponsal de La Voz de Galicia en Roma, Maria Nieves Signo; y las escritoras Marina Mayoral y Luisa Castro.

Instituto Cervantes


Xuñ 17 2007

No pudo ser

Categoría: Resaca Local 07, Si home sisihomesi @ 8:14 pm

Escribo isto cando aínda non remataron de todo os partidos. A chea de partidos que se celebraron onte nos 315 concellos, na maioría con resultado máis que cantado pero nalgúns con resultado cantante. No que se deu en chamar de forma grandilocuente as sete grandes cidades, saíu o que todo o mundo sabía –ou se temía- que ía pasar. Foi que si, pero se atendemos ó que foron contando e nós reproducindo, puido ser que non. E de ser que non, un extraterrestre–ese teórico marciano do que sempre botamos man retórica para explicar algo inexplicable nun entorno racional— chegaría á conclusión de que foi, polo menos na Coruña, polas diferencias sobre o galego.

Continuar lendo “No pudo ser”


Xuñ 13 2007

Sada sabe a dinero

Categoría: Kinopravda, Resaca Local 07sihomesi @ 9:42 pm

 

Atopado na parede do que en tempos foi a Sala "El Moderno" de Sada. 

 

 


Xuñ 10 2007

Your rules

Categoría: Resaca Local 07, Xeralsihomesi @ 9:59 pm

Your own rules


Xuñ 10 2007

Chinda, chinda

Categoría: Si home sisihomesi @ 9:38 pm

Un señor que chegou a presidente do Comité Olímpico Español polos seus méritos, que non cuestiono porque os descoñezo, propuxo dotar dunha letra ó himno de España, co obxectivo de que o canten os representantes das federacións deportivas españolas nas competicións internacionais, e así eses abnegados traballadores fagan o seu ingrato labor algo máis motivados. O caso é que Mariano Rajoy, sempre ó quite dos problemas reais que afectan á sociedade española, distraída con reformas estatutarias e outros trangalladas, aferrouse á proposta como un mastín ás sobras dun churrasco. Continuar lendo “Chinda, chinda”


Seguinte páxina »