Nov 25 2007

Mira quen mata

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 10:05 pm

“Mira agora mesmo o que están poñendo na cadea X”, chamoume hai anos unha cuñada, toda divertida. En X estaban botando o programa aquel no que un veterano actor perdía dignidade e ganaba liquidez facendo de amañador de relacións, penso que a bordo dun carromato. No momento en que prendín a tele aparecía un individuo de aspecto un tanto inquietante, pese a estar composto para a ocasión, co fondo dun coñecido monumento da miña cidade natal. Reclamaba o perdón dunha muller, claro. Logo, o actor celestino entraba nun popular restaurante para transmitirlle o recado a ela. “Dígalle que el que xa sabe porque pasou todo, e que deixe de poñerse en evidencia el e a min”, díxolle ela coa dignidade que lle faltaba ós outros, mentres secaba as mans cun trapo. E sen atender os requirimentos do mandadeiro, volveu á cociña. Eu devolvín a chamada telefónica, todo orgulloso de como a miña paisana rematara o conto: “estabas vendo o programa?”

Continuar lendo “Mira quen mata”


Nov 22 2007

Virgencita, virgencita

Categoría: El Paíssihomesi @ 10:08 am

A columna de EL PAÍS. O que avisa non é traidor


Nov 17 2007

O Duque Lu

Categoría: Si home sisihomesi @ 7:30 pm

Eu non creo na sorte, que a xente a teña boa ou mala, anque que si nas casualidades. Pero o da familia real española neste ano son moitas casualidades xuntas. Moitas e por riba moi seguidas, que é aínda peor, porque o papel das monarquías modernas –perdoen a contradicción- é pasar desapercibidas á espera de dar o do de peito nos momentos de crise que todos agardan que no se produzan para non poñer a proba a institución. E así estaban e estabamos, tan felices. Eles reproducíndose e nós papando as imaxes dos e enchendo os palacios de infantes e infantas. Ata este ano.

Continuar lendo “O Duque Lu”


Nov 12 2007

Somos un tanto por cento

Categoría: Si home sisihomesi @ 10:39 am

Houbo un tempo, quizais o acorden algúns, en que non había enquisas nin estudios estatísticos. Supoño que daquela tiñamos que intuír como eramos, e non como agora, que sabemos todo de como somos por xunto. Desde aquel sorprendente e pioneiro cálculo de canta vida se acurtaba con cada pito que se fumaba, ata agora, que se sabe o que imos durar se non usamos o móbil mentres conducimos, e a que dedicamos o tempo libre do que nos queda.

Continuar lendo “Somos un tanto por cento”


Nov 08 2007

Snuff para youtube

Categoría: El Paíssihomesi @ 11:05 am

A columna de EL PAÍS

E este é o último exemplo:

e este un comentario, parece que dun dos protagonistas:

“Deixamos elegir a carretera que se keira..curvas rectas etc.. temos xente pa curvas,coches pa rectas,motos,cartos..jeje.Pasadevos por burela.Antes de cada carreira,nas condicios k keirades.. a apuesta e koche kontra coche…ken perda,da o coche o ganador,firmase un papel antes..asik,menos falar e videvos,kagaos!! e si hai algun problema vides e tamen o decides na kara,non koma algun de ferreira,k anda mexandose por ahi e escribindo en internet..jaja.. merdas,k non tedes un peso.. kmkzkar!!”


Nov 04 2007

A matraca máis ou menos perversa

Categoría: Si home sisihomesi @ 7:51 pm

Pode ser que, igual que o universo se expande, tamén se estean estirando as tragadeiras da sociedade, ou quizais sexa unha impresión persoal porque o que se contrae é a miña paciencia, pero teño a impresión de que agora as cousas non dan acabado nunca, como as películas malas e pretensiosas. Por exemplo, tiven a esperanza –ou a pouca paciencia- de que coa sentencia do 11M acabaría o pesadelo dese proceso que se enquistou nos medios de comunicación fundamentalmente, e desde aí propagouse como un aspergilus polo aire que respiramos. Moito me temo que vai ser como os finais das películas de Terminator, que por claro que pareza que o malo está máis que esmagado e machucado, sempre rexorde.

[NOTA: non me refería a isto]

Continuar lendo “A matraca máis ou menos perversa”


Nov 01 2007

Macrobotellón no Xapón

Categoría: Xeralsihomesi @ 12:08 pm

Macrobotellón in Japan

“Queridos amigos : La ultima de mis grabaciones sin lugar a dudas con vuestro apoyo ha entrado en Japon .
Satisfaccion que quiero compartir con todos vosotros.
Agradecido recibid mi mas cordial saludo.

Edilberto…2007″.

Ehem, se hai alguén presente na sala que entenda xaponés…