Set 13 2007
Esta é a televisión/información que queremos
[collido a galegoman]
Como se di nas votacións en internet, isto non ten valor estatístico, pero non deixa de ser un ataque frontal á democracia como sistema (que todo o mundo teña dereito a votar), ó ensino universal (ós seus resultados) e á confianza no xénero humano, americano ou non.
E a relación das 25 noticias máis censuradas no mesmo país complementa e explica o video


o 14 de Setembro, 2007 ás 5:09 pm
Deberiamos facer algo así por esta parte do mundo e seguramente o resultado non fose moi diferente. Hai un par de semanas unha compañeira de traballo (funcionaria na capital de El Reino) preguntoume se sabía o que significaba CC.AA., expliquéillo e deume por preguntarlle se sabía cantas CC.AA hai en España: “no sé”…
o 14 de Setembro, 2007 ás 9:53 pm
Debeulle pasar como ó garda civil que dixo o de que Bieito Lobeira faga o pino coa propostado galego. Que na oposición, da pregunta sobre a Constitución tocoulle a única que sabía
o 14 de Setembro, 2007 ás 10:45 pm
Como é posible? Non andaba por al’i o amigo Ansar dando pasant’ias? Tan pouco lles aproveitan as clases?
o 15 de Setembro, 2007 ás 10:41 am
Máis ben é o típico exemplar madrileño constitucionalista que nunca leu a constitución (porque de lela seguramente renegaría dela), algo moi común entre o funcionariado capitalino que supera os cincuenta anos, que entraron a formar parte da función pública así daquela maneira.
o 19 de Setembro, 2007 ás 6:26 pm
Eu faría a enquisa aquí e tamén me preguntaría, segurísimo, se hai xente con capacidade para decidir o futuro dun país. Claro que en EEUU dá moito máis medo…
o 19 de Setembro, 2007 ás 6:47 pm
Para ter esa dúbida non fai falta enquisa ningunha, pero claro, as posibilidades de lle amolar a vida a ninguén desde a Xunta son cero en comparación con outras opciós.