A quen debería cantar Edilberto?
Edilberto Alonso fai o que pode, emigrado en Irlanda como o fillo de Breogán aquel, pero á hora de compoñer quizais lle axudaría coñecer as preferencias dos residentes presentes en Galicia sobre quen merece unha homenaxe musical e quen non. Sen que esta iniciativa supoña apostar por tendencias de arte teledirixida ou realismo galegofriquista, fago un chamamento universal a propoñer persoas, lugares ou feitos merecentes de ser protagonistas dun tema do druida cantor. Logo xa lle faremos un chamamento particular a el para que se comprometa a facelo (sen presas, cando lle veña a inspiración e se lle presta)



Eu quero ofrecer esta rima:
A Cidade da Culturaaaaa
é unha obra de moita envergaduraaaaa
mourullo
21 Set 07 at 5:37 p.m.
Óscar Pereiro, no pedal é o primeiro
Ezequiel Mosqueira, non lle chega unha bici enteira
nozzilla
21 Set 07 at 6:43 p.m.
Pois eu creo que debería adicarlle algunha ós fillos dos emigrantes galegos que realmente triunfaron na vida, como Fidel Castro, Marlene Morreu, George Buxo (pai e fillo), Mijail Corbacho ou Alberto Fujimoure.
monca
22 Set 07 at 12:46 a.m.
Agora que o pensei duas veces,Anton Losada,martelo de nacionalistas espanois e de conservadores(de dereitas e de esquerdas),merece ben unha oda do noso bardo,despois de tanto traballar e tanto aturar.
Anton Losada e un mozo ben salado
ainda que as veces pareza incomodado
Os socialistas con ele non podiiian
e foron de contado chamar a policiia
Bueno,como os hits non son o meu,imos deixar que Edilberto faga a letra e a musica.
Alfonso Pardo
22 Set 07 at 2:45 p.m.
Eu tamén ía dicir Oscar Pereiro e Ezequiel Mosquera, como están collidos propoño a Ana María Rios.
F. Miguez
24 Set 07 at 4:58 p.m.
Ana María Ríos non esta xa edilbertomenaxeada?
sihomesi
24 Set 07 at 5:21 p.m.
¡QUÉ CUNDA LA CALMA!
Ana María Ríos está edilbetomenaxeadísima!
mourullo
24 Set 07 at 10:34 p.m.
Esta mañá, non sei que andaba eu a facer (pero non tiña nada que ver) cando súbitamente me lembrei de que a homenaxe estaba feita. Algún cable se me debera de cruzar. Por non apearme moito da burra, cambio o meu voto por Beatriz Manjón.
F. Miguez
25 Set 07 at 6:59 p.m.