Set 19 2007
Aquel home
Equivoqueime, desafortunadamente, naquilo que dixen de que nunca máis se volvería saber de aquel home que se queimou para chamar a atención sobre o seu desesperado caso. Despois de quince días de silencio, vénse de saber.
Set 19 2007
Equivoqueime, desafortunadamente, naquilo que dixen de que nunca máis se volvería saber de aquel home que se queimou para chamar a atención sobre o seu desesperado caso. Despois de quince días de silencio, vénse de saber.
o 20 de Setembro, 2007 ás 1:16 am
Ese home queimouse porque non aguantaba máis. Ese home queimouse para protestar pola terríbel situación dos seus seres queridos e del mesmo. Ese home queimouse para acusar a unha sociedade na que hai de todo, pero que non ten nada para algúns.
Dá igual. Aos máximos responsabeis desta situación dalles igual. Ao contrario, eles ofrecéronse para xestionar unha sociedad na que hai de todo, pero que non ten nada para algúns.Eles só se sentirían culpabeis se non son capaces de manter esta situación, e perder a súa.
Pero sempre pódese ir un paso máis alá. Creo que o ano pasado foi cando houbo un xigantesco marketing capitalista en contra da pobreza, con impresionantes festivais musicais en todo o mundo. ¿Quén estivo nun deles?. Bill Gates.
De momento, os grandes capitalistas galegos, españois, non fixeron tal. Seguen cultivando a grandeza das obras sociais, pero todo chegará e veremos a Emilio Botín e a Amancio Ortega encabezando as manifestacións do 1º de maio ca pancarta unitaria “Por un capitalismo responsábel”.
o 21 de Setembro, 2007 ás 12:40 pm
Pobre xente.Os romanos mamaron o mais ruin do comunismo e agora estan a mamar o mais ruin do capitalismo.Nun tempo en que moitos voltan reventados das vacacions,aquel home quedou reventado pola vida.
Se tenen a oportunidade,non se perdan as peliculas que estan a sair de Romania,testemunas dunha falta de esperanza que ,desgraciadamente, ocupa tamen as paxinas de sucesos de paises lonxanos.