si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Arquivo: Setembro, 2007

A caducidade das mentiras

6 comentarios

Xa saben desas enquisas dos grandes inventos da historia que se fan de cando en vez (sempre gana a roda no plano teórico e a lavadora no práctico). Se fixeran unha sobre as mellores vantaxes da época actual, eu tería claro cal escollería: as mentiras duran cada vez menos. Pensen en toda a xente que matou e se deixou matar por defender ou atacar crenzas como a existencia do purgatorio, e os centos de anos que pasaron ata que alguén analizou que foi por motivos menos elevados, como quen mandaba e sobre cantos sitios. Sen embargo, no caso da última das guerras provocadas, a de Irak, non soamente soubemos en tempo real que as razóns eran máis falsas ca un billete de 4,5 €, senón que agora podemos coñecer ata as actas das sesións nas que se argallaron as mentiras.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

30 de Setembro, 2007 ás 11:32 p.m.

Gardado en Si home si

Felipe e eu

5 comentarios

Hoxe, en EL PAIS, Felipe e eu analizamos os Presupostos do Estado (e non coincidimos, coido)

Escrito por sihomesi

27 de Setembro, 2007 ás 10:30 a.m.

Gardado en El País

Tags:

Gran Semana da Mobilidade

11 comentarios

A maioría dos cidadáns, alomenos os que vivimos nas cidades tirando a grandes segundo a escala galega, vimos de disfrutar da Semana da Mobilidade que celebran os concellos seguindo algún tipo de consigna mundial. Igual que as outras Semanas, as que organizan os comercios, esta é unha oportunidade para facerse con novidades. E igual que as demais Semanas, trátase fundamentalmente de propaganda.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

23 de Setembro, 2007 ás 8:41 p.m.

Gardado en Si home si

Solbes apoia a Táboas

3 comentarios

A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, advertiu que as subvencións ós alugueres podían ser un tiro pola culata, en base ás experiencias que houbo en Galicia, e independentemente de que é a Xunta quen ten as competencias en vivenda. Curiosamente, Solbes opinaba o mesmo hai un ano (sobre os tiros pola culata, non sobre as competencias):

Nosotros pensamos que el problema del alquiler no es tanto un problema de demanda como de oferta y pensamos, que por lo tanto, hay que ayudar a que haya más viviendas en alquiler. En ese sentido, en el Plan de Vivienda hay un apoyo importante al oferente de alquiler, incluyendo las sociedades que vayan a trabajar en el sector inmobiliario con viviendas de alquiler. De acuerdo con nuestro análisis económico, la subvención al inquilino se traslada a incremento de precios automáticamente y, por lo tanto, pensamos que, mientras no nos demuestren lo contrario, es una medida que tiene un impacto, digamos, muy poco efectivo y que, al final, lo que sirve es para aumentar los precios en vez de para bajarlos”.

Moncloa, 31 de marzo de 2006

Aclarado o apoio a priori de Solbes ás teses nacionalistas, o que hai que dilucidar é se o cheque-Chacón é o mesmo que o cheque-Trujillo, como desvelou EL PAIS, que facía Solbes que non se opoñía? Ou non son o mesmo?

Escrito por sihomesi

22 de Setembro, 2007 ás 11:05 p.m.

Gardado en Xeral

A quen debería cantar Edilberto?

8 comentarios

Edilberto Alonso fai o que pode, emigrado en Irlanda como o fillo de Breogán aquel, pero á hora de compoñer quizais lle axudaría coñecer as preferencias dos residentes presentes en Galicia sobre quen merece unha homenaxe musical e quen non. Sen que esta iniciativa supoña apostar por tendencias de arte teledirixida ou realismo galegofriquista, fago un chamamento universal a propoñer persoas, lugares ou feitos merecentes de ser protagonistas dun tema do druida cantor. Logo xa lle faremos un chamamento particular a el para que se comprometa a facelo (sen presas, cando lle veña a inspiración e se lle presta)

Escrito por sihomesi

21 de Setembro, 2007 ás 2:33 p.m.

Gardado en Xeral

Edilberto strikes again: As pedriñas de Camelle

4 comentarios

Se alguén pensaba que o noso druida troveiro perdera a inspiración, está moi equivocado. Aquí a homenaxe a Man de Camelle.

(Para cando unha homenaxe a Antón Losada?)

Escrito por sihomesi

20 de Setembro, 2007 ás 9:27 a.m.

Gardado en Xeral

Aquel home

2 comentarios

Equivoqueime, desafortunadamente, naquilo que dixen de que nunca máis se volvería saber de aquel home que se queimou para chamar a atención sobre o seu desesperado caso. Despois de quince días de silencio, vénse de saber.

Escrito por sihomesi

19 de Setembro, 2007 ás 6:25 p.m.

Gardado en Matrix Press

Será ou sería?

2 comentarios

Da serie En que quedamos?:

Atope unha diferencia substancial entre estes dous titulares aparentemente iguais.

opinión Moreda MolinaVoz Moreda Molina

Escrito por sihomesi

19 de Setembro, 2007 ás 10:35 a.m.

Gardado en Matrix Press

¿Quen non ten un cuñado?

4 comentarios

Reproducíronse estes días denuncias de que determinados cargos públicos tiñan favorecido a parentes, da familia de verdade ou da familia política. Por exemplo, na Cidade da Cultura, o arquitecto coordinador era o marido da entón conselleira e hoxe deputada Pilar Rojo, o director xerente da Fundación era o irmán do daquela conselleiro de Educación Celso Currás e o director económico era cuñado de Mariano Rajoy. Tamén se ten criticado que outro organismo, a Autoridade Portuaria de Vigo, contratara a uns 30 militantes ou amigos de militantes do mesmo partido que quen os contratou, Abel Caballero, hoxe alcalde e presidente portuario na época na que se empregaron. Normalmente, este tipo de prácticas adóitanse cualificar de nepotismo e estar mal vistas por canto supoñen antepoñer os coñecidos ós coñecementos, preferir o malo coñecido ó bo por coñecer. Humildemente, considero que esa é unha teoría política un tanto caduca que non estaría de máis actualizar un chisco.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

16 de Setembro, 2007 ás 11:02 p.m.

Gardado en Si home si

Esta é a televisión/información que queremos

6 comentarios

[collido a galegoman]

Como se di nas votacións en internet, isto non ten valor estatístico, pero non deixa de ser un ataque frontal á democracia como sistema (que todo o mundo teña dereito a votar), ó ensino universal (ós seus resultados) e á confianza no xénero humano, americano ou non.

E a relación das 25 noticias máis censuradas no mesmo país complementa e explica o video

Escrito por sihomesi

13 de Setembro, 2007 ás 10:32 p.m.

Gardado en Matrix Press,Xeral

O queixo excluínte

2 comentarios

A columna de EL PAIS (que ignoro por que ultimamente non aparece no menú principal de Galicia e vai agachada na ventá da Edición impresa)

Escrito por sihomesi

13 de Setembro, 2007 ás 9:35 a.m.

Gardado en El País

Tags:

E mais outra: Losada ou as técnicas de atraer os focos

un comentario

Verían as impresionantes imaxes do home ese que se prendeu lume para sacar á luz a súa desesperación de non poder regresar coa familia a Romanía, por non dar xuntado 400 euros. Máis ou menos, entre un e catro billetes daquela presada de cartos que exhibiu hai uns meses nun programa de televisión o alcalde dunha vila coruñesa. Sen embargo, o asunto que realmente nos interesa ós xornalistas e á clase política ata o punto de dobrar os resultados económicos das compañías de móbiles en Galicia é o cese de Antón Losada, o número 2 de Anxo Quintana e responsable en certa parte de que Quintana sexa o número 2 da Xunta.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

9 de Setembro, 2007 ás 10:26 p.m.

Gardado en Si home si

E un que vén

2 comentarios

Unha das mentes máis preclaras e propietario dos silencios mellos administrados é o chamado a ocupar parte do baleiro que quedou na Vicepresidencia (perdón, na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar). Agardo que non sexa para estar de paso.

Escrito por sihomesi

9 de Setembro, 2007 ás 4:46 p.m.

Gardado en Xeral

Outro que se vai

11 comentarios

Pero non tanto

Por certo, aquí unha visión equilibrado-sosegada, a apreciar a teor da que se vai montar

E non é tarde para recomendar a saga Galpón

Escrito por sihomesi

6 de Setembro, 2007 ás 11:06 a.m.

Gardado en Xeral

Eduardo

2 comentarios

Despedímolo esta tarde. Amigas e amigos de vello e de menos vello. No persoal, Eduardo Díaz era un amigo de sempre. No profesional, currei con el sempre que puiden. Edu traballou cos mellores que tamén se foron antes de tempo, e era o único grado de separación entre, por exemplo, Manuel Torreiglesias e Antón Losada

En todo tipo de despedidas, pero sobre de todo nestas, cada día teño máis a sensación de que non lle dediquei ó que veño de perder todo o tempo e toda a atención que merecía.

Escrito por sihomesi

5 de Setembro, 2007 ás 10:24 a.m.

Gardado en Non sei eu...

Switch to our mobile site