Hoxe todo se consume a tal ritmo, incluída a historia, que Xosé Cuiña acaba de morrer e xa se lle dá en certa forma trato de político amortizado. É dicir, aqueles nos que a morte física é unha consecuencia, máis ou menos demorada, da morte civil. E digo o do trato de amortizado, porque escoitando obituarios e pésames, parece que nos deixou alguén que suscitaba simpatías máis que unánimes, e non un político que se chegou a onde chegou, e se mantivo alí, e o defenestraron cando quixo subir máis, non foi precisamente suscitando consensos, senón polo método habitual de facer favores e causar desgrazas. O que o facía un tanto distinto é que combinaba unha ambición rotunda cun trato persoal agradable. E cunha certa inxenuidade que parece incompatible coas outras dúas características.
Shakespeare en Lalín
28 Venres Dec 2007
Publicado en Si home si