Etiquetas
A columna de EL PAÍS
E este é o último exemplo:
e este un comentario, parece que dun dos protagonistas:
“Deixamos elegir a carretera que se keira..curvas rectas etc.. temos xente pa curvas,coches pa rectas,motos,cartos..jeje.Pasadevos por burela.Antes de cada carreira,nas condicios k keirades.. a apuesta e koche kontra coche…ken perda,da o coche o ganador,firmase un papel antes..asik,menos falar e videvos,kagaos!! e si hai algun problema vides e tamen o decides na kara,non koma algun de ferreira,k anda mexandose por ahi e escribindo en internet..jaja.. merdas,k non tedes un peso.. kmkzkar!!”
Non vai a ligazón. Saúdos.
Agora si. Erros de memoria (a miña, a humana) á hora do c+p. Moi agradecido
“como lagrimas en la lluvia” Xa fai mais de un ano que non vexo Blade Rummer e pola su culpa voltoume asi, de súpeto, a adicción e xa teño outra vez o mono…malditos replicantes!
Home, un que a pillou
Sobre a columna quixera dicir que o espectaculo ¿non existiu sempre? Qué cambien os medios non significa que agora teñan menos dignidade que antes. So que agora teñen máis alcance.
E sobre o video, nada, sempre houbo merdeiros con cartos a pasar o tempo sen pensar nas consecuencias das súas accións. Verdadeiramente patético.¿quén de nos non se ten atopado cun todo deses polas nosas carreteiras? Iso sí a policia nunca está por donde andan eles, non, a policia sempre na recta de Santa Cruz Montaos a recaudar dos que vaian a 70 na saida do dobre carril.
Sr. sHs, parece mentira que a estas alturas non se teña decatado vostede que a súa é unha parroquia culta e glamurosa (o malo é cando o pillamos nun renuncio tipo Fausto e “ums vao bem e outros mal”
). De todos os xeitos, eu ainda que bladerrrun-friki (houbo unha época que levaba no coche a banda sonora, que é o colmo), francamente prefiro a novela, que está libre do ford e o picao de viruelas e non contén soliloquios-replicantes.
En canto ao outro, pra min que a sociedade xa chegou a ser tan abxecta como profetizaba o señor ese….
Da novela recordo vagamente que o poli -que por outra parte estaba casado- ¿tiña unha cabra de verdade que lle tiran da azotea para matala?
Pois a verdade é que non teño a man a novela (ultimamente os meus fillos estanme a deixar sen biblioteca), pero creo recordar que o que tiña o tipo era unha ovella que lle morre de tétanos. O da cabra tirada da azotea seica é unha especie de soño, pero non me faga moito caso….
Pois non concordo con vostede no da novela, Sr. eSedidió, porque entre outras cousas, non ten a fascinación das imaxenes da replicante Rachel co seu longa melena (¿peluca ou extensións?)naquela sala a oscuras…
Resúltanme curiosos algúns comentarios. As veces parece unha competición de inxenio -¡¿quén vai dicir a ironía máis fina, máis aguda, máis ocurrente?!. Dá igual o tema que se trate -o home que se suicidou prendéndose lume; a agresión visual e escrita a Yolanda Castaño; como estáse a rachar todos os límites na busca da notoriedade e a difusión……..-.
Dá igual o tema. Se noutros blogs abunda o insulto, aquí abunda o comentario listo. Comentario listo para unha cousa, comentario listo para outra cousa, pero ¿e qué toda a realidade pode despacharse sempre así?
E no que está pasando sí hai unha novidade importante. Que quen fai ese acto transgresor, él mesmo faino público. E se ti mesmo anuncias publicamente o teu delicto, tí mesmo estás “pedindo” -máis inconscentemente que conscentemente- un castigo.
Lémbrome especialmente dunha forte discusión que tivo un pai co seu fillo que ía mal nos estudos. Nun momento dado o pai berralle que que quer, que él non vai ser o seu policía, e o fillo deixouno estupefacto ao dicirlle que en parte iso é o que quería.
Con máis razón ou con menos razón, hai moitos mozos e mozas que se sinten desatendidos e están buscando chamar a atención como sexa. E nesto, como en todo, a simplificación non vale de nada. Son temas complexos que necesitan varios tratamentos -como o botellón-.
Ten razón Héctor, parecedes chimpancés comparandovos o rabo
Hai que joderse co de profundis. Agora resulta que vai haber que moderarse para non castigar a sensibilidadede de según quen, non vaia ser o conto de caer no terrible pecado da frivolidade. Pois mire, sr hector, eu, para opinións atinadas sobre a crúa realidade, xa teño as de sHs, que quer que lle diga. O resto son demasiado a miudo pobres remedos. Supoño que vostede remata as súas escritas terriblemente satisfeito de vostede mesmo e a súa contribución a resolución dos problemas mundiais e domésticos; eu non lle teño nin tempo nin interese algún en coñecelas, e se o tenor do comentariado vario fose ise habería deixado esta leira hai moito tempo. Pero gracias a pardo, a mourullo, a alvarez etc e sobre todo ao gurú, este é un espazo diferente, onde, como vostede di, non abondan os insultos. Ou sexa que, faga o favor de non amolar, continúe co seu e os demais continuaremos co noso.
Sinto non ser agresivo abondo; a verdade é que vostede púxoo a huevo coa referencia a “agresión verbal e escrita a yolanda castaño”, e lamento non entrar, pero da a casualidade de que teño ao meu avogado ocupado noutros mesteres máis importantes….
Vaia! Eu ía comentar que ben traído está o de cuando-se-jodió-el-Perú (referencia á pregunta emblema de ‘Conversación en La Catedral’ de Mario Vargas Llosa) pero xa non o vou facer.
Vaia vaia. Unha simple crítica e xa non hai xogo de inxeniosidades. Eu podo burlarme o que me dá a gana -as veces con acerto, as veces non- pero que non me critiquen a mín porque……..porque son igualiño que os demais.
ESedidió. Igualiño que os demais. Non hai insultos neste blog ata que a un lle critican. E fronte a unha crítica, saca toda unha batería chea de burda agresividade.¡Bravo!. Quedou retratado. Xa pode seguir cos seus xogos florais.
Moitas gracias, sr Hector. Non sabe canto lle agradezo que me dea permiso para seguir ao meu. E gracias tamén por se decatar de que eu sonlle igualiño aos demais. É todo un alivio.
Sr. mourullo, teña coidado coas referencias literarias que seica non ten permiso para xogos florais (eu pensei que era o patrón o que marcaba a roita, pero ao parecer chegaron os piratas….)
Ainda que eu nunca estarei en contra dos piratas, isto non será un motín, supoño. (Se o fose e tivera éxito, recomendo a frase que Marlon Brandon dicía máis ou menos en “El motín de la Bounty” cando lle preguntaban como se sentía despois de destituir ó capitán: ‘A excepción de un cierto deseo de estar muerto, por lo demás bien, gracias’)
Sr. sHs, cómpre que o sr mourullo e máis vostede me pasen unha copia do libro ese de frases célebres que manexan, a ver se dou epatado aos da miña comunidade de veciños, que as xuntas están ultimamente cheas de insultos e burda agresividade….
PS. Por mais que leo e releo a/s miña/s intervención/s, non vexo por ningures insulto ningún, como non sexa o “de profundis”. De todos os xeitos, se foi así, prego de corazón as miñas desculpas, ao sr. hector e a parroquia en xeral, porque non están os tempos para perdelos en gilipolleces. No meu descargo, non esquezan que eu son un troll reciclado….
Por favor sHs,que motin vai haber!De dous militantes historicos de sHs como o señor Alvarez ou eSedidio non temera vostede revolta ningunha!
Hector,notoriedade e difusion ningunha.Listeza a que se poida.Iso de que os do ferrari son mozos desatendidos e de que son temas complexos que necesitan varios tratamentos,pareceme o colmo da listeza.Podias alomenos suxerir algun remedo mais concreto.
En fin,o bonito eiqui e que podemos discutir de xeito civilizado.E o que ten estar en sHs e non no Cumio Iberoamericano.
Sr. Pardo, non adiante temas que moito me temo que lle está a pisar a mangueira ao noso chefe dos bombeiros.
De todos modos, adianto a miña perplexidade sobre a teima que teñen os militarotes golpistas (un golpista non deixa de ser golpista por moitas eleccions que gañe a posteriori) en chamarlle fascistas aos fascistas….
En fin, merda de insomnio…..