Ago 05 2007

Victoria

Categoría: Non sei eu...sihomesi @ 12:28 am

Sabía quen era Victoria, pero non a coñecía, ata que un día comezou a comentar os meus artigos en Xornal, e animeina a que publicara ela tamén. Logo, foi das primeiras en participar aquí. Era emocionante vela chea de ánimo, cando moitos dos seus compañeiros de xeración mudaron a a denuncia das inxustizas pola petición da carta de viños (nos mellores casos).  Ata hai medio ano, en que fun á Cámara de Comercio a unha rolda de prensa dunha delegación de Cabo Verde, e me atopei con ela, ou ela me atopou a min, non a vin en persoa. Probablemente é a primeira persoa da miña libreta de direccións que morre. Tentarei procurar e gardar os seus emails, ademais do seu recordo.


Ago 03 2007

Ehem…

Categoría: Non sei eu...sihomesi @ 12:20 am

Isto que están vendo, ou mellor, como o están vendo, é un agasallo dun tipo bó e xeneroso -aínda que lamentablemente adicto ó churrasco- que aceptei porque son tremendamente firme no que atinxe a todo aquelo que me beneficia, e para celebrar que xa van algo máis de dous anos e case cen mil visitas -supoño que tamén de adictos-.

Prometo que haberá máis novedades, en canto se me ocorran (ou alomenos tres ou catro meses despois, como moito). Coherentemente coa liña de firmeza mencionada, admítense suxerencias que dean pouco traballo.

Estamos nello.



« Páxina anterior