Set 09 2007
E mais outra: Losada ou as técnicas de atraer os focos
Verían as impresionantes imaxes do home ese que se prendeu lume para sacar á luz a súa desesperación de non poder regresar coa familia a Romanía, por non dar xuntado 400 euros. Máis ou menos, entre un e catro billetes daquela presada de cartos que exhibiu hai uns meses nun programa de televisión o alcalde dunha vila coruñesa. Sen embargo, o asunto que realmente nos interesa ós xornalistas e á clase política ata o punto de dobrar os resultados económicos das compañías de móbiles en Galicia é o cese de Antón Losada, o número 2 de Anxo Quintana e responsable en certa parte de que Quintana sexa o número 2 da Xunta.
Continuar lendo “E mais outra: Losada ou as técnicas de atraer os focos”

