Out 31 2007

Unha de defuntos

Categoría: Kinopravdasihomesi @ 9:54 am

jormersindo


Out 28 2007

Non hai vida fóra de Youtube

Categoría: Si home sisihomesi @ 6:39 pm

Había tempo en que no se vía unha mostra tan patente do ruín que pode chegar a ser o animal humano. Quitado os que veñan de facer unha marea no Índico ou se acaben de recuperar felizmente dun estado de coma, saberán que me estou a referir a esa famosa gravación do cercanías catalán no que un energúmeno a emprende cunha rapaza porque lle petou, porque o mirou, porque era inmigrante, ou nena, ou por todo á vez. Falo de ruín e non de maldade ou de crueldade, porque ata para facer mal hai que saber e poder. E falo do que produciu a gravación, e non soamente do feito gravado, porque tan miserable foi o que pasou como o que está pasando.

Continuar lendo “Non hai vida fóra de Youtube”


Out 25 2007

Vivamos como ga-xxx?

Categoría: El Paíssihomesi @ 11:52 am

A publicidade desvela as tendencias non explícitadas dunha sociedade, ou simplemente é fume?

(gracias a petopitopato polo título)


Out 23 2007

Fondo e forma

Categoría: Kinopravdasihomesi @ 12:19 pm

Delegación Cabo Verde na Coruña

Quizais este non fose o fondo máis axeitado para a foto de familia da visita da delegación de Cabo Verde e de Galeguía ó concello da Coruña…


Out 21 2007

Sentencias a escoller

Categoría: Si home sisihomesi @ 5:34 pm

“A las H horas del día D, cuando una patrulla realizaba labores propias de prevención de la delincuencia por X, a la altura del número Y, observan que un individuo que portaba una mochila y una bolsa de plástico se introduce en un local de las inmediaciones y ofrece a los clientes de la cervecería los objetos que llevaba en la bolsa. Por ello, los policías detienen el vehículo y se dirigen hacia el local, momento en el que el individuo al darse cuenta de la presencia policial se encierra en el servicio de señoras. Los agentes intentan convencerlo para que salga, si bien cuando el individuo intenta salir la puerta no abría, por lo que la propietaria del local tuvo que llamar a un cerrajero. Finalmente, el individuo, P.N., de 21 años de edad y nacionalidad senegalesa, fue detenido y trasladado a…”

Continuar lendo “Sentencias a escoller”


Out 19 2007

Edilberto canta ó/contra o botellón

Categoría: Xeralsihomesi @ 9:55 am

Nin a Yolanda, nin a Losada, nin a ninguén dos que se propuxeran neste lugar. Máis espilido ca nós, atento como sempre á actualidade desde o outro lado do Gran Sol, Edilberto canta ó botellón (macrobotellón mix).

E adxunta letra (c+p)…

“ MACROBOTELLON “

Que pasa contigo tio , que no ti’es educacion

enrrollate bien colega y no seas tan MAMON !!!

No tires ahi la botella , que hay aqui un CONTENEDOR

Hay que ARRIMAR EL HOMBRO en el MACROBOTELLON

Di di li di li di dai ….di di li li di daaaaaa

Di di li di li di dai …di di li di li daaaaaaaa

Solo queremos DIVERTIRNOS , sin meternos en follon !!

Esa es la CULTURA de nuestro botellon !!

Di di li di li di dai ….di di li li di daaaaaa

Al alcohol con MODERACION , p’a no coger colocon

Enrrollate a una PIVITA , que tambien da SUBIDON !!

Di di li di li di dai ….di di li li di daaaaaa

Es tuya la decision de venir hoy al botellon

Si bebes NO CONDUZCAS !!! y un dia te haras mayor

Si bebes NO CONDUZCAS y llegaras mucho mejor

 

Music & lyrics Edilberto Alonso Copyright2007

E explicacións:

La cancion la compuse el ano pasado . Cuando en Sevilla y Cordoba organizaban macrobotellones de 20.000 asistentes. Vigo les siguio y luego Santiago . El de Santiago estaba previsto en el Obradoiro y una imagen en el Franco con botelloneros dando la vuelta con las alforjas cargadas de etilico hacia la Alameda me inspiro para escribirla. Se veia una valla impidiendo el acceso a la Catedral .

La grabe a principios de ano . Viendo la situacion actual , pienso que es el momento .

Como puedes ver , el objetivo es claro.

1) Estrofa : Ahorrar millones de euros en toda Espana en la recogida de basura

2) Fomentar la sana diversion

3) Evitar el consumo indiscriminado de alcohol y potenciar las relaciones humanas a traves del amor

4) Evitar muertes por accidentes de trafico despues de un botellon


Out 18 2007

Eu quoque

Categoría: Xeralsihomesi @ 4:08 pm

Dous asuntos arreguizan Galicia: O botellón chega a ser tema de preocupación para as máis altas instancias do país -aka Monte Pío- e está o asunto Yolanda-Aduaneiros.

Respecto do primeiro, xa comentei e xa comentarei. Respecto do segundo, debo ser dos poucos que falei coas partes interesadas, alomenos con dúas delas, e a reconstrucción dos feitos podía ser esta:

  1. Ós Aduaneiros, no seu desinteresado (ver punto 6.2 das conclusións) afán por poñer en solfa gráfica os aconteceres do país, pónlles o chamémoslle Paradoxo Castaño. Poñen maos á obra. Nace Tu quoque, ese clásico.
  2. Yolanda Castaño, que sabe perfectamente que a imaxe é parte da súa obra, mira o resultado e mesmo lle fai gracia. Incluso recoñece que a roupa do armario é a do seu fondo de armario.
  3. Pasa o tempo. Entre a chea de xente que visita Aduaneiros hai algún pajillero que outro.
  4. Pasa o tempo. A Yolanda non lle fan tanta gracia algúns comentarios. Ata que un día “pon o asunto en maos do seu avogado”, como se adoita decir. Todos temos malos días, pero afortunadamente, non todos temos avogados (porque, como as pistolas, se os tes podes acabalos usando).
  5. O avogado, cheo de razón coma todos, mándalle un email ó enderezo persoal do Aduaneiro de garda no que lle advirte que é avogado e que a súa representada está pero que moi disconforme coas súas actividades -coas do Aduaneiro, e máis ben con unha en concreto-
  6. Ó Aduaneiro, como a todo ser humano galego normal que recibe unha notificación dun avogado, trémanlle as pernas e pásalle toda a vida por diante en 20 segundos, searcheando que puido ter feito para desencadear isto.Chega á conclusión de chamar a un avogado -avogada- e que entre eles se entendan, e a cruzar os dedos e as dedas.
  7. Avogado e avogada quedan (pero non para ter avogaditos, como imaxinan os pajilleros). O avogado esixe a retirada dos comentarios e da gráfica. Segundo a súa representada, como postura inicial de negociación, é decir, punto de partida do releo feira de Monterroso style. Segundo o representado pola avogada, como condición sine qua non. Segundo a representada, o seu avogado queda á espera da resposta que lle dea á avogada o seu representado.
  8. O representado decide que para ter que andar collendo o pincel gráfico con papel de fumar, mellor pechar o chiringuito e que lle dean bertorella a todo, acabando polo país este (GZ, en concreto). A representada indígnase toda porque, na súa consideración, de víctima pasou a verdugo.
  9. O resto xa o están vendo

Por se lles interesan as conclusións, as que saquei son estas:

  1. Alguén como Yolanda (ver 1 da cronoloxía) debería asumir que algunhas das reaccións que suscita non lle van gustar. En caso de que non lle gusten nada, nada, ten dereito a tentar evitalas. En todo caso, non estaría de máis a reflexión do que teñen que aturar desde os políticos ata os deportistas ou mesmo compañeiros de profesión dela como Suso de Toro, ou Sánchez Dragó, por citar extremos, e sen que normalmente pase nada nin se alporicen nin publica nin xuidicialmente.
  2. Nesta parte do planeta, por moito anuncio de Legalitas que se escoite, acudir a un avogado sigue sendo un recurso extremo e último. Como antes ó médico (”púxose tan malismo que case chamamos ó médico”). Máxime cando o Aduaneiro dixo que estaba disposto a retirar os comentarios sen problema, e Yolanda asegura que tampouco faría pièce de résistance da retirada da ilustración.
  3. Se aduaneiros decidiu aproveitar unha advertencia/ameaza para pechar a web, como din algúns, están no seu perfecto dereito, e mesmo se o fixesen para relanzala noutra reencarnación. Criticalo sería como dicir que a Aznar veulle ben electoralmente o atentado no que case o matan, porque que se saiba non o provocou el, ou que a oposición a Fraga aproveitou o sinistro do Prestige.
  4. Procurando consideralo obxectivamente, Yolanda ten todo o dereito legal a reclamar contra a ilustración, e ningún lexítimo para que atendan a súa petición (ver 1). Si tería lexitimidade para que se suprimisen os comentarios que as dúas partes considerasen inxurioso. A partir de aí, os avogados.
  5. Como era de prever, e moito me estraña que non se prevera, o remedio foi peor ca enfermidade. (Eu souben agora que Tu quoque era un flash, unha animación na que podías intervir. O do armario da roupa pensaba que era un guiño máis).
  6. O cerne do asunto son tres:
    1. Que se debe poder poñer ou non. A libertade de crítica debe de ser total, coas contadas excepcións que pode imaxinar calquera con sentido común e no seu defecto, os tribunais e o seu ás veces peculiar sentido do que é xusto. Tanto para os autores como para os comentadores. A falsidade e a inxuria non son críticas admisibles, e quen abre a ventá para que se opine non debe admitilas, nin por acción nin por omisión. Que os orneos e o ácido sulfúrico constitúan o 90% dos comentarios na maioría das páxinas de ultradereita e o 50% noutras simplemente populares pode multiplicar as visitas, pero entre elas non está a miña. Pola mesma razón, a min non me tremaría o rato á hora de eliminar calquera comentario ofensivo, non para a miña vaidade, senón para a realidade dos feitos. Alguén pode exercer o sarcasmo sobre o abuso das subordinadas na miña escrita ou decir que estou feito un bocoi, pero non que recibo cartos para opinar a favor desto ou contra o outro. E hai páxinas que deixei de visitar, algunhas entre os links que mesmo recomendo, pola grande acollida que fan de acusacións gratuitas e mesmo imputacións de delicto, sen máis base que “teño escoitado que…” (Volvendo ó caso que nos ocupa, polo que recordo e vin na caché, quitado algún pajillero, os comentarios non eran especialmente agresivos).
    2. Que unha mostra clara de que esta sociedade é aínda moi precaria, pacata, pouco versátil e escasamente evolucionada é o feito de que un traballo como o de Aduaneiros siga sendo desinteresado, gratis et amore.
    3. Este rebumbio é unha mostra de que a cultura está viva, ou de nada?

Out 17 2007

Tu quoque outra vez?

Categoría: Xeralsihomesi @ 9:52 am

Sempre pensei que ser protagonista dunha Aduanada era unha homenaxe. Como ter sido retratado por Warhol, pero sen cartos polo medio. E sempre pensei que Yolanda desactivaba a maioría das críticas afrontándoas a peito descuberto. Debía estar doblemente equivocado.


Out 16 2007

Foosterae Av. (A Laracha)

Categoría: Kinopravdasihomesi @ 1:08 pm

foosterae-av.JPG

by Google Maps


Out 14 2007

A boas horas, Memoria

Categoría: Si home sisihomesi @ 6:26 pm

As cousas é mellor facelas cando hai que facelas. Posiblemente non se puido, non se quixo ou non se soubo facer no seu tempo o que agora se pretende facer coa lei da memoria histórica, pero tería sido mellor. Daquela, no que se chamou a Transición como se puido ter chamado a Rendición, a xente de orde era de centro e as esquerdas querían facerse respectables. Así que posiblemente uns non o fixeron porque outros non llo pediron, como as parellas nos argumentos dos culebróns románticos. Tería sido mellor daquela, porque como a realidade do que fora a dictadura estaba moi presente, teríanse evitado os falsos argumentos en contra de condenala.

Continuar lendo “A boas horas, Memoria”


Seguinte páxina »