A columna de EL PAIS (que ignoro por que ultimamente non aparece no menú principal de Galicia e vai agachada na ventá da Edición impresa)
Verían as impresionantes imaxes do home ese que se prendeu lume para sacar á luz a súa desesperación de non poder regresar coa familia a Romanía, por non dar xuntado 400 euros. Máis ou menos, entre un e catro billetes daquela presada de cartos que exhibiu hai uns meses nun programa de televisión o alcalde dunha vila coruñesa. Sen embargo, o asunto que realmente nos interesa ós xornalistas e á clase política ata o punto de dobrar os resultados económicos das compañías de móbiles en Galicia é o cese de Antón Losada, o número 2 de Anxo Quintana e responsable en certa parte de que Quintana sexa o número 2 da Xunta.
Continuar lendo “E mais outra: Losada ou as técnicas de atraer os focos”
Unha das mentes máis preclaras e propietario dos silencios mellos administrados é o chamado a ocupar parte do baleiro que quedou na Vicepresidencia (perdón, na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar). Agardo que non sexa para estar de paso.
Pero non tanto
Por certo, aquí unha visión equilibrado-sosegada, a apreciar a teor da que se vai montar
E non é tarde para recomendar a saga Galpón
Despedímolo esta tarde. Amigas e amigos de vello e de menos vello. No persoal, Eduardo Díaz era un amigo de sempre. No profesional, currei con el sempre que puiden. Edu traballou cos mellores que tamén se foron antes de tempo, e era o único grado de separación entre, por exemplo, Manuel Torreiglesias e Antón Losada.
En todo tipo de despedidas, pero sobre de todo nestas, cada día teño máis a sensación de que non lle dediquei ó que veño de perder todo o tempo e toda a atención que merecía.
Independentemente da súa idade, supóñoos ó tanto de que as autoridades da seguridade vial, e podemos incluír á Xunta, promoven o uso de chalecos reflectintes para os habitantes do campo, especialmente para os vellos, porque os novos xa se supón que visten de xeito máis rechamante e/ou son máis espelidos á hora de apartar dos coches (aínda que non tanto á de conducilos sen desgraciarse).
Continuar lendo “Chalecos”