Set 30 2007

A caducidade das mentiras

Categoría: Si home sisihomesi @ 11:32 pm

Xa saben desas enquisas dos grandes inventos da historia que se fan de cando en vez (sempre gana a roda no plano teórico e a lavadora no práctico). Se fixeran unha sobre as mellores vantaxes da época actual, eu tería claro cal escollería: as mentiras duran cada vez menos. Pensen en toda a xente que matou e se deixou matar por defender ou atacar crenzas como a existencia do purgatorio, e os centos de anos que pasaron ata que alguén analizou que foi por motivos menos elevados, como quen mandaba e sobre cantos sitios. Sen embargo, no caso da última das guerras provocadas, a de Irak, non soamente soubemos en tempo real que as razóns eran máis falsas ca un billete de 4,5 €, senón que agora podemos coñecer ata as actas das sesións nas que se argallaron as mentiras.

Continuar lendo “A caducidade das mentiras”