Ago 31 2007

A palla en sucesión allea

Categoría: Matrix Press, Xeralsihomesi @ 8:49 pm

Non é por meterme onde non me chaman, pero neste asunto, asómbrame que ninguén recorde que quen máis fala é quen máis debería calar. (E xa metido, quizais o recambio que precisa o PP con máis urxencia non sexa o de Rajoy)


Ago 30 2007

Verín, Texas

Categoría: Kinopravdasihomesi @ 8:26 am

Rancho na Limia


Ago 25 2007

Pois é certo que non (Arturo Pondal II, a columna)

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 3:49 pm

Menos mal que hai alguén aí fóra que vela por nós. Un redactor descoñecido dun dos chamados diarios nacionais (os que se fan na provincia de Madrid) abriunos os ollos sobre as graves amenazas que agacha o Himno Galego. Esa exclusiva periodística revela que a culpa comezou sendo dun tal Pondal, Arturo Pondal . Así descubre o texto que se chama, cando a todos nos soaba que era Eduardo Pondal, non por nada nin porque coñezamos os seus sen súbida disolventes poemas, senón polas rúas que lle teñen dedicadas algúns concellos inconscientes. O tal Pondal colou cara o final, cando o cantante de himnos medio xa ten a atención distraída, unha faltada coma esta: “tan só os iñorantes/e féridos e duros/imbéciles e escuros/non nos entenden, non”.

Continuar lendo “Pois é certo que non (Arturo Pondal II, a columna)”


Ago 20 2007

Arturo Pondal, nacionalista excluyente

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 4:41 pm

arturo-pondal001.jpgEste tipo con careto tipo “Reward” é o autor dun himno excluinte que soamente a preguiza ou a covardía dos políticos de ben permitiu que sexa o himno de Galicia desde hai cen anos. Outro tipo tamén barbado -ou nin iso, semibarbado- pretende agora que os nenos canten o tal himno, aproveitando que o Himno de España non ten aínda letra.
O resto da noticia desvela asimismo que os nacionalistas consideran a Galicia como unha nación, e que pretenden defender tal cousa no Congreso.


Ago 19 2007

Antes inmigrantes que veraneantes

Categoría: Si home sisihomesi @ 8:57 pm

Sei que me arrisco a ser diana de diatribas e improperios do numeroso gremio hostaleiro, que terei que reducir drasticamente a miña actividade como parroquiano en sitios nos que me coñecen, e mesmo renunciar definitivamente a volver pisar algún que outro bar, pero a verdade hai que proclamala, por dura que sexa ou por aínda máis duras que sexan as consecuencias: Hai que prohibir o veraneo. Desde o tradicional, o desas familias que de toda a vida pasaron un mes en SanJenJo o LA Coruña, ata as formas modernas, como ese barco que veu de Valencia cargado de escritores a conta da Xunta.

Continuar lendo “Antes inmigrantes que veraneantes”


Ago 16 2007

E ti de quen vés sendo

Categoría: El Paíssihomesi @ 11:41 am

A columna de EL PAÍS


Ago 13 2007

Eu acuso

Categoría: Si home sisihomesi @ 1:03 am

Un congoleño residente en Bélxica desde rapaz, Mbutu Mondondo, vén de demandar nos tribunais a retirada de Tintín no Congo, por xenófobo e racista. Non sei se é andacio ou casualidade, pero ultimamente reprodúcense as peticións de que se prohiba aquilo ou se recolla aqueloutro. Desde o secuestro xudicial da revista El Jueves polo presunto menoscabo á familia real ata as esixencias de que se suprimise a actuación dun grupo italiano, a Banda Bassotti, nas festas de Ferrol, por considerar que a letra dunha canción podía ser apoloxía do terrorismo.

Continuar lendo “Eu acuso”


Ago 07 2007

Aliens attacks

Categoría: Estoume quitandosihomesi @ 11:08 pm

Posiblemente o peor desas 600.000 vivendas que pretenden erixir na costa galega os promotores –e grande maioría dos propietarios actuais das terras onde se construirían, dito sexa de paso- non sería o alicatado que quedaría o litoral, que tamén. O malo é a xente que aparecería esporadicamente coa escusa de que os comprou e que pretende pasar uns días neles ou alugalos.

Continuar lendo “Aliens attacks”


Ago 06 2007

Facendo máis amigos

Categoría: El Paíssihomesi @ 9:57 am

A miña contribución quincenal (e neste caso fóra do día habitual) á teoría política seria.


Ago 05 2007

Nin moito nin pouco

Categoría: Si home sisihomesi @ 6:01 pm

Eu penso que gano pouco, e sei que non é certo, e logo contraataco que non saco moito beneficio para o esforzo que fago, e máis tarde cáeme a cara de vergonza mirando para o salario medio, pero arrepóñome analizando algunhas cousas que todos sabemos que pasan. Esta mesma firmeza de criterios habería que aplicala ó caso dos salarios da clase política.

Continuar lendo “Nin moito nin pouco”


Seguinte páxina »