si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo Novembro 4th, 2007

A matraca máis ou menos perversa

12 comentarios

Pode ser que, igual que o universo se expande, tamén se estean estirando as tragadeiras da sociedade, ou quizais sexa unha impresión persoal porque o que se contrae é a miña paciencia, pero teño a impresión de que agora as cousas non dan acabado nunca, como as películas malas e pretensiosas. Por exemplo, tiven a esperanza –ou a pouca paciencia- de que coa sentencia do 11M acabaría o pesadelo dese proceso que se enquistou nos medios de comunicación fundamentalmente, e desde aí propagouse como un aspergilus polo aire que respiramos. Moito me temo que vai ser como os finais das películas de Terminator, que por claro que pareza que o malo está máis que esmagado e machucado, sempre rexorde.

[NOTA: non me refería a isto]

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

4 de Novembro, 2007 ás 7:51 p.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site